Halifax, Nova Escocia
cidade do Canada
Halifax é unha cidade do Canadá, capital e cidade máis poboada da provincia de Nova Escocia e centro económico das Provincias Atlánticas. En 2016 tiña unha poboación de 403.131 habitantes.
Halifax | |
---|---|
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Condado | Halifax |
Demografía | |
Poboación | 403 131 hab. (2016) |
Densidade | 73.4/km² |
Outros datos | |
Páxina web oficial |
No ano 2012 a revista MoneySense situouna como o cuarto mellor lugar para vivir do Canadá,[1] e segundo a revista americana fDi Magazine é a cidade do país coa maior calidade de vida.
HistoriaEditar
Halifax foi a cidade cara onde se dirixiron os británicos despois da evacuación de Boston, o 17 de marzo de 1776, no contexto da Guerra de Independencia dos Estados Unidos.