Newcastle upon Tyne

Newcastle upon Tyne, coñecida habitualmente como Newcastle, é unha cidade de Inglaterra, do distrito de Tyne e Wear, na rexión de North East England.

Modelo:Xeografía políticaNewcastle upon Tyne
Imaxe

Localización
Mapa
 54°58′40″N 1°36′48″O / 54.9778, -1.6133Coordenadas: 54°58′40″N 1°36′48″O / 54.9778, -1.6133
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra
Condado metropolitano (pt) TraducirTyne e Wear
Distrito metropolitano (pt) TraducirNewcastle upon Tyne Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación300.196 (2018) Editar o valor em Wikidata (2.633,3 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie114 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Tyne Editar o valor em Wikidata
Altitude30 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo II Editar o valor em Wikidata
Evento clave
21 de outubro de 1644Siege of Newcastle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalNE Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0191 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Singkawang (pt) Traducir
Lagos, Nixeria
Groninga - Groningen
Hannover
Gelsenkirchen (1948–)
Nancy (1954–)
Bergen (1968–)
Atlanta (1977–)
Haifa (pt) Traducir (1979–)
Taiyuan (1985–2022)
Newcastle (pt) Traducir (1987–)
Gdańsk (2001–)
Concello de Malmö (2003–)
Henan (2008–)
O Cabo Oriental (2008–)
Hainan (2008–)
Little Rock (2014–)
Durban (2014–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webnewcastle.gov.uk Editar o valor em Wikidata

A cidade é a vixésima máis poboada de Inglaterra, e a aglomeración de Tyneside, da que forma parte Newcastle, é a sexta aglomeración urbana máis poboada do Reino Unido.[1]

Historia editar

Período Romano editar

Newcastle ten as súas orixes en época romana (século II), cando sobre un promontorio da beira esquerda do Tyne foi levantado un forte (Pons Aelius) que vixiaba unha ponte que salvaba o río. O forte, que formaba parte do muro de Adriano, tomou o nome familiar do propio emperador. A poboación de Pons Aelius para esta época estímase nuns 2.000 habitantes. O muro de Adriano aínda é visible en varias zonas de Newcastle; en particular, ao longo da West Road.

 
O Castelo.

O Castelo Novo (New Castle en inglés), que deu nome á cidade, foi construído polos normandos en 1080 sobre o soar do forte romano. Aínda se pode ver a súa torre da homenaxe e a porta principal.

Ao longo da Idade Media, Newcastle foi a fortaleza máis setentrional de Inglaterra. No século XIII, ante os constantes ataques escoceses, a cidade rodeouse dunha muralla de pedra de máis de 7 m de altura. Derrubada ao longo do século XIX, dela hoxe só quedan algúns vestixios.

En 1174, o rei de Escocia Guillerme I foi encarcerado en Newcastle. Ao longo do século XIV, en tres ocasións, a cidade logrou defenderse con éxito dos ataques escoceses. En 1400, Henrique IV creou o condado incorporado (county corporate) de Newcastle.

En dúas ocasións, durante o século XVII, os exércitos escoceses invadiron e ocuparon a cidade: en 1640 durante a Guerra dos Bispos e en 1644 durante a Guerra Civil Inglesa (logo dun cerco de tres meses).

Xeografía editar

Newcastle está situada no nordés de Inglaterra, no distrito metropolitano de Tyne and Wear. A cidade está situada na beira norte do río Tyne a unha latitude de 54.974° N e unha lonxitude de 1.614° W.

O chan debaixo da cidade está formada por estratos do Carbonífero.

Demografía editar

Newcastle é a cidade máis poboada da rexión, seguida de Sunderland. Recibe a honra de ser o símbolo urbano de Northumberland.

Economía editar

Newcastle xogou un papel importante durante a Revolución Industrial do século XIX, e foi un importante centro para a minería do carbón e a fabricación. As industria pesada en Newcastle descendeu na segunda metade do século XX. A cidade é hoxe recoñecida por compromiso coas cuestións ambientais, cun programa previsto para o Newcastle para converterse en "a primeira cidade neutral de carbono".[2]

Infraestruturas editar

 
Central Station.

Hai un metro que conecta con outras cidades da rexión, como Gateshead, Sunderland, North Shields, South Shields e Tynemouth. O ferrocarril é subterráneo no centro da cidade. Tamén se pode usar o Metro para viaxar ao Aeroporto de Newcastle.

A cidade ten unha estación de ferrocarril (Central Station) que é parte da rede nacional de ferrocarrís. Cada día hai varios trens que viaxan directamente entre Newcastle e Londres (Kings Cros).

Desde o aeroporto de Newcastle pódese coller o wifi, que tarda 22 minutos en chegar ata o centro de Newcastle ou 55 minutos ata o centro de Sunderland.

Educación editar

Sitúanse en Newcastle a Universidade de Northumbria e a de Newcastle upon Tyne.

Cultura editar

 
Theatre Royal.

As cores da cidade son o negro e o branco. É o centro do dialecto Geordie, unha forma de pronunciar e falar peculiar a Northumbria e diferente do resto de Inglaterra.

Arquitectura e urbanismo editar

O Millenium Bridge é unha de moitas pontes que cruzan o Tyne cara a Gateshead. A cidade ten unha catedral, a de St Nicholas. O teatro principal da cidade é Theatre Royal que data de 1837.

Deportes editar

Newcastle é o fogar do equipo de fútbol Newcastle United Football Club.

Notas editar

  1. Pointer, Graham. "The UK’s major urban areas" (PDF). statistics.gov.uk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04-08-2011. Consultado o 08-04-2007. 
  2. "Case Study: Newcastle, the first carbon neutral town - UK on the ManagEnergy Website". Managenergy.net. 13-07-2010. Arquivado dende o orixinal o 20-06-2010. Consultado o 04-08-2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar