Santander

cidade e concello cántabro
(Redirección desde «Santander, Cantabria»)

Santander é un concello e cidade situada no norte de España, na costa cantábrica, capital da comunidade autónoma de Cantabria. Limita cos concellos de Santa Cruz de Bezana e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía de Santander.

Modelo:Xeografía políticaSantander
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°28′00″N 3°48′00″O / 43.4667, -3.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSantander City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación172.726 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.787,31 hab./km²)
Xeografía
Superficie36,08 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de xaneiro de 1755 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
3 de novembro de 1893Cabo Machichaco (en) Traducir
16 de febreiro de 19411941 Santander fire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataGema Igual Ortiz (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39001–39012 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico942 Editar o valor en Wikidata
Código INE39075 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websantander.es Editar o valor en Wikidata

Ten un porto cun considerable tráfico de carga, un aeroporto internacional e a universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Un grande incendio a mediados do século XX destruíu practicamente todo a zona vella, polo que hoxe en día destacan arquitectonicamente o Palacio da Magdalena, a catedral, os edificios do paseo marítimo de Pereda, e a sede social do Banco Santander.

Historia

editar

Durante o Imperio Romano foi coñecida como Portus Vitoriae Iuliobrigensium. O seu nome actual deriva de Santo Emeterio, de acordo á lenda, un mártir cuxa cabeza se levou a este lugar no século III. En 1187 o rei Afonso VIII nomeou o abade de San Emeterio señor do pobo e dotou a vila dun foro. En 1248 Santander participou, xunto con outras vilas do cantábrico, na batalla pola conquista de Sevilla, recibindo un escudo de armas como recompensa.

Santander era un porto importante para Castela a finais da Idade Media, así como para o comercio co Novo Mundo. En 1755 Fernando VI outorga a Santander o título de Cidade. Até 1900 o desenvolvemento de Santander irá unido ao comercio crecente coas colonias españolas, sendo o porto saída de gran parte dos produtos de Castela. Este auxe económico fixo florecer unha burguesía mercantil que toma protagonismo no desenvolvemento urbano da cidade co Ensanche de Santander e a creación da cidade-balneario de El Sardinero como destino de veraneo da alta sociedade española a principios do século XX. Durante o reinado de Afonso XIII, Santander converteuse no lugar de veraneo favorito da corte, residindo no Palacio da Magdalena. Actualmente continúa sendo un atractivo lugar turístico do norte de España con praias como as de El Sardinero (2 km de lonxitude) ou Península da Magdalena.

En 1893, declarouse un incendio no vapor de carga biscaíño Cabo Matxitxako. Ía cargado ilegalmente con dinamita. Estoupou no porto acabando coa vida dunhas 500 persoas que, alleas ao perigo, observaban como se levaba a cabo a tarefa de extinción. A tremenda explosión destruíu gran parte da zona portuaria.

Posteriormente, en 1941, produciuse un incendio que, avivado por un forte vento sur, arrasou durante dúas días toda a parte histórica da cidade. Nesta ocasión houbo unha soa vítima, un bombeiro nos labores de extinción, aínda que milleiros de familias perderon os seus fogares deixando a cidade sumida no caos. O incendio destruíu a maior parte da zona medieval e a súa reconstrución estivo precedida por un proceso de renovación urbana que mudou parte importante da configuración da cidade. A necesidade de aloxar un importante número de familias que quedaron sen casa tras o incendio deu lugar a unha expansión urbana e a unha configuración organicista de Santander. Desde os anos 50 aos 70 o crecemento urbano toma un carácter desordenado e especulativo coa construción de numerosas promocións de bloques de vivendas de escasa calidade e nula urbanización para o aloxamento da poboación traballadora.

Nos últimos decenios o crecemento de Santander desborda a periferia da cidade con construcións inmobiliarias de menor tamaño e destinadas á residencia de primeira e segunda vivenda (esta última de especial importancia). Destaca a zona de El Sardinero que cambia a súa morfoloxía de cidade xardín a área residencial e de lecer de Santander, a zona de Nueva Montaña con terreos industriais recuperados para a actividade residencial e comercial, El Cierro del Alisal, a avenida de Los Castros e a expansión urbana ao longo da aba norte de La Vaguada de las Llamas.

