Pratt & Whitney JT9D

O Pratt & Whitney JT9D é un motor de aviación desenvolvido polo fabricante estadounidense Pratt & Whitney. Foi o primeiro reactor de alto índice de derivación en equipar un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha. A súa aplicación inicial foi o Boeing 747-100, o "Jumbo Jet" orixinal. Foi tamén o primeiro turboventilador de alto índice de derivación producido por Pratt & Whitney.[1]

Pratt & Whitney JT9D
FabricantePratt & Whitney
Primeiro encendidodecembro de 1966
Principais aplicaciósAirbus A300
Airbus A310
Boeing 747
Boeing 767
McDonnell Douglas DC-10
Desenvolvido enPratt & Whitney PW4000

Deseño e desenvolvemento

editar

O JT9D fabricouse usando aliaxes de titanio e níquel. O motor ten un ventilador dunha única etapa, un compresor de baixo presión de tres fases e un compresor de alta presión de once acoplado a unha turbina de alta presión de dúas etapas e a unha de baixa presión de catro. O JT9D-3, a primeira versión certificada do motor, pesaba 3 905 kg e producía un pulo de 193 000 N. O custo orixinal do motor era de 800 000 dólares de 1968 (5,6 millóns en 2017).[2] A súa fabricación rematou en 1990.

O JT9D comezou a desenvolverse en setembro de 1965 como parte do deseño do C-5 Galaxy. Se lle concedeu un contrato a Pratt & Whitney para estudar o tipo de gran motor necesario, pero o contrato de fabricación acabou gañándoo General Electric co seu turboventilador TF39. O JT9D foi, porén, elixido por Boeing para equipar o 747. O primeiro encendido tivo lugar en decembro de 1966 en East Hartford, Connecticut, e o motor voou por vez primeira en xuño de 1968 montado nun Boeing B-52E que servía como banco de probas para o 747.

Pratt & Whitney enfrontouse a grandes dificultades co deseño do JT9D durante o programa de probas do Boeing 747. Fallos de motor durante os voos de proba fixeron que trinta aparellos fosen aparcados no exterior da fábrica con bloques de cemento colgando dos píos, agardando polos motores redeseñados.

Boeing e Pratt & Whitney traballaron xuntos en 1969 para solucionar o problema. Este foi a ovalización, na cal o estrés durante a engalaxe provocaba que a cuberta do motor se deformase e adoptase unha forma oval causando que as pás da turbina de alta presión golpeasen nos lados.

Os motores JT9D que equiparon os avións de mando aerotransportado E-4A da USAF foron designados F105.

O sucesor da familia JT9D foi o Pratt & Whitney PW4000, que ten menos partes, é máis fiable e ten un custo base menor.

  1. Gunston 1989, p.126
  2. Flight Global (ed.). "Aero engines 1968" (PDF). Consultado o 27 de xuño de 2018. 

Bibliografía

editar
  • Gunston, Bill. World Encyclopedia of Aero Engines. Cambridge, England. Patrick Stephens Limited, 1989. ISBN 1-85260-163-9