Hainan

provincia da República Popular da China

Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam. É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago. Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.

Hainan - 海南
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización da provincia de Hainan.
Datos
Capital Haikou (Hai-khau)
País China
Linguas
Poboación (2004) 8 180 000 hab.
Superficie 33,920 km2
Densidade 241 hab/km²
Coordenadas 19°06′24″N 109°34′03″L / 19.10667, -109.56750
Maior Altura

Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.

Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.

CaracterísticasEditar

A illa de Hainan ten unha extensión de 34.000 quilómetros cadrados e unha poboación de máis de oito millóns de persoas (2003). Na zona habitan maioritariamente membros das etnias miao e li, con trazos moi parecidos aos vietnamitas. A relixión maioritaria é o budismo, seguida do islam e o cristianismo

HistoriaEditar

A illa foi conquistada polas tropas do emperador Qin Shi Huang aínda que o exército pronto a abandonou debido á resistencia dos li e á falta de atractivos. Hainan foi reconquistada pola dinastía Tang e converteuse en lugar de desterro.

Hainan ten o status de provincia desde o ano 1988; antes dependía da administración de Guangdong. Desde ese mesmo ano considérase como zona económica especial. É unha das provincias menos industrializadas de todo o país.

División administrativaEditar

A provincia de Hainan utiliza un sistema administrativo lixeiramente diferente ao das outras provincias da China. A maioría destas divídense en prefecturas, cada unha das cales se divide por completo a nivel de divisións de condado. As divisións de nivel de condado xeralmente non dependen directamente da provincia. En Hainan, case todas as divisións a nivel de condado (exceptuados os catro distritos) dependen directamente da provincia. Este método de división débese á relativamente escasa poboación de Hainan, duns 8,6 millóns de persoas.

Mapa
 
# Nome Capital Caracteres
e Pinyin
Poboación
(2010)
cidade-prefectura
1 Haikou Meilan 海口市
Hǎikǒu Shì
2 046 189
2 Sanya Hedong 三亚市
Sānyà Shì
685.408
*19 Sansha Yongxing 三沙市
Sānshā Shì
444
Cidade-subprefectura
3 Wenchang Wencheng 文昌市
Wénchāng Shì
537.428
4 Qionghai Jiaji 琼海市
Qiónghǎi Shì
483.217
5 Wanning Wancheng 万宁市
Wànníng Shì
545.597
6 Wuzhishan Chongshan 五指山市
Wǔzhǐshān Shì
104.122
7 Dongfang Basuo 东方市
Dōngfāng Shì
408.309
8 Danzhou Nada 儋州市
Dānzhōu Shì
932.362
Condado
9 Lingao Lincheng 临高县
Língāo Xiàn
427.873
10 Chengmai Jinjiang 澄迈县
Chéngmài Xiàn
467.161
11 Ding'an Dingcheng 定安县
Dìng'ān Xiàn
284.616
12 Tunchang Tuncheng 屯昌县
Túnchāng Xiàn
256.931
Condado autónomo
13 Changjiang Li Shilü 昌江黎族自治县
Chāngjiāng Lízú Zìzhìxiàn
223.839
14 Baisha Li Yacha 白沙黎族自治县
Báishā Lízú Zìzhìxiàn
167.918
15 Qiongzhong Li e Miao Yinggen 琼中黎族苗族自治县
Qióngzhōng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn
174.076
16 Lingshui Li Yelin 陵水黎族自治县
Língshuǐ Lízú Zìzhìxiàn
320.468
17 Baoting Li e Miao Baocheng 保亭黎族苗族自治县
Bǎotíng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn
146.684
18 Ledong Li Baoyou 乐东黎族自治县
Lèdōng Lízú Zìzhìxiàn
458.876
Zona económica especial
20 Yangpu Xinganchong 洋浦经济开发区
Yángpǔ Jīngjì Kāifā Qū
37.000
Véxase:Oficina Administrativa das Illas Xisha, Zhongsha e Nansha.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar