Kingston, Ontario

cidade de Ontario

Kingston é unha cidade da provincia canadense de Ontario situada no extremo nordeste do lago Ontario. Segundo o censo de poboación de 2021, tiña unha poboación de 132 485 habitantes nunha área de 451,58 km² e unha densidade de poboación de 293,4 hab./km².[1]

Modelo:Xeografía políticaKingston, Ontario
Kingston (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°14′N 76°30′O / 44.23, -76.5Coordenadas: 44°14′N 76°30′O / 44.23, -76.5
EstadoCanadá
ProvinciaOntario
CondadoCondado de Frontenac (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación132.485 (2021) Editar o valor em Wikidata (294,16 hab./km²)
Xeografía
Superficie450,39 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Ontario e Río San Lourenzo Editar o valor em Wikidata
Altitude93 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorRené Robert Cavelier de La Salle Editar o valor em Wikidata
Creación1673 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico613 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Boucherville (pt) Traducir
Mianyang (pt) Traducir (1989–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webcityofkingston.ca Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Atópase no nacemento do río San Lourenzo e na desembocadura do río Cataraqui, na parte sur e final da canle Rideau. Kingston está a medio camiño entre Toronto e Montreal e moi preto das illas Thousand. Kingston tamén recibe o alcume de "cidade calcaria" por mor da cantidade de edificios relevantes que posúe construídos con pedra calcaria da zona.

Historia editar

A crecente exploración europea no século XVII e o desexo dos europeos de estabelecerse de forma permanente preto dos nativos da zona para controlar o comercio, levaron á fundación dun posto comercial francés e a construción dun forte militar nun lugar coñecido como "Cataraqui" en 1673. O posto avanzado, chamado inicialmente Forte Cataraqui, e máis tarde Forte Frontenac, converteuse nun importante asentamento. Trala conquista de 1760, a zona pasou ao control británico.[2] Cataraqui pasou a chamarse Kingston despois de que os británicos tomaron posesión do forte e, na década de 1780, os lealistas comezaron a asentarse na rexión.

Kingston foi a primeira capital da Provincia Unida do Canadá o 10 de febreiro de 1841.[3] Porén, o seu tempo como capital rematou en 1844, aínda que seguiu mantendo instalacións militares importantes. A cidade é un referente rexional a nivel educativo e de saúde, acollendo dúas universidades e tres hospitais.

Kingston tamén foi a capital do condado de Frontenac até 1998, ano no que pasou a ser unha municipalidade propia allea ao condado. Kingston e a súa área metropolitana son a décima aglomeración urbana da provincia de Ontario.

Clima editar

Datos climáticos para Kingston, 1981–2010,[a] e datos máximos entre 1872 e a actualidade [b]
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 13,5 14,4 24,0 30,7 31,7 35,0 35,6 34,5 33,3 25,1 21,1 16,1 35,6
Media máxima en °C −3,1 −2,1 2,9 10,3 16,4 21,7 24,9 24,1 19,5 13,1 7,0 0,8 11,3
Media diaria en °C −7,6 −6,6 −1,6 5,7 11,8 17,0 20,4 19,6 15,0 8,9 3,2 −3,3 6,9
Media mínima en °C −12 −11,1 −6,1 1,1 7,1 12,3 15,8 15,1 10,5 4,5 −0,6 −7,4 2,4
Temperatura mínima en °C −34,5 −35,6 −27,8 −17,2 −6,1 0,6 6,0 3,3 −1,7 −7,5 −25,6 −34,4 −35,6
Precipitación media mm 65,2 65,1 69,2 87,1 76,9 72,0 64,0 93,7 89,7 92,4 100,3 84,1 959,6
Chuvia media mm 29,2 29,0 41,3 77,5 76,9 72,0 64,0 93,7 89,7 91,0 92,4 52,2 808,7
Nevada media cm 39,5 39,1 25,4 8,1 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 1,2 8,0 35,9 157,1
Media de días con precipitacións (≥ 0.2 mm) 16,1 13,9 12,8 13,5 12,9 11,4 9,3 11,1 12,3 13,7 16,2 15,8 159,1
Media de días con chuvia (≥ 0.2 mm) 5,4 5,1 8,2 11,9 12,9 11,4 9,3 11,1 12,3 13,6 14,0 8,1 123,4
Media de días con neve (≥ 0.2 cm) 13,2 11,1 7,3 2,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,40 4,3 11,5 50,4
Media de horas de sol mensuais 93,2 113,1 144,2 161,8 218,0 243,7 279,3 238,7 164,4 139,7 89,5 73,1 1 958,8
Porcentaxe de sol 32,4 38,5 39,1 40,2 47,7 52,6 56,5 55,0 43,7 40,9 30,9 26,4 42,2
Fonte: Environment Canada[4][5][6][7][8]

Notas editar

  1. Datos medios recollidos no aeroporto Kingston Norman Rogers entre 1981 e 1996.
  2. As temperaturas máximas e mínimas recolléronse na Universidade Queen entre xullo de 1872 e marzo de 1957, en Kingston (Ontario Hydro) dende abril de 1957 a xuño de 1967, no aeroporto entre xullo de 1967 e setembro de 1996, na estación de bombeo de Kingston entre outubro de 1996 a novembro de 2007 e no aeroporto entre xullo de 2008 até o presente.
Referencias
  1. Statistics Canada, ed. (9 de febreiro de 2022). "Population and dwelling counts: Canada, provinces and territories, census divisions and census subdivisions (municipalities), Ontario". Consultado o 27 de marzo de 2022. 
  2. Preston, Richard A. (1959). Kingston before the War of 1812: A Collection of Documents (Ontario Series). The Publications of the Champlain Society. p. 37. ISBN 978-1-4426-1850-3. doi:10.3138/9781442618503. 
  3. Osborne 2011, p. 81
  4. Environment Canada (ed.). "Kingston A". Canadian Climate Normals 1981–2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  5. Goberno do Canadá, ed. (25 de setembro de 2013). "Kingston Pumping Station". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 20 de maio de 2016. 
  6. Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Ont Hydro". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016. 
  7. Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Queens U". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016. 
  8. Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Climate". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar