Aeroporto de Kotoka

O aeroporto internacional de Kotoka (IATA: ACCOACI: DGAA) é un aeroporto que serve a Accra, a capital de Ghana. Está operado por Ghana Airports Company Limited (GACL), que ten as súas oficinas nas instalacións do aeroporto.[1] GACL foi creada como resultado do desmantelamento da Autoridade da Aviación Civil de Ghana (GCAA).

Aeroporto de Kotoka

IATA: ACC – ICAO: DGAA
Sumario
Tipo público/militar
Operador Ghana Airports Company Ltd
Cidade/Illa Accra
Elevación (msnm) 62 metros / 205 pés
Coordenadas
Web http://www.gacl.com.gh/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
03/21 3 403 11 165 asfalto
Estatísticas (2014)
Pasaxeiros 2 547 527

No ano 2014 o aeroporto foi usado por 2,54 millóns de pasaxeiros. Serve como base para os operadores domésticos Africa World Airlines, Starbow Airlines e Antrak Air.

As súas instalacións están formadas por dúas terminais de pasaxeiros, a Terminal 1 e a Terminal 2. A Terminal 1 serve principalmente a operadores domésticos e rexionais, mentres que a 2 se usa sobre todo para voos internacionais e de longo alcance. Tamén existe unha terminal usada para voos diplomáticos e unha terminal militar.

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
Aeroliñas Destinos
Air Burkina Uagadugú
Air Namibia Lagos (comeza en marzo de 2018)[2], Windhoek-Hosea Kutako (reanúdase en marzo de 2018)[2]
Africa World Airlines Kumasi, Lagos, Takoradi, Tamale, Abuja
Air Côte d'Ivoire Abidjan
Air France París-Charles de Gaulle
Air Peace Lagos
Arik Air Abuja, Banjul, Dakar, Freetown, Lagos, Monrovia
ASKY Airlines Lomé
British Airways Londres-Heathrow
Brussels Airlines Bruxelas, Lomé
Ceiba Intercontinental Airlines Malabo
Cronos Airlines Malabo
Dana Air Lagos
Delta Air Lines Nova York-JFK
EgyptAir O Cairo
Emirates Abidjan, Dubai-Internacional
Ethiopian Airlines Adís Abeba
Kenya Airways Freetown, Monrovia, Nairobi-Jomo Kenyatta
KLM Ámsterdam
Med-View Airline Freetown, Monrovia, Lagos
Meridiana Milán-Malpensa
Middle East Airlines Abidjan, Beirut
Royal Air Maroc Casablanca, Freetown, Monrovia
RwandAir Abidjan,[3] Kigali
Starbow Airlines Kumasi, Sunyani, Takoradi, Tamale
South African Airways Abidjan, Xohanesburgo-OR Tambo, Washington-Dulles
TAP Portugal Lisboa, Lomé,[4] São Tomé
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Aeroliñas Destinos
Cargolux Luxemburgo
DHL Aviation
operado por Swiftair
Abidjan, Lagos
Emirates SkyCargo Dubai-Al Maktoum
Ethiopian Airlines Cargo Lagos, Adís Abeba, Liexa
Qatar Airways Cargo Lagos, Doha, Bruxelas
Swiftair Abidjan, Lagos
Turkish Airlines Cargo Maastricht/Aquisgrán, Istanbul-Atatürk
  1. GACL (ed.). "Our Mandate". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Namibian Sun (ed.). "Lagos, Accra on Air Nam radar". Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "Rwandair network adjustment from Sep 2016". Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Routes Online (ed.). "TAP Portugal plans Lome launch from July 2017". Consultado o 4 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar