Illa do Príncipe Eduardo

A Illa do Príncipe Eduardo[2][3] (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas do Canadá. É unha illa rodeada polo Océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.

Illa do Príncipe Eduardo
Bandeira de
Escudo de
BandeiraEscudo
PEI-basemap.png
Lema: latín: Parva sub ingenti
(A pequena protexida pola grande)
EstadoFlag of Canada.svg Canadá
CapitalCharlottetown
 • Poboación34.562 (2011)
Cidade máis poboadaCharlottetown
Lingua oficialInglés (de facto)
Forma de gobernoAsemblea Lexislativa da Illa do Príncipe Eduardo
Primeiro ministro
Vicegobernador
Dennis King (Progressive-Conservative)
Antoinette Perry
Adhesión1 de xullo de 1873
SuperficiePosto 13º[1]º
 • Total5.660 km²
PoboaciónPosto 10ºº
 • Total142.907 (2016) hab.
 • Densidade25´1 hab./km²
Fuso horarioAtlántico: UTC-4
Código ISOCA-PE
Mapa da Illa do Príncipe Eduardo.

É a provincia máis pequena do Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.

XeografíaEditar

A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.

ClimaEditar

 
Costa da Illa, coa súa famosa praia vermella.

A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas do Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.

Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.

Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 °C. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.

NotasEditar

  1. "Land and freshwater area, by province and territory.". Statistics Canada. 1 de febreiro de 2005. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  2. Por exemplo en Antonio Cazorla, Adrian Shubert (2000). "A inmigración española en Canadá: unha visión de conxunto". Estudios Migratorios (CCG) (10): 11. ISSN 1136-0291. 
  3. «Príncipe Eduardo, Illa do». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1700. ISBN 9788482893600. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar