Boeing 787

avión de pasaxeiros
(Redirixido desde "Boeing 787 Dreamliner")

O Boeing 787 (tamén chamado Dreamliner) é un avión de pasaxeiros bimotor, de tamaño medio, fuselaxe ancha e longo alcance desenvolvido por Boeing. O primeiro exemplar foi entregado á aeroliña xaponesa All Nippon Airways o 25 de setembro do 2011, e realizou o seu primeiro voo comercial o 26 de outubro dese ano. Pode transportar entre 210 e 330 pasaxeiros, dependendo da configuración de asentos, e ademais está deseñado para ser máis eficiente no uso de combustible que outros avións, consumindo un 20% menos que o Boeing 767, dun tamaño semellante. O Boeing 787 será o primeiro avión en usar composites na meirande parte da súa construción.

Boeing 787
Boeing 787 Roll-out.jpg
Primeiro Boeing 787 na súa saída da fábrica
Tipopasaxeiros
FabricanteBoeing
Primeiro voo15 de decembro do 2009
Introducido26 de outubro do 2011
Estadoen produción
Unidades construídas50 (decembro de 2012)
Custo unitario787-8: 206,8 millóns de dólares (2012)
787-9: 243,6 millóns de dólares (2012)

A súa designación inicial de 7E7 foi cambiada a 787 en xaneiro do 2006, e o primeiro exemplar foi presentado nunha cerimonia celebrada o 8 de xullo do 2007, na fábrica de Boeing en Everett, Washington, momento no cal xa se convertera no avión de fuselaxe ancha máis vendido na historia con 677 pedidos. En outubro do 2011, 797 Boeing 787s foran encargados, dos cales 531 eran da variante 787-8 e 266 da 787-9.

O avión sufríu problemas dende que entrou en servizo, e está a ser revisado pola FAA e a axencia xaponesa de aviación. O 16 de xaneiro a FAA emitiu unha directiva de aeronavegabilidade que deixaba en terra a todos os 787 dos Estados Unidos. A EASA, o Ministerio de Transporte xaponés, a Dirección Xeral de Aviación Civil da India (DGCA), e a Dirección Xeral de Aeronautica Civil de Chile (DGAC) fixeron o mesmo e deixaron en terra aos Dreamliners nas súas respectivas xurisdiccións[1][2].

VariantesEditar

A versión máis curta do Dreamliner, o 787-8 foi a primeira variante do aparello en voar, no mes de decembro de 2009, a seguinte foi o 787-9 en setembro de 2013, e por último a versión máis longa, o 787-10, en marzo de 2017. Estas variantes chámanse B788, B789, e B78X, respectivamente na lista de designacións de tipos de avións da ICAO. O 787-3 de curto alcance cancelouse en 2010.[3]

787-8Editar

 
All Nippon Airways 787-8

O 787-8 é o modelo básico da familia 787, cunha lonxitude de 57 metros, unha envergadura de 60 e un alcance de entre 14 200 e 15 200 km, dependendo da configuración de asentos. O 787-8 pode levar 210 pasaxeiros nunha configuración de tres clases. Esta foi a primeira variante en entrar en servizo no ano 2011,[4] e Boeing pensou nela para que substituíse aos 767-200ER e 767-300ER, ademais de para expandirse cara a mercados sen escalas onde os avións máis grandes non sexan economicamente viables.

En outubro de 2019 un 29% dos pedidos do 787 son para o 787-8, con 366 entregas ata esa data.[5] Cando foi lanzado, un B787-8 novo debería custar só un pouco máis que o B767-300ER, valorado en 85 millóns de dólares no seu pico dos 90, pero rematou custando un 20% máis.[6]

787-9Editar

O 787-9 foi a primeira versión do 787 cunha fuselaxe alongada, acadando así unha capacidade de entre 250 e 290 pasaxeiros cun alcance de entre 14.800 e 15.750 km. Esta variante diferenciase do 787-8 en varios puntos, entre os que están unha fuselaxe 6,1 metros máis longa, a estrutura fortalecida, maior capacidade de combustible e un peso máximo de engalaxe 24 700 kg maior, pero conserva a mesma envergadura que o 787-8. O obxectivo de Boeing con esta variante é o de competir co Airbus A330 e substituír os seus propios 767-400ER. Ao igual que o 787-8, tamén se abrira cara a mercados sen escalas, voando de forma máis eficiente que o 777-200ER ou o A340-300/500.

Orixinalmente agardábase que entrase en servizo no ano 2010, pero en outubro do 2011 Boeing agardaba facer as primeiras entregas a principios do 2014.[7]

O prototipo do 787-9 realizou o seu voo de estrea dende Paine Field o 17 de setembro de 2013.[8] O 8 de novembro dese ano levaba 141 horas de voo.[9] Un 787-9 estivo na exposición estática do Farnborough Air Show de 2014 antes da súa primeira entrega.[10] O 8 de xullo de 2014 Air New Zealand, o cliente de lanzamento, recibiu a súa primeira unidade, cunha distintiva librea negra, nunha cerimonia en Paine Field.[11] O seu primeiro voo comercial foi o día 9 de agosto entre Auckland e Sydney.[12]

Cando foi lanzado, o 787-9 tiña a mesma capacidade de combustible que as outras variantes. As diferenzas de deseño significaron un maior peso e polo tanto un menor alcance que o 787-8. Despois de novas consultas coas aeroliñas, incorporouse un novo tanque dianteiro para incrementar a súa capacidade de combustible.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia - EE. UU. prohíbe volar a los Boeing 787 hasta comprobar su seguridad
  2. La Voz de Galicia - Japón ordena suspender temporalmente las operaciones de los Boeing 787
  3. "Aircraft type designators" (PDF). ICAO. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. "Boeing: 787 By Design". www.boeing.com. Consultado o 2020-11-26. 
  5. "Boeing: Commercial". www.boeing.com. Consultado o 2020-11-26. 
  6. "B767-300ER Historical Value Behavior Defy Expectations -". Aircraft Value News (en inglés). 2018-10-29. Consultado o 2020-11-26. 
  7. Waldron, Greg. "Boeing delays first 747-8I and 787-9 deliveries". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-27. 
  8. Russell, Edward. "Boeing 787-9 takes off for maiden flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-27. 
  9. "Boeing completes first flight of 2nd 787-9". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-27. 
  10. "Air NZ 787-9 to be showcased at famous airshow". Stuff (en inglés). 2014-07-07. Consultado o 2020-11-27. 
  11. Durston, James. "Air New Zealand shows off stunning, all-black Dreamliner". CNN (en inglés). Consultado o 2020-11-27. 
  12. "Air New Zealand operates first 787 service". Australian Aviation (en inglés). 2014-08-09. Consultado o 2020-11-27. 

 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.