Aeroporto de Santander


O Aeroporto de Santander (IATA: SDR, OACI: LEXJ), tamén coñecido como Aeroporto de Parayas, é un aeroporto xestionado por Aena situado a 5 quilómetros da cidade de Santander, no concello de Camargo. É o único aeroporto de Cantabria.

Aeroporto de Santander
Aeropuerto de Santander

IATA: SDR – ICAO: LEXJ
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Santander
Localización Camargo
Elevación (msnm) 5 metros / 16 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 2 420x45 7 612x197 asfalto
Estatísticas (2013)
Número de pasaxeiros 974 043
Operacións 12 261
Carga (ton.) 1 828

Historia

editar

O aeroporto actual, construído sobre terreos de marisma reenchidos da baía de Santander, foi aberto ao tráfico no ano 1977. Con anterioridade existía no mesmo lugar un aeródromo de menor tamaño construído por batallóns de traballadores (prisioneiros do bando republicano da Guerra Civil Española) entre 1947 e 1952 e inaugurado ao ano seguinte que veu substituír o ata entón situado en La Albericia, que recibía voos comerciais desde 1949. O vello aeroporto de Parayas recibiu a clasificación de internacional en 1957. Tras un peche de tres anos (desde abril de 1974 ata o 8 de agosto de 1977) no que o aeroporto sufriu unha profunda renovación que fixo ampliar significativamente as súas instalacións e que tivo un custo de máis de 1 100 millóns de pesetas da época, foi reaberto cunha nova pista de voo de 2 400 m de lonxitude que posibilitaba tanto o voo visual como instrumental; o primeiro voo correspondeu ao DC-9 "Ciudad de Santander" de Iberia que cubría a ruta Barcelona-Santander-Santiago de Compostela.

 
Mostradores de facturación

Nos últimos anos volvéronse a executar obras enmarcadas dentro do Plan Director, remodelando e ampliando a terminal así como a instalación de dúas pasarelas ou fingers para o acceso directo aos avións, ensanchando a plataforma para o estacionamento dun maior número de aeronaves ou a construción de rúas de rodaxe e dunha plataforma destinada á aviación xeral no 2007.

En decembro de 2010 inaugurouse a modernización das instalacións nas que se investiron 37,8 millóns de euros, preparando ao aeroporto para mover un tráfico anual superior aos dous millóns de pasaxeiros. As obras consistiron na remodelación do edificio terminal de 10 200 m², coa ampliación da novas zonas de saídas e chegadas, así como a construción dunha pista de rodaxe, que permite alcanzar os 22 movementos á hora, e a ampliación da plataforma de estacionamento para aeronaves comerciais.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Evelop Airlines Chárter estacional: Alacant
Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Estacional: Gran Canaria, Lisboa
Ryanair Barcelona, Berlín-Schönefeld, Charleroi, Edimburgo, Londres-Stansted, Málaga, Marrakech (comeza en outubro de 2017), Roma-Ciampino, Tenerife-Sur, Valencia
Seasonal: Bérgamo, Dublín, Weeze
Vueling Barcelona
Estacional: Alacant, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur
Volotea Estacional: Eivisa, Menorca, Sevilla, Valencia, Venecia
Wizz Air Varsovia-Chopin

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar