Abrir o menú principal

Aeroporto de Zaragoza

O Aeroporto de Zaragoza (IATA: ZAZ, OACI: LEZG) atópase situado a 10 quilómetros da cidade de Zaragoza, preto do barrio de Garrapinillos. Comparte pista e algunhas instalacións coa Base Aérea de Zaragoza.

Aeroporto de Zaragoza
Aeropuerto de Zaragoza

Zaragoza airport.jpg

IATA: ZAZ – ICAO: LEZG
Sumario
Tipo público
Operador AENA
Elevación (msnm) 263 metros / 862 pés
Coordenadas 41°40′03″N 01°02′26″O / 41.66750, -1.04056Coordenadas: 41°40′03″N 01°02′26″O / 41.66750, -1.04056
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12L/30R
12R/30L
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 438 035
Operacións 7 965
Carga (kg) 142 185 207
Fonte: AENA[1]

Con motivo da Exposición Internacional de Zaragoza 2008 levouse a cabo unha renovación total deste aeroporto que consistitiu na construción dunha nova terminal anexa á antiga e varios aparcadoiros. Abriuse ao público en marzo de 2008. A terminal antiga está pechada; trátase dun edificio de certo valor que se conservou, aínda que non está en uso.

En 2008 deu servizo a 594 952 pasaxeiros e rexistrou 21 438 toneladas de carga.

InfraestruturasEditar

  • 2 pistas de aterraxe paralelas de 3000 e 3718 metros respectivamente, unhas das pistas máis grandes de Europa.
  • 1 terminal de pasaxeiros
    • 14 mostradores de facturación máis un de equipaxes especiais
    • 6 portas ampliables a 8 portas de embarque
    • zona comercial
  • 1 aparcadoiro con capacidade para 1 080 vehículos
  • 1 terminal de carga

Aeroliñas e destinosEditar

Base aéreaEditar

Artigo principal: Base Aérea de Zaragoza.

Edificios na base que son utilizados como residencia cando se realizan os lanzamentos dos transbordadores espaciais, xa que o aeroporto de Zaragoza é unha base de aterraxe de urxencias.

NotasEditar

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 

Véxase taménEditar