Kenya Airways é a aeroliña nacional de Kenya. A compañía fundouse en 1977 tras a disolución de East African Airways. A súa sede atópase en Embakasi, Nairobi, e o seu centro de conexións é o aeroporto Internacional Jomo Kenyatta.

Kenya Airways
IATA
KQ
OACI
KQA
Indicativo
KENYA
Fundación22 de xaneiro de 1977
Centro de conexiónaeroporto Internacional Jomo Kenyatta
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam
Frota45
Destinos62
Eslogan da compañíaThe Pride of Africa
SedeEmbakasi, Nairobi, Kenya
Páxina web: https://kenya-airways.com

A aeroliña pertenceu na súa totalidade ao goberno de Kenya ata abril de 1995 e foi privatizada en 1996, converténdose na primeira aeroliña nacional africana en facelo con éxito. No presente Kenya Airways é unha sociedade público-privada. O seu maior accionista é o goberno de Kenya, cun 29,8% das accións, seguido de KLM, que ten un 26,73% da compañía.

Kenya Airways está considerada un dos operadores subsaharianos líderes; en xaneiro de 2013 foi a cuarta aeroliña africana por capacidade de asentos, tras South African Airways, Ethiopian Airlines e EgyptAir.[1] A aeroliña converteuse en membro da alianza SkyTeam en xuño de 2010 e é tamén membro da Asociación de Aeroliñas Africanas sende 1977. African Airlines Association since 1977.[2]

En novembro de 2021, asinouse nun marco de colaboración estratéxica (SPF), durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as oportunidades de carga e o comercio en xeral aproveitando os puntos fortes de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.

Frota editar

En novembro de 2016 a frota de Kenya Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Kenya Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-300 2 16 100 116
Boeing 737-700 4 16 100 116
Boeing 737-800 8 16 129 145
Boeing 777-200ER 4 28 294 322
Boeing 777-300ER 3 28 372 400
Boeing 787–8 7 30 204 234 Dous serán alugados a Oman Air
Embraer ERJ-190 15 12 84 96
Boeing 737-300F 2 Carga
Total 45

Notas editar

  1. Centre for Aviation (ed.). "Kenya Airways and Ethiopian Airways compete for Nairobi and Addis hub power as Gulf carriers expand". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2016. 
  2. AFRAA (ed.). "AFRAA Current Members". Consultado o 4 de decembro de 2016. 
  3. Kenya Airways (ed.). "Frota". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 4 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar