Hazas de Cesto
Hazas de Cesto é un concello e localidade da comunidade autónoma de Cantabria, España, na Comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Meruelo e Escalante, polo leste con Bárcena de Cicero e Voto, polo sur con Solórzano e polo oeste con Ribamontán al Monte.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Hazas de Cesto (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.867 (2024) (85,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 21,9 km² | ||||
Altitude | 50 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José María Ruiz Gómez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39730 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39031 | ||||
O municipio está atravesado polo río Campiazo, a autovía A-8, a estrada nacional N-634 e a liña de FEVE Santander-Bilbao.
Localidades
editar- Beranga (Capital).
- Hazas de Cesto.
- PravesPraves.
Historia
editarAs primeiras noticias documentadas sobre Hazas de Cesto atópanse no Cartulario de Santa María del Puerto (Santoña) e datan de 1213. O Becerro de las Behetrías, de 1351, sitúana baixo a dependencia da casa de Solórzano.
Posteriormente, no Catastro do Maqués de Ensenada, realizado en 1753, indícase que é de reguengo.
Núcleo de poboación
editarHazas de Cesto é tamén unha localidade do municipio. No 2008 tiña unha poboación de 429 habitantes (INE). Está situado a unha altitude de 65 metros sobre o nivel do mar, e a 2 quilómetros da capital municipal, Beranga. Nesta localidade naceu Juan Ignacio Solana de la Escallada (1920–1987), relixioso.
Patrimonio
editarDeste municipio destaca o Edificio de “Los Corros”, en Beranga, ben inventariado.
Demografía
editarAs cifras do Instituto Cántabro de Estadística asignan a Hazas de Cesto unha poboación de 1.347 habitantes no 2008, aumentando con respecto ao ano anterior.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.258 | 1.293 | 1.483 | 1.664 | 1.682 | 1.771 | 1.712 | 1.593 | 1.413 | 1.371 | 1.260 | 1.281 | |
Fonte: INE
Administración
editarAs seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e 2007.
|
|
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hazas de Cesto |
Bibliografía
editar- Mazarrasa Mowinckel, Karen: Catálogo monumental de los ayuntamientos de Hazas de Cesto y Solórzano. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 1999.
- Vierna, Fernando de: "Respuestas Generales de Hazas de Cesto al Catastro del Marqués de la Ensenada", en "Altamira" nº 65. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 2005.