Nos anos 80 o porto de Santander foi desprazado do centro da cidade e durante os últimos anos Santander está nun proceso de recuperación da súa marxe sur fronte á Baía de Santander. O traslado de toda a actividade portuaria ao Porto de Raos foi paulatino, a excepción do tráfico marítimo de pasaxeiros que se centraliza na súa estación marítima fronte ao Paseo de Pereda.

Actualmente o crecemento da actividade portuaria, o incremento do tráfico de maior valor engadido (vehículos e colectores principalmente fronte aos graneis líquidos e sólidos) que requiren para a súa almacenaxe unha gran cantidade dun chan xa escaso e o insuficiente calado para algúns tipos de buques, está obrigando a Autoridade Portuaria a considerar a construción a longo prazo dun porto exterior fora da baía.

O 29 de xuño de 2005 Santander celebrou o 250 aniversario da concesión do título de Cidade.

Demografía

editar
 
Vista da cidade desde o mar.

A poboación empadroada no municipio en 2013 era de 178.465 habitantes, polo que un terzo dos cántabros (592.250 hab.) viven en Santander. A súa tendencia demográfica está practicamente estancada desde 1981, xa que a caída da natalidade e o leve incremento da mortalidade polo elevado número de poboación adulta (en 1996 a idade media era de 40 anos) é compensado por saldos migratorios positivos, fundamentalmente desde comezos dos anos 90. Así mesmo, a escaseza de vivendas na capital e os seus altos prezos trouxo tamén un desprazamento da poboación en idade fértil cara aos municipios da periferia, en especial ao denominado "Arco da Baía de Santander" e ao eixo conurbano Santander - Torrelavega.

Máis do 70% da poboación activa traballa no sector terciario, polo que a dependencia económica do comercio e os servizos é moi alta en Santander.

É unha das cidades máis seguras de España cunha taxa de delitos nos seis primeiros meses do ano 2007 das máis baixas do país (36,2 infraccións penais por cada 1.000 habitantes fronte ás 50 da media nacional e as 70 da Unión Europea).[1]

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2011
54.694 72.469 101.793 118.435 180.328 184.264 179.921

Localidades

editar

Economía

editar

Como centro de servizos a escala rexional, en Santander localízanse importantes institucións públicas cun gran número de empregados: Hospital Universitario Marqués de Valdecilla, a Universidade de Cantabria etc. As actividades relacionadas coa cultura, o lecer e o turismo son un importante punto na economía da cidade e tanto desde o goberno rexional como municipal inténtase evitar a estacionalidade no verán dos visitantes con novas ofertas como son a atracción de convencións, congresos, festivais culturais e escalas de cruceiros marítimos.

 
Vista da cidade desde a baía.

Transporte

editar
 
Vista aérea das estacións de ferrocarril de Santander.
 
O Pont-Aven, buque da navieira Brittany Ferries, abandonando a baía de Santander.

A rede de transportes de Santander baséase en varias liñas de autobuses urbanos, xestionados pola empresa municipal TUS. Esta empresa foi nomeada "Empresa do ano 2006" pola revista "Autobuses&Autocares" (premio nacional que anualmente outorga dita revista). En 2010 contabilizáronse 19.352.428 viaxeiros.[2]

Doutra banda, prevese a construción do Metro de Santander, composto por liñas de metro lixeiro (actualmente en estudo) e conta cun funicular inaugurado en xullo do 2008. Ademais, Santander ten comunicación cos núcleos da área metropolitana mediante dúas liñas de proximidades Feve, unha de proximidades Renfe e varias liñas de autobuses. En canto ás comunicacións interurbanas, destacan as autovías A-8, A-67 e os ferrocarrís de Adif e Feve, especialmente os de Renfe Operadora, compañía na que destacan os trens Alvia con destino Alacant vía Madrid.

Cabe destacar a existencia dunha liña de transbordador que conecta a capital cántabra coa cidade inglesa de Plymouth. Esta viaxe é levada a cabo pola navieira bretoa Brittany Ferries, a cal posúe outra liña ro-ro entre ambos os portos cun barco de carga rodada pero neste caso unicamente para o transporte de vehículos pesados. Doutra banda, existe un servizo regular de lanchas Santander-Pedreña-Somo levado a cabo por Los Reginas S.A.

Aeroporto

editar
Artigo principal: Aeroporto de Santander.
 
Aeroporto de Santander, coñecido popularmente como Aeroporto de Parayas.

O Aeroporto de Santander, coñecido tamén como Aeroporto de Parayas, atópase no veciño municipio de Camargo, construído sobre terreos de marisma da baía e que foi aberto ao tráfico en 1977.

Ata o ano 2003 as instalacións considerábanse infrautilizadas debido aos escasos voos, o que facía que os potenciais pasaxeiros se desprazasen ata o Aeroporto de Bilbao. A partir desta data, e a raíz dun acordo asinado entre o Goberno de Cantabria e a aeroliña de baixo custo irlandesa Ryanair que comezou a operar en Santander a cambio dunha cuantiosa subvención, o incremento no número voos que operan hoxe en día e o abaratamento dos billetes aumentou considerablemente o tránsito de pasaxeiros tanto nacionais (en menor medida) como internacionais.

No ano 2007 o aeroporto alcanzou os 770.000 pasaxeiros, crecendo un 27% con respecto ao ano anterior e tendo un equilibrio de usuarios entre voos nacionais e internacionais. Isto supuxo unha gran mellora en canto a afluencia de pasaxeiros no aeroporto. En 2011 superouse por primeira vez o millón de pasaxeiros e en 2012 tivo un total de 1.117.617.

Patrimonio

editar
 
Palacio do embarcadoiro.
 
A antiga Grúa de Pedra, construída en 1900 no peirao de Maura, serviu durante décadas para a carga e descarga de todo tipo de barcos. Hoxe en día é un dos símbolos da cidade.

No concello hai varios bens de interese cultural:

Fauna urbana

editar

Santander, ao igual que moitas outras cidades costeiras, alberga unha gran cantidade de gaivotas. A especie máis común é a gaivota patiamarela. A ave máis abundante quizais sexa a pomba brava. Ambos os tipos de ave provocan problemas na cidade e desde o concello tómanse medidas para reducir o seu número ou polo menos evitar o seu crecemento.

Deporte

editar
 
Palacio de Deportes en El Sardinero xunto aos Campos de Sport.

Nesta cidade xoga o equipo de fútbol Racing de Santander, un dos clubs históricos fundadores da liga española de fútbol. O Racing disputa os seus partidos como local nos Campos de Sport de El Sardinero. O club estivo 40 tempadas en Primeira División e 32 en Segunda. Na tempada 1930/1931, quedou segundo empatado a puntos co Athletic Club (campión) e a Real Sociedad (terceiro), esa ocasión foi na que estivo máis preto de gañar o campionato de Liga.

 
Porto deportivo de Santander.

De gran tradición na cidade foi o balonmán, co Club Balonmano Cantabria como estandarte que levou o nome de Santander por Europa e polo mundo coa consecución de varios títulos internacionais, a Copa de Europa en 1994, a Recopa en 1990 e 1998 e a Copa EHF en 1993. Tamén destacou o Club Balonmano Santander (máis coñecido polo acrónimo CLUBASA) quen logrou importantes triunfos nas categorías de canteira a nivel nacional, chegando tamén a División de Honra (actual Liga Asobal) na tempada 1986-1987. Na actualidade ambos os clubs atópanse disoltos. O equipo máis destacado nestes momentos é o Balonmano Sinfín.

Santander foi sede da Copa Davis en 2000 e 2006. Tamén se realizan regatas de vela organizadas polo Real Club Marítimo de Santander. Torneos de volei praia, hípica ou surf, entre outros, teñen lugar tamén na cidade.

  1. El Diario Montañés (2007). "La capital cántabra es una de las ciudades más seguras de Europa" (en español). Consultado o 10-07-2007. 
  2. "Los autobuses municipales registraron más de 19 millones de viajeros durante 2010" (en castelán). Concello de Santander. 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar