Boeing 767
O Boeing 767 é un avión de pasaxeiros fabricado por Boeing. Trátase dun modelo de fuselaxe ancha, que foi presentado case ao mesmo tempo que o 757, o seu semellante de fuselaxe estreita, co que comparte características de deseño e cuberta de voo, o que permite que os pilotos poidan obter unha mesma certificación para operar os dous avións. Ten un alcance de entre 9.400 e 12.200 km e pode transportar entre 181 e 375 pasaseiros, dependendo da configuración.
Boeing 767 | |
---|---|
Boeing 767-300 de Condor | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Introducido | 8 de setembro de 1982 con United Airlines |
Estado | activo |
Principais usuarios | Delta Air Lines American Airlines United Airlines All Nippon Airways |
Produción | 1981 - presente |
Unidades construídas | 1.093 a setembro de 2016[1] |
O 767 foi tamén o primeiro avión de fuselaxe ancha de Boeing cunha ponte de mando para só dúas persoas, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo. O avión fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe. O orixinal 767-200 entrou en servizo en 1982, seguido polo 767-300 en 1986, e o 767-400ER no ano 2000. O 767-200ER e o 767-300ER teñen maior capacidade de carga e alcance. O 767-300F, unha versión de carga, entrou en servizo en 1995.
NotasEditar
- ↑ Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 767". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing 767 |
Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |