Virxinia

estado dos Estados Unidos de América

Virxinia[1] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Commonwealth of Virginia. A rexión onde actualmente está localizada Virxinia foi a primeira en ser colonizada polos británicos. Jamestown, unha cidade do estado, foi o primeiro asentamento británico permanente en América, fundado en 1607. Os colonos británicos fundaron tamén a primeira institución de Poder Lexislativo en América, en 1619. A rexión foi denominada Virxinia en 1584 por un explorador británico, Walter Raleigh, en homenaxe á raíña Sabela I de Inglaterra, tamén coñecida na época como a Raíña Virxe.

Modelo:Xeografía políticaVirxinia
Commonwealth of Virginia (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoOur Great Virginia (en) Traducir (xullo de 2015) Editar o valor em Wikidata

Lema«Sic semper tyrannis (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialVirginia Quadricentennial tartan (en) Traducir (Tartán)
Cardinalis cardinalis (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeOld Dominion e Mother of Presidents and the Mother of Statesmen Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aColónia da Virgínia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°N 79°O / 38, -79Coordenadas: 38°N 79°O / 38, -79
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalRichmond Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Alexandria (pt) Traducir
Bristol (pt) Traducir
Buena Vista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 133+
Poboación
Poboación8.631.393 (2020) Editar o valor em Wikidata (77,86 hab./km²)
Número de fogares3.184.121 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie110.862 km² Editar o valor em Wikidata
Auga7,68 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude290 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Rogers (pt) Traducir (1.825 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de xuño de 1788 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivogovernment of Virginia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador da Virgínia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataGlenn Youngkin (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoVirginia General Assembly (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Virxinia Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-VA Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1779803 Editar o valor em Wikidata

Sitio webvirginia.gov Editar o valor em Wikidata

Virxinia foi unha das Trece Colonias que se rebelaran contra o dominio británico da rexión durante a Revolución Americana de 1776. A guerra de independencia terminou en Virxinia, cando as forzas británicas lideradas por Lord Cornwallis se renderon en Yorktown en 1781. Posteriormente, Virxinia participaría activamente do lado dos Estados Confederados de América na Guerra Civil Estadounidense, sendo que a capital confederada, Richmond, se localizaba neste estado. A Guerra Civil Estadounidense oficialmente terminou cando a principal forza confederada, liderada por Robert E. Lee, se rendeu en Appomattox.

O estado de Virxinia posúe diversos alcumes. O máis coñecido deles é Old Dominion (Vello Dominio), sendo alcumada así polo Rei Carlos II de Inglaterra, por causa da lealdade da poboación da colonia ao Rei. Outro cognome do estado é Mother of Presidents, porque 8 presidentes americanos naceron e creceron en Virxinia: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, James Monroe, William Henry Harrison, John Tyler, Zachary Taylor e Woodrow Wilson. Os catro primeiros foron catro das cinco primeiras persoas en presidir os Estados Unidos. Cinco deles, Washington, Jefferson, Madison, Monroe e Wilson, foron reelectos.

Outro alcume de Virxinia, menos coñecido, é Mother of States ("Nai dis Estados"). Facían parte de Virxinia tamén os actuais estados americanos de Kentucky e Virxinia Occidental. Porén, Kentucky separouse de Virxinia en 1792. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a Guerra Civil Estadounidense.

Historia editar

Ata 1619 editar

Diversas tribos indíxenas vivían na rexión que actualmente constitúe o estado de Virxinia moito tempo antes da chegada dos primeiros europeos. Estas tribos facían parte de dúas nacións indíxenas: os algonquinos e os siounianos.

Os primeiros europeos en explorar a rexión foron xesuítas españois, que exploraron e estableceron unha misión católica na rexión durante a década de 1570. Un ataque indíxena destruíu a misión e forzou os xesuítas a saír da rexión. En 1584 a raíña Sabela I de Inglaterra deu permiso a Walter Raleigh para que explorase e colonizase a rexión que actualmente constitúe Virxinia. En nome da Raíña, Raleigh fixo algunhas exploracións na costa americana e reivindicou a rexión que se estende desde a Carolina do Sur ata Maine para o Reino Unido. En homenaxe á Raíña Isabel, Raleigh nomeou esta inmensa área, que posteriormente se desenvolvería en doce distintas colonias, co nome Virxinia. Porén, Raleigh fallou nos seus esforzos en colonizar a rexión, en parte por causa da falta de provisións e dos constantes ataques indíxenas.

En 1606, o Rei Xacobe I da Inglaterra fundou a Compañía Londrina de Virxinia. Esta compañía sería responsábel da colonización da nova colonia británica. En maio de 1607, un grupo de colonizadores británicos, liderados por John Smith, fundou Jamestown, o primeiro asentamento británico permanente no continente americano. Os colonizadores enfrontaron innúmeras dificultades no inicio, especialmente a falta de comida, invernos rigorosos e constantes ataques dos algonquinos. Smith foi obrigado a volver para a Inglaterra en 1609, e tantos colonos morreron ata 1610 que os 60 colonos restantes, desmotivados, decidiron volver para a Inglaterra no verán de 1610. Porén, un novo líder, De La Warr, desembarcou no verán do mesmo ano traendo provisións e máis colonos.

A colonia de Virxinia pasou a prosperar a partir da década de 1610, co cultivo de tabaco. O pioneiro nas técnicas de cultivo e procesamento do tabaco, asemade autor da idea de exportalo para o Reino Unido, foi John Rolfe. Este casou con Pocahontas, a filla dun líder indíxena. Pocahontas salvara a vida de John Smith cando este foi capturado polos Opchanacanough, unha tribo algonquina. Pocahontas tamén axudara os colonos en diversas ocasións con auga potábel e alimentos. O casamento trouxo un período de paz entre os indíxenas e os colonos.

1619 - 1789 editar

 
George Washington, nativo de Virxinia, foi o líder das forzas rebeldes americanas ao longo da Revolución Americana de 1776, ben como o primeiro presidente do Estados Unidos de América.

En 1619, a primeira institución británica de Poder Xudicial en América foi fundada en Virxinia. Era a Casa dos Burgueses, ou Asemblea Xeral de Virxinia. Outro feito ocorrido nese mesmo ano foi a doazón de terras libres a tódolos colonos. Un ano antes, o líder dos Opchanacanough morrera e o seu sucesor liderou sucesivos ataques indíxenas a partir da década de 1620 que mataron centenas de habitantes. En 1624, Xacobe I fixo de Virxinia unha colonia real, submisa directamente ás ordes da coroa británica, o que alterou os habitantes de Virxinia. Mesmo así, os colonos continuaron leais á coroa británica. En 1652, Oliver Cromwell tornouse ditador e de feito monarca do Reino Unido. Este permitiu aos habitantes de Virxinia maior liberdade política, mais Cromwell nunca foi popular na colonia. Os colonos de Virxinia apoiaban a Carlos II de Inglaterra, que en 1660 se tornou o novo Rei do Reino Unido.

En 1699, a colonia de Virxinia expandírase bastante, grazas a facendeiros e exploradores. Virxinia ocupaba entón enteiramente os actuais estados de Kentucky e de Virxinia Occidental, e áreas noutros 8 actuais estados americanos, e tiña entón preto de 58.000 habitantes, sendo a máis poboada das Trece Colonias británicas. Este ano, a capital de Virxinia, que era anteriormente Jamestown, pasou a ser Williamsburg.

En 1774, cando o porto de Boston foi pechado por orde dos británicos, despois dun incidente coñecido como a Festa do Chai, a Casa dos Burgueses, nun acto de simpatía aos colonos de Massachusetts, fixo do día da Festa do Chai un festivo estatal, o que exacerbou os británicos, que ordenaron o peche da Casa dos Burgueses. Mesmo así, os membros dos Burgueses continuaron a atoparse noutros lugares. Nun destes encontros, Patrick Henry, nun famoso discurso, dixo: "Déame liberdade ou déame a morte!". Esta frase tornouse un dos gritos de guerra da Revolución Americana de 1776, que tería inicio xa en 1775.

Os representantes das trece colonias escolleron en 1775 o facendeiro e político George Washington, elixido como comandante en xefe das forzas rebeldes americanas. Ao longo da guerra, a maior parte da poboación de Virxinia estaba a favor da independencia, e contra os británicos. A porcentaxe da poboación a favor da independencia na colonia era a máis alta entre as colonias suristas. En 1780, a capital de Virxinia pasou a ser Richmond. Un ano antes, forzas de Virxinia capturaran unha inmensa área, o Territorio do Noroeste, que constitúe actualmente os estados de Illinois, Ohio, Indiana e Wisconsin. En 1781, a última batalla da guerra aconteceu en Virxinia, en Yorktown, onde tropas británicas comandadas por Lord Cornwallis se renderon ante as tropas americanas lideradas por Washington.

En 1784 Virxinia cedeu o Territorio do Noroeste ao goberno americano, por causa de esixencias feitas por Maryland. En 25 de xuño de 1788, Virxinia ratificou a Constitución americana, tornándose o décimo estado en entrar nos Estados Unidos. Aínda no mesmo ano, o estado cedeu unha pequena área ás marxes do Río Potomac para a creación do Distrito de Columbia.

1789 - 1865 editar

En 1792 os condados que compuñan o oeste do estado de Virxinia foron cedidos. No mesmo ano, organizáranse no estado de Kentucky, que entrou á Unión xa en 1792. Dos cinco primeiros presidentes americanos, catro viñan de Virxinia. O primeiro foi un nativo de Virxinia, George Washington, entre 1789 e 1797. Outros tres políticos, nativos de Virxinia, gobernarían o país desde 1801 até 1825.

En 1831, o escravo Nat Turner liderou a maior revolta escrava na historia dos Estados Unidos. El, xuntamente con outros 40 escravos, foron casa por casa, matando tódolos brancos que podían atopar e liberando os escravos que atoparon. A rebelión durou dous días, e no total, 55 brancos morreron. Turner e outros 200 escravos, moitos inocentes, foron posteriormente executados.

Ao longo da década de 1830 e de 1840, moitos habitantes do noroeste de Virxinia estaban descontentos coa falta de representación no goberno do estado. Isto forzou a adopción dunha nova constitución en 1830. Porén, os principais líderes do estado continuaron a ser políticos do oriente do estado. Ata entón só os donos de terras podían votar e o gobernador do estado era escollido pola Asemblea Xeral. En 1851, as emendas á constitución estendían o poder de voto a tódolos brancos do sexo masculino, e eleccións populares para gobernador. En canto isto, dous nativos máis de Virxinia chegarían a presidentes dos Estados Unidos durante a década de 1840: William Henry Harrison e Zachary Taylor. En 1847 o anaco de terra que Virxinia cedera o ao goberno americano para a creación do Distrito de Columbia pasou a novamente a facer parte de Virxinia.

En 1860 sete estados suristas, de cuño escravista, separáronse dos Estados Unidos, e formaron os Estados Confederados de América. Virxinia, tamén de cuño escravista, inicialmente, continuou na Unión. Porén, o 17 de abril de 1861, a través dunha decisión do estado e dos resultados dunha elección popular, Virxinia tamén se separou dos Estados Unidos. Richmond tornouse a capital do novo país, e así foi ata próximo ao fin da guerra, en abril de 1865. En canto isto, a poboación do noroeste do estado, que eran na súa maioría abolicionistas, e descontentos cos resultados da elección, resolveron tamén separarse de Virxinia. O 20 de xuño de 1863, 48 condados do noroeste de Virxinia formaron o que actualmente constitúe o estado americano da Virxinia Occidental. Outros dous condados uniríanse en novembro.

O 9 de abril de 1865, o xeneral Lee rendeuse ás forzas americanas lideradas polo xeneral Grant en Appomattox. Lee fallara na súa misión de defender a capital. Esta rendición marca oficialmente a fin da Guerra Civil Estadounidense, que como a Revolución Americana de 1776, tamén tivo o seu final en Virxinia.

1865 - Actualidade editar

Despois da fin da Guerra Civil Estadounidense, Virxinia foi ocupada por forzas da Unión. En 1867, o estado aprobou unha nova constitución, que abolía oficialmente o traballo escravo no estado, e daba aos afroamericanos do sexo masculino o poder de voto. Virxinia foi readmitida na Unión o 26 de xaneiro de 1870.

Virxinia, que ata entón era primariamente agraria, dependente do algodón que era vendido para países europeos, pasou gradualmente a industrializarse. Porén, a altísima débeda do estado, de máis de 50 millóns de dólares, fixo que a economía do estado ficase estancada por décadas, ata a década de 1930. Soamente na década de 1920, máis de 400.000 persoas deixaron o estado. A maioría eran afroamericanos buscando mellores condicións de vida no norte, máis industrializado. En 1912, Woodrow Wilson converteuse no presidente dos Estados Unidos até 1921. El foi o oitavo e último nativo de Virxinia en presidir o país.

A Gran Depresión, que se iniciara en 1929, afectou negativamente á xa fráxil economía do estado. Porén, o goberno inmediatamente tomou medidas para minimizar o problema. O estado instituíu plans de axuda social, iniciou a construción de enormes construcións para a xeración de empregos e fundou varias fábricas, a maioría téxtiles, que tamén pasaron a xerar emprego. Un período de rápida industrialización comezaba no estado. A industrialización aumentou co inicio da segunda guerra mundial. Millares de persoas emigraron dos campos para as cidades, e por volta da década de 1950, o estado tiña máis habitantes vivindo nas cidades que no campo.

En 1954 o Tribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou que a segregación do sistema escolar público era inconstitucional. Virxinia era un dos estados que adoptara un sistema de segregación, con diferentes escolas para brancos e afroamericanos. O proceso de integración durou máis dunha década na conservadora Virxinia.

O proceso de industrialización continúa ata hoxe en Virxinia. O estado atraeu, por causa de menores custos operacionais, empresas produtoras de produtos químicos e empresas téxtiles. Durante a década de 1970 e 1980, o estado iniciou esforzos para a limpeza da entón altamente contaminada Baía de Chesapeake. En 1989, Lawrence Douglas Wilder converteuse no primeiro afroamericano en ser electo gobernador de estado en toda a historia dos Estados Unidos. En 1990, Virxinia asinou con Maryland un tratado conxunto que pretende facer a limpeza da baía de Chesapeake. Espérase que este programa teña termo en 2010.

Xeografía editar

 
Mapa de Virxinia e dos seus 43 condados.

Virxinia está situada na rexión Sur dos Estados Unidos. Limita ao norte con Virxinia Occidental, Maryland e o Distrito de Columbia, coa Baía de Chesapeake e o océano Atlántico ao leste, con Carolina do Norte e Tennessee ao sur, e Kentucky e Virxinia Occidental ao oeste. A baía de Chesapeake divide o estado en dous, sendo a pequena porción oriental un enclave completamente separado do estado. Esta porción oriental, parte da península Delmarva, e limita unicamente con Maryland ao norte, cercada por auga ao leste, sur e oeste.

Virxinia ten 320 quilómetros de extensión norte-sur e 690 quilómetros de extensión leste-oeste. A área do estado é de 110.862 km², dos cales 8.220 km² son auga. O litoral do estado co océano Atlántico posúe 180 quilómetros de extensión. Contándose baías, enseadas e illas, o litoral de Virxinia posúe preto de 5.330 quilómetros de extensión. Os maiores ríos que atravesan o estado son o Potomac e o James. As fragas cobren preto do 60% do estado. A maior parte delas están localizadas no oeste, no centro-sur e no noroeste de Virxinia.

Virxinia está dividida en cinco rexións. As tres primeiras forman parte da cadea dos Apalaches.

 
Mapa topográfico de Virxinia. As listas paralelas marróns que acompañan a fronteira do estado no noroeste son as Cadeas e Vales do Apalache, en canto a lista única marrón que corre máis no interior do estado son as montañas Blue Ridge.
  • A meseta dos Apalaches cobre o extremo oeste de Virxinia. Está caracterizado por un terreo relativamente accidentado, con vales profundos, irregulares e estreitos. Está case toda cuberto por bosques. Posúe unha altitude media de 600 metros.
  • As cadeas e vales dos Apalaches esténdense ao longo do oeste e do noroeste de Virxinia. Caracterízase pola presenza de cadeas paralelas de montañas e vales fluviais, o que torna o terreo da rexión moi accidentado.
  • As montañas Blue Ridge son unha longa e estreita rexión localizada inmediatamente ao leste das cadeas e vales dos Apalaches. Está localizado no centro-sur da Pensilvania. É o comezo dunha cadea de montañas que se estende desde Pensilvania ata Xeorxia. É unha longa cadea de montañas, as máis altas da cadea dos Apalaches, onde están localizados os puntos máis altos do estado. O pico máis alto de Virxinia é o Mount Rogers, que ten 1.746 metros de altitude.
  • A meseta do Piemonte esténdese inmediatamente ao leste do Blue Ridge. A meseta do Piemonte cobre preto de 45% de Virxinia. Caracterízase polo seu terreo relativamente plano e pouco accidentado. A súa altitude media é de 250 metros.
  • As planicies litorais do Atlántico están localizadas no leste do estado. Son de pouca altitude, de 0 metros ao longo do litoral do océano Atlántico.

Clima editar

O clima de Virxinia é temperado, con catro estacións, con veráns quentes, e invernos relativamente fríos. A proximidade do estado co océano Atlántico fai que as temperaturas no inverno sexan máis agradábeis ao longo do litoral. As rexións montañosas da cadea dos Apalaches, especialmente aquelas próximas a Blue Ridge, rexistran as temperaturas máis baixas do estado o ano enteiro.

A temperatura media do estado no inverno é de 5 °C no litoral e de 0 °C na cadea dos Apalaches. No verán, as maiores temperaturas tamén son rexistradas ao longo do litoral. A temperatura media, no verán, no litoral é de 26 °C, de 24 °C no suroeste e de 20 °C no sueste. A temperatura máis alta rexistrada en Virxinia é de 43 °C, rexistrada o 5 de xullo de 1900, en Columbia; e a temperatura baixa rexistrada no estado é de -30 °C, rexistrada o 22 de xaneiro de 1985. As máximas varían entre 20 °C e 38 °C no verán e entre -15 °C e 10 °C no inverno. As mínimas varían entre 14 °C no verán ata -25 °C no inverno.

A precipitación media anual (choiva e saraiba) é de 104 centímetros. As maiores medias son rexistradas na rexión metropolitana de Pittsburgh e no leste do estado, onde a media é de 130 centímetros. Xa o centro-norte e o oeste do estado posúen as menores medias de precipitación, de apenas 98 centímetros. A precipitación media anual de neve varía entre 50 centímetros no suroeste a 230 centímetros no noroeste de Virxinia.

Política editar

 
Vista do capitolio de Virxinia.

A actual Constitución de Virxinia foi adoptada en 1971. Outras constitucións máis antigas foran implantadas en 1776, 1830, 1851, 1869 e 1907. Para que as emendas á constitución propostas polo Poder Lexislativo de Virxinia sexan aprobadas precisan recibir polo menos dous terzos dos votos do Senado e da Casa dos Delegados do estado, e logo dous terzos dos votos da poboación electoral de Virxinia. A capital do estado é Richmond.

O principal oficial do Poder Executivo en Pensilvania é o gobernador. Este é elixido polos electores do estado para mandatos de ata 4 anos de duración. Unha persoa pode ser elixida cantas veces quixer para o cargo de gobernador, porén, non máis de dúas veces consecutivas.

O Poder Lexislativo do estado reside no Senado e na Casa dos Delegados. O nome oficial do Poder Lexislativo é Asemblea Xeral de Virxinia, que é a institución de Poder Lexislativo máis antiga aínda en funcionamento nos Estados Unidos. O Senado ten un total de 40 membros, en canto que a Casa dos Delegados ten un total de 100 membros. Virxinia está dividida en 40 distritos senatoriais e 100 distritos delegativos. Os electores de cada distrito elixen un senador/delegado, que representará tal distrito no Senado/Casa dos Delegados. O termo dos senadores é de 4 anos e o termo dos delegados é de 2 anos.

O tribunal máis alto do Poder Xudicial de Virxinia é o Tribunal Supremo de Virxinia. Os seus sete xuíces son escollidos polos membros da Asemblea Xeral de Virxinia para mandatos de ata 12 anos de duración. Despois disto, non poden volver ser escollidos. O Tribunal Supremo de Virxinia está liderada polo xuíz con máis anos de experiencia profesional no Tribunal Supremo. Despois da fin do seu termo de oficio, outro xuíz, aquel con máis anos de experiencia no Tribunal, substitúeo.

O estado está dividido en 95 condados. Virxinia posúe 39 cidades primarias. Todas as cidades primarias en Virxinia son cidades independentes, significando que non fan parte de ningún condado. Para que unha cidade secundaria (town) poida ser elevada á categoría de cidade primaria (city), cómpre unha poboación dun mínimo de 5.000 habitantes e realizar unha votación no municipio na que a poboación votará a favor ou en contra da elevación de categoría. Máis da metade do orzamento do estado vén de impostos estatais, o resto vén de verbas recibidas do goberno nacional.

Demografía editar

Crecemento demográfico en Virxinia
Ano Habitantes
1790 691,737
1800 807,557
1810 877,683
1820 938,261
1830 1,044,054
1840 1,025,277
1850 1,119,348
1860 1,219,630
1870 1,225,163
1880 1,512,565
1890 1,655,980
Ano Habitantes
1900 1,854,184
1910 2,061,612
1920 2,309,187
1930 2,421,851
1940 2,677,773
1950 3,318,680
1960 3,966,949
1970 4,651,448
1980 5,346,797
1990 6,216,568
2000 7,078,515

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Virxinia en 2000 era de 7.078.515 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 aumenta este número até 7.196.750. O 9,1% da poboación do estado (679.500 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Destes, estímase que 100 mil sexan inmigrantes ilegais. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 13,8%. Entre 1990 e 2004, a poboación do estado creceu preto do 15,7%.

Os cinco maiores grupos étnicos en Virxinia son: afroamericanos (que compoñen o 19,6% da poboación do estado), alemáns (11,7%), americanos (11,2%), ingleses (11,1%) e irlandeses (9,8%).

Historicamente, como a maior e a máis rica das antigas Trece Colonias, ben como o local de nacemento da cultura americana e da cultura surista, preto de metade da poboación do estado, ata a fin da Guerra Civil Estadounidense, estaba composta por escravos afroamericanos que traballaban en plantacións de tabaco e algodón. Porén, actualmente os afroamericanos compoñen apenas o 20% da poboación do estado e están concentrados primariamente no sur e no leste de Virxinia, onde se atopaban as grandes plantacións. Os habitantes de descendencia alemá están presentes en gran número no noroeste e no sur do estado. Grazas á recente inmigración, a poboación de hispanos e asiáticos está en rápido crecemento no estado, especialmente nos suburbios de Washington DC.

O 6.5% da poboación posúe menos de 5 anos de idade, o 24,6% posúe menos de 18 anos de idade e o 11,2% da poboación do estado posúe 65 anos ou máis de idade. As persoas do sexo feminino compoñen aproximadamente o 51% da poboación do estado.

Relixión editar

Porcentaxe da poboación de Virxinia por relixión:

Principais cidades editar

 
Richmond.

Preto do 73% da poboación de Virxinia vive en cidades, e máis do 80% da poboación do estado vive nunha das 11 rexións metropolitanas do estado.

Sobre as actuais leis de Virxinia, tódolos municipios que son cidades primarias (cities) son cidades independentes, é dicir, non fan parte de condado ningún. Das 43 cidades independentes dos Estados Unidos, 39 están localizadas en Virxinia. As catro maiores cidades do estado son, en orde decrecente, Virginia Beach, Norfolk, Chesapeake e Richmond. A quinta maior área urbana é o Condado de Arlington, localizado á beira do río Potomac, inmediatamente ao sur de Washington DC, que a pesar de estar completamente urbanizado, é oficialmente un condado.

Cidades secundarias (towns):

Economía editar

 
Vista da moeda estatal de 25 centavos de dólar estadounidense.

O produto interno bruto de Virxinia foi de 261.000 millóns de dólares no 2001, e a súa renda per cápita é de aproximadamente 37.000 dólares, o décimo-oitavo maior do país.

O sector primario representa o 1% do PIB de Virxinia. A agricultura fora no pasado a maior fonte de renda de Virxinia. Exportaba tabaco e algodón en grandes cantidades para países europeos ata a Guerra Civil Estadounidense. Porén, o estado pasou a industrializarse axiña nos anos da Gran Depresión, durante a década de 1930, grazas a incentivos fiscais e ás fábricas construídas polo goberno. Actualmente, a agricultura representa o 0.93% do PIB de Virxinia. O estado posúe 49.000 facendas, e emprega preto de 105.000 persoas. Tabaco e algodón continúan a ser os principais produtos cultivados no estado, e son usados primariamente no estado. Virxinia tamén cultiva cana de azucre. O estado posúe rabaños considerábeis de gando no oeste, aínda que destaque pola avicultura. A industria madeireira e a pesca representan o 0,07% do PIB, e empregan case 2.000 persoas.

O sector secundario representa o 17% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 56.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son bebidas alcohólicas e cigarros, produtos químicos, navíos, equipos electrónicos e alimentos procesados. A industria da manufactura representa no total o 12% do PIB, empregando aproximadamente a 420.000 persoas. A industria da construción, que emprega 282.000 persoas, representa o 4,4% do PIB. O principal recurso natural mineral en Virxinia é o carbón. No total, a minería representa o 0,% do PIB,

O sector terciario representa o 82% do PIB. Cerca do 23% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a preto de 1,5 millóns de persoas. Os servizos gobernamentais responden polo 18 % do PIB, empregando aproximadamente a 810.000 persoas. As finanzas representan o 18 % do PIB, e empregan a case 318.000 persoas. A capital financeira do estado é Richmond. Virxinia é un gran polo turístico, posuíndo varias atraccións como centros históricos e praias que atraen millóns de turistas anualmente. O comercio por atacado e variado representa o 14 % do PIB do estado, e emprega aproximadamente a 900.000 persoas. Os transportes e as telecomunicacións empregan a 215.000 persoas, e representan o 8 % do PIB.

Educación editar

 
Vista dun dos campus da Universidade de Virxinia.

A primeira escola pública dos Estados Unidos de América foi fundada en 1635 en Hampton. O estado instituíu un sistema estatal de escolas públicas en 1810, cando verbas foron destinadas para a construción e a manutención de escolas públicas. Actualmente, como no resto dos Estados Unidos, cada cidade administra o seu propio sistema escolar público. No caso das pequenas vilas e condados, que posúen poucas condicións de arcar cos gastos de manutención de escolas, e onde a poboación estudantil destas subdivisións é pequena, as escolas públicas son administradas polos condados onde tales vilas ou cidades están localizadas. Os sistemas de educación pública municipal reciben fondos provenientes de certos impostos municipais e do goberno de Virxinia. A educación é obrigatoria entre os 5 e 17 anos.

Practicamente toda cidade e vila posúe polo menos unha biblioteca pública municipal. As bibliotecas municipais, como as escolas, son administradas pola cidade ou, no caso de pequenas áreas urbanas, polo condado onde están localizadas. A primeira biblioteca pública do estado foi fundada en 1794.

Virxinia posúe preto de 60 universidades e facultades.

Transportes e telecomunicacións editar

Virxinia posúe cerca de 115.000 quilómetros de estradas e rodovías. Un túnel de 29 quilómetros de lonxitude conecta a Península Delmarva co resto de Virxinia. Ambas están separadas pola Baía de Chesapeake. A provincia posúe preto de 7.000 quilómetros de ferrovías, administradas por 11 empresas ferroviarias diferentes.

O aeroporto máis importante do estado é o Aeroporto Doméstico Ronald Reagan, localizado en Alexandría. Outros aeroportos están localizados en Arlington, Dulle, Richmond, Newport News, Norfolk e Roanoke.

Virxinia tamén posúe un sistema extensivo de rotas hidroviarias. O centro portuario máis importante do estado é o porto de Norfolk, líder nacional na fabricación de grandes navíos.

Notas editar

  1. «Virxinia». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2187. ISBN 9788482893600.