Walter Raleigh

mariño, pirata, escritor e político inglés

Walter Raleigh[1], nado en Hayes, Devon, contra 1552 e finado en Londres o 29 de outubro de 1618, foi un mariño, pirata, escritor e político inglés. E coñecido na súa faceta de explorador e por ter sido o que popularizou o tabaco en Inglaterra. Na literatura española era coñecido como Guantarral.

Walter Raleigh
Walter Raleigh
Nome completoWalter Raleigh
Nacementoc. 1552
Hayes, Devon, Reino Unido Reino Unido
Defunción29 de outubro de 1618
Londres
FidelidadeInglaterra
UnidadeArmada Inglesa
Batallas/GuerrasGuerra anglo-española de 1585-1604

Traxectoria editar

Nado nunha familia protestante de Devon fillo de Walter Raleigh e Catherine Champernowne. Aliado desde o principio ao bando da raíña Isabel I, loitou tenazmente contra os rebeldes irlandeses, concibiu o proxecto de colonizar América do Norte, fundando en 1584 a colonia de Virxinia (cuxo primeiro mapa foi trazado polo matemático Thomas Harriot, que lle acompañaba), contribuíu á derrota da Armada Invencible española, e loitou por devolverlle o trono ao rei de Portugal (1589).

Raleigh foi nomeado gobernador de Jersey durante o período 1600-1603, e responsabilizouse de modernizar as defensas da illa. Chamou á nova fortaleza en St. Helier Fort Isabella Bellissima, coñecida máis tarde como Elizabeth Castle. Participou nunha segunda expedición ao río Orinoco en busca do mítico El Dorado.

Foi elixido membro do Parlamento varias veces e gozou de grande influencia. Caeu en desgraza durante un breve período tras seducir a unha das damas de honra da corte da raíña (1592), aínda que pronto o recuperou, e disputou a Leicester e ao conde de Essex o amor da raíña Isabel; acúsaselle de forzar a morte de Essex.

En 1596, durante a guerra contra España, participou na toma e saqueo de Cádiz que a frota inglesa baixo o mando de Charles Howard e Robert Devereux levou a cabo, suceso que o propio Raleigh relatou por escrito. No desembarco que as tropas inglesas fixeron, Raleigh resultou ferido nunha perna.[2].

Tras a chegada ao trono de Xacobe I en 1603, foi acusado de participar nunha conspiración contra o rei e encarcerado durante 12 anos (1604-1616). Durante o seu cativerio escribiu unha Historia do mundo (1614).

 
Walter Raleigh.

Walter Raleigh obtivo finalmente a liberdade provisional e iniciou en 1617 unha expedición a Güiana, onde esperaba descubrir minas de ouro, e tomou posesión de parte dese país en nome de Inglaterra; pero tras destruír algúns establecementos españois, foi detido de novo, a solicitude de España, ao seu regreso; recuperouse a antiga acusación de traizón da que non fora exonerado totalmente; foi condenado á morte, sufriu suplicio e foi posteriormente decapitado en Whitehall en 1618.

Obra editar

Durante o seu longo arresto, sir Walter Raleigh redactou diversos escritos, entre outros unha Historia do Mundo, moi valorado no fondo e na forma. Foi amigo de Edmund Spenser. Atribúeselle a introdución do tabaco en Virginia e en Jersey, así como o da pataca en Inglaterra. Tamén deixou unha serie de Obras diversas, que se publicaron en Londres en 1751, e entre a que hai unha Descrición da Güiana, ilustrada por Hondius.

Notas editar

  1. O seu apelido foi escrito como Rawley, Ralegh o Rawleigh, sendo Raleigh a forma más común; algunhas relacións contemporáneas [1] transliterarono como "Quatre Rale".
  2. (en inglés) Sir Walter Raleigh: A relation of Cadiz action in the year 1596.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar