Volotea
Volotea é unha aeroliña de baixo custo española con sede en Asturias[2] e Barcelona[3] A compañía ten bases en España, Italia e Francia. Foi fundada no ano 2011 por Alaeo S.L., unha compañía de Barcelona creada polos fundadores de Vueling Carlos Muñoz e Lázaro Ros. Comezou as súas operacións o día 5 de abril de 2012 dende o aeroporto de Venecia-Marco Polo.[4]
Volotea | ||
---|---|---|
IATA V7 | OACI VOE | Indicativo VOLOTEA |
Fundación | 2011 | |
Inicio das operacións | marzo de 2012[1] | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Asturias, Castrillón España | |
Frota | 28 | |
Destinos | 79 | |
Dirixentes | Carlos Muñoz (CEO) | |
Páxina web: http://www.volotea.com/ |
Historia
editarA compañía está participada por tres firmas de capital risco, dous delas europeas e a terceira dos Estados Unidos –CCMP Capital, cuxo presidente, Greg Brenneman, tamén preside Volotea. No pasado, Brenneman foi presidente e COO de Continental Airlines.[5] Volotea partiu cun capital por riba dos 30 millóns de euros.[6]
Frota
editarEn decembro de 2020 a frota de Volotea estaba formada polos seguintes avións:[7]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 20 | 3 | 156 | 156 | |
Boeing 717-200 | 11 | — | 125 | 125 | Único operador europeo do Boeing 717. Van ser retirados en xaneiro de 2021. |
Total | 31 |
Notas
editar- ↑ World Airline News (ed.). "Volotea starts charter operations". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2017.
- ↑ El Comercio (19 de outubro de 2017). "Volotea traslada su sede social a Asturias" (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ "Sobre Volotea" (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Anna Aero (ed.). "Venice launch for Europe’s newest LCC Volotea; 76 routes planned this summer across 53 airports in 10 countries". Consultado o 13 de outubro de 2017.
- ↑ Harvard Business Review on Crisis Management: "Right Away and All at Once: How We Saved Continental"
- ↑ "Expansión: La 'low cost' Volotea consigue más de 30 millones para despegar". Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Volotea". Consultado o 7 de decembro de 2020.