Ampuero

Coordenadas: 43°20′41″N 03°24′52″O / 43.34472, -3.41444

Ampuero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita cos municipios de Limpias, Liendo, Voto, Guriezo e Rasines.

Ampuero
Ampuero Spain.svg
Ampuero desde el aire.jpg
Localización
Ampuero (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaAsón-Agüera
Xeografía
Altitude11 msnm
Superficie32.34 km²
Demografía
Poboación4.179 hab. (2009)
Densidade129,22 hab./km²
Outros datos
Código postal39840
AlcaldeMaría de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE) (2007)
www.ayuntamientodeampuero.es

A súa localización no centro da comarca de Asón-Agüera estableceuna de cabeceira comarcal, posuíndo importantes servizos e un polígono industrial nas súas proximidades. Este municipio ten varios atractivos como son a pesca de troita e salmón e a respectiva gastronomía, como tamén a festa da Virxe Nena, declarada de interese turístico rexional cos populares encerros taurinos. Ten unha superficie de 32,3 km², e está a unha distancia de 55 quilómetros de Santander, a capital cántabra.

LocalidadesEditar

 
Casa consistorial de Ampuero.
 
Vista aérea de Ampuero.

Núcleo de poboaciónEditar

Ampuero é á súa vez a capital do municipio. Localízase a 11 metros sobre o nivel do mar. No 2006 contaba cunha poboación de 1.946 habitantes (INE).

Da capital destaca a igrexa de Santa María (século XVI-XVII), que foi declarada Ben de Interese Local no 2002.

Atópase nas beiras do río Ason.

DemografíaEditar

No 2008, Ampuero contaba cunha poboación de 4.052 habitantes (INE) repartidos en 24 núcleos de poboación.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
3.006 3.624 3.547 3.846 4.159 4.117 3.581 3.382 3.162 3.404 3.491 3.682

Fonte: INE

EconomíaEditar

O 7,7 % da poboación de Ampuero emprégase no sector primario, o 16,6 % na construción, o 31,7 % na industria e o 44 % no sector servizos.

PatrimonioEditar

Neste municipio destacan os seguintes bens de interese cultural:

  • A igrexa parroquial de Santa Mariña, en Udalla, con categoría de Monumento. Trátase dunha igrexa gótica dos séculos XIV e XV con dúas ábsidas semicirculares e dúas naves paralelas.
  • A casona de Espina coa torre e a portalada, con categoría de Monumento. Está no barrio La Bárcena, de planta cadrada.
  • O Santuario da Ben Aparecida, en Hoz de Marrón, con categoría de conxunto histórico, segundo declaración do ano 1983. Atópase nun monte e é a patroa da comunidade autónoma de Cantabria.

Ademais, hai un ben de interese local, que é a igrexa parroquial de Santa María, e dous bens inventariados: a ferrería preindustrial ou ferrería xunto ao río Vallino e o muíño-ferrería en Entrambosríos.

Por último, pode sinalarse a típica arquitectura popular serrana con casas con balconadas e miradoiros e rúas estreitas.

AdministraciónEditar

María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE) é a actual alcaldesa do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 1095 42,39 % 5
PP 933 36,12 % 5
IU 185 7,16 % 1
  • Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 891 33,93 % 4
PP 809 30,81 % 4
PRC 474 18,05 % 2
IDA 260 9,90 % 1
  • Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).

FestasEditar

Cidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar