Forza Aérea dos Estados Unidos de América

(Redirección desde «USAF»)

A Forza Aérea dos Estados Unidos (en inglés: United States Air Force, USAF) é unha das ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos. É a forza aérea máis grande e máis avanzada tecnoloxicamente do mundo e conta cuns 15 000 avións en servizo e uns 352 000 homes en activo, 72 000 na reserva, e 102 000 na garda aérea nacional (Air National Guard).

Forza Aérea dos Estados Unidos de América
United States Air Force
Selo da USAF
Activa1907
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
TipoForza aérea
Parte de Departmento de Defensa
Gornición/Cuartel xeralO Pentágono
Condado de Arlington, Virxinia
CoresAzul ultramarino, amarelo ouro
         

O 18 de setembro de 1947, trala aprobación da Acta de Seguridade Nacional de 1947, escindiuse do exército (US Army). A misión actual da USAF é "dar opcións soberanas para a defensa dos Estados Unidos de América e os seus intereses globais, voar e combater no ar, no espazo e no ciberespazo".

Galería de imaxes

editar

Galería de imaxes dos avións máis coñecidos da USAF: