Abrir o menú principal

O Aeroporto de Tenerife Norte (IATA: TFN, OACI: GCXO), coñecido tamén como Aeroporto Los Rodeos, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no municipio de San Cristóbal de la Laguna, no nordés de Tenerife, a 11 km da cidade de Santa Cruz de Tenerife. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Tenerife Norte/Los Rodeos xunto á Base Aérea de Los Rodeos.

Aeroporto de Tenerife Norte
Aeropuerto de Tenerife Norte

Terminal tfn.jpg

IATA: TFN – ICAO: GCXO
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador AENA
Cidade/Illa Tenerife
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 3.394x45 11.135x148 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 4 704 863
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 11,5%
Operacións 61 098
Aumento operacións Crecente (crecemento) 9,8%
Carga (ton.) 13 044
Aumento carga Crecente (crecemento) 5%
Fonte: AENA[1]

O 27 de marzo de 1977 tivo lugar no aeroporto o accidente áereo con máis vítimas mortais da historia da aviación. Un total de 583 pasaxeiros morreron logo do choque de dous Boeing 747 debido a varios fallos humanos e á néboa.

Posúe un tráfico de pasaxeiros de 4 054 147 pasaxeiros (2010). Combinado co aeroporto de Tenerife Sur, congregan o segundo maior movemento de pasaxeiros de Canarias con 11 162 220 pasaxeiros.

Aeroliñas e destinosEditar

NotasEditar

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar