Pratt & Whitney PW4000
O Pratt & Whitney PW4000 é unha familia de motores turboventilador de alto índice de derivación cunha potencia certificada cun rango de 230 a 441 kN. Foi deseñado como o sucesor da serie JT9D e atopou máis aplicacións que o seu predecesor, sendo equipado en avións como os A300, A310, A330, 747-400, 767, 777 ou MD-11.
Pratt & Whitney PW4000 | |
---|---|
PW4074 nun Boeing 777 | |
Tipo | turboventilador |
Fabricante | Pratt & Whitney |
Primeiro encendido | abril de 1984 |
Principais aplicaciós | Airbus A300 Airbus A310 Airbus A330 Boeing 747-400 Boeing 767 Boeing 777 Boeing KC-46 McDonnell Douglas MD-11 |
Desenvolvido do | Pratt & Whitney JT9D |
Desenvolvido en | Engine Alliance GP7000 |
Deseño e desenvolvemento
editarO PW4000 está dividido en tres familias distintas dependendo do diámetro do seu ventilador.
A primeira familia é a do ventilador de 2,4 metros de diámetro, cun pulo certificado que vai de 230 a 275 kN. Impulsa aos Airbus A310-300, A300-600, Boeing 747-400, 767-200/300, KC-46A e McDonnell Douglas MD-11 e está certificado para un ETOPS de 180 minutos se é usado en avións bimotores. Eses modelos inclúen os PW4052, PW4056, PW4060, PW4062, PW4062A, PW4152, PW4156A, PW4156, PW4158, PW4460 e PW4462.
A segunda familia ten un ventilador de 2,5 metros e foi desenvolvida especificamente para o Airbus A330. Ten un pulo certificado de entre 287 e 305 kN. Os modelos son os PW4164, PW4168 e PW4168A. O lanzamento do programa Advantage70 anunciouse no Farnborough Airshow de 2006 cunha venda a Kingfisher Airlines. Este paquete incrementa o pulo certificado ata 311 kN, reduce o consumo de combustible nun 1%, e reduce os custos de mantemento ao redor dun 15%.
A terceira familia é a do ventilador de 2,8 m, desenvolvida para o Boeing 777 e sendo o seu motor de lanzamento. No presente está dispoñible no 777-200ER e ten un pulo certificado de entre 386 e 441 kN. Entrou en servizo o 7 de xuño de 1995 con United Airlines e foi o primeiro reactor en operar cunha certificación ETOPS de 180 minutos. Tamén foi unha opción para o 777-200 e o 777-300.