O turboventilador ou fanjet é un tipo de motor de chorro de aire que é amplamente utilizado na propulsión de avións. A palabra "turboventilador" está composta por "turbina" e "fan": a primeira se refire a un motor de turbina de gas que consegue enerxía mecánica por combustión,[1] e a segunda a un ventilador de fluxo guiado que usa a enerxía mecánica da turbina de gas para acelerar o aire cara a atrás. Así, mentres todo o aire tomado por un turborreactor pasa a través da turbina (a través da cámara de combustión), nun turboventilador parte dese aire supera a turbina. Un turboventilador polo tanto pode considerarse como un turborreactor que se utiliza para dirixir un ventilador de fluxo guiado, con ámbolos dous contribuíndo ao pulo. A relación da masa do fluxo de aire que supera o núcleo do motor en comparación co que pasa a través del é coñecida como relación de derivación. O motor produce pulo a través dunha combinación desas dúas partes traballando conxuntamente; os motores que usan máis pulo do reactor en relación co do ventilador son coñecidos como turboventilador de baixo índice de derivación, e no caso contrario, aqueles que teñen máis pulo do ventilador que do reactor son coñecidos como turboventiladors de alto índice de derivación. A meirande parte dos motores a reacción na aviación comercial hoxe en día son dun alto índice de derivación,[2][3] e os motores dos avións militares máis modernos teñen un baixo índice de derivación.[4][5] Os dispositivos de postcombustión non son usados en motores de alto índice de derivación pero si se usan nos de baixo índice ou nos turborreactores.

Esquema dun turboventilador

A meirande parte do fluxo de aire que pasa a través dun turboventilador de alto índice de derivación é un fluxo de derivación de baixa velocidade: incluso cando se combina coa velocidade moito máis alta da saída do motor, a velocidade media de escape é considerablemente menor que nun turburreactor puro. O ruído dun motor turborreeactor é principalmente ruído do aire a alta velocidade no escape do reactor, polo que os motores turboventilador son significativamente máis silenciosos que un reactor puro da mesma potencia xa que o ruído do reactor non é o predominante. Outras fontes de ruído son o ventilador, o compresor e a turbina.

Notas editar

  1. howstuffworks.com (ed.). "How Gas Turbine Engines Work". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. NASA (ed.). "Turbofan engine". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  3. Michael Hacker, David Burghardt, Linnea Fletcher, Anthony Gordon, William Peruzzi (2009). Cengage Learning, ed. Engineering and Technology. p. 319. ISBN 978-1-285-95643-5. 
  4. Bharat Verma (2013). Lancer Publishers, ed. Indian Defence Review: Apr-Jun 2012. p. 18. ISBN 978-81-7062-259-8. 
  5. Frank Northen Magill (1993). Salem Press, ed. Magill's Survey of Science: Applied science series, Volume 3. p. 1431. ISBN 9780893567088.