Nova Escocia
Nova Escocia[1] (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[2] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.
Nova Escocia | |||
---|---|---|---|
Nova Scotia Nouvelle-Écosse Alba Nuadh | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Munit Haec et Altera Vincit | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Halifax | ||
• Poboación | 385 500 (2007) | ||
Cidade máis poboada | Halifax | ||
Lingua oficial | Inglés1 | ||
Forma de goberno | Goberno de Nova Escocia | ||
Tim Houston (Progressive-Conservative) | |||
Confederación | 1 de xullo de 1867 | ||
Superficie | Posto 12º | ||
• Total | 55,283 km² | ||
• % auga | 1,946 (3,5%) | ||
Poboación | Posto 7º | ||
• Total | 939,531 (2005) hab. | ||
• Densidade | 17.49 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC-4 | ||
Código ISO | CA-NS | ||
1 O Goberno de Nova Escocia promove e protexe ademais o gaélico escocés, o francés e o micmac. | |||
A economía de Nova Escocia estivo tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes diversificouse. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.
A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terra Nova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.
Xeografía Editar
A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo Océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.
Notas Editar
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Canada's population Arquivado 04 de novembro de 2008 en Wayback Machine.. Statistics Canada. Consultado o 28 de setembro de 2006.