Eleccións

proceso de votación polo cual a población escolle aos seus representantes políticos

En política unha elección é o proceso democrático de carácter periódico no que a cidadanía designa os seus representantes nos órganos políticos ou de goberno. O período temporal entre eleccións denomínase lexislatura.

Eleccións en España

editar

En España os órganos políticos ou de goberno son a administración estatal, a autonómica e a local. As eleccións teñen lugar mediante o sufraxio universal, e por medio de votación libre e secreta. Desde a Constitución española de 1978, e por virtude das súas leis de desenvolvemento, teñen dereito de voto (sufraxio activo) as persoas maiores de 18 anos e nacionalidade española. Non obstante, nas eleccións municipais poden votar os veciños maiores de idade orixinarios de calquera estado da Unión Europea, previamente censados.

Tipos de eleccións políticas

editar

Segundo o ámbito territorial e funcional do órgano cuxos membros hanse elixir, e sempre falando do Estado español, hai dous tipos de eleccións:

Eleccións lexislativas: Son as destinadas a designar ós representantes nas cámaras lexislativas do Estado (Cortes xerais) ou da Comunidade Autónoma. No que atinxe ás eleccións lexislativas estatais, poden ser eleccións ao Congreso dos deputados (os electos toman posesión da súa acta de deputado) ou eleccións ao Senado (designación de senadores). Nas eleccións autonómicas só se designan deputados para o parlamento, pois nas comunidades autónomas non hai sistema de representación bicameral.

Eleccións locais: Son as destinadas a designar os representantes dos cidadáns en cada municipio. Os electos toman posesión do seu cargo de concelleiros.

Outras eleccións

editar

En España, desde a entrada en vigor da constitución española, todos os órganos sociais de base colectiva, e carácter público, están sometidas a unhas normas para a designación dos seus órganos representativos. A regra é que o seu funcionamento ha ser democrático, polo que aqueles actos dos organismos sometidos a dereito público coma os colexios profesionais, que incumpran dita regra, poderán ser revisados en vía xurisdicional contencioso-administrativa.

Nas entidades do eido privado, civil ou mercantil, a cuestión non é de orde pública, aínda que xa por influencia do dereito romano, o seu funcionamento debe ser democrático, rexéndose pola vontade da maioría dos partícipes. Así, nas comunidades de propietarios, asociacións, sociedades etc. a designación dos representantes hase levar a efecto mediante regras contidas supletoriamente no código civil, rexendo sempre a regra da maioría. O incumprimento desa norma é revisable na xurisdición civil ordinaria.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.