Provincias atlánticas do Canadá

Provincias atlánticas do Canadá é a rexión do Canadá que comprende catro provincias localizadas na costa atlántica: as tres provincias marítimas (Novo Brunswick, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo) e Terra Nova e Labrador. A poboación das provincias atlánticas era de 2.332.535 habitantes en 2007.[1]

Modelo:Xeografía políticaProvincias atlánticas do Canadá
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°N 62°O / 47, -62Coordenadas: 47°N 62°O / 47, -62
EstadoCanadá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie500.531 km² Editar o valor em Wikidata
Creación1949 Editar o valor em Wikidata

As provincias atlánticas.

Orixe do termo

editar

O primeiro Premier (primeiro ministro) de Terra Nova e Labrador, Joey Smallwood, acuñou o termo "Provincias Atlánticas" cando Terra Nova e Labrador uníronse ó Canadá en 1949. Smallwood creu que sería presuntuoso para Terra Nova e Labrador asumir que podería incluírse dentro do termo existente "Provincias Marítimas", usado para describir as semellanzas culturais entre Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Novo Brunswick. As tres provincias marítimas uníronse á Confederación no século XIX: Novo Brunswick e Nova Escocia en 1867 e a Illa do Príncipe Eduardo en 1873.

De cando en vez, o termo Marítimas é usado como un sinónimo para "as provincias atlánticas", pero este uso está considerado incorrecto pois o primeiro exclúe a Terra Nova e Labrador.

Comunidades

editar
 
 
 
 

(A listaxe inclúe comunidades por riba de 50.000 habitantes, por poboación/área metropolitana).[2]

Comunidade Provincia Poboación (2006)
Halifax Nova Escocia 372.858
San Xoán de Terra Nova Terra Nova e Labrador 181.113
Moncton Novo Brunswick 126.424
Saint John Novo Brunswick 122.389
Cape Breton Nova Escocia 105.928
Fredericton Novo Brunswick 85.688
Charlottetown Illa do Príncipe Eduardo 58.625

Bibliografía

editar
  • Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a concise history. Don Mills, Ont.: Oxford University Press, 2006.
  • Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a region in the making. Toronto: Oxford University Press, 2001.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar