General Electric CF6

O General Electric CF6 é unha familia de motores turboventilador de alto índice de derivación producidos por GE Aviation. Baseado no TF39, o primeiro motor a reacción de gran potencia e alto índice de derivación, o CF6 equipa a unha gran variedade de avións de pasaxeiros civís. O núcleo básico do motor tamén impulsa os turboeixos LM2500, LM5000 e LM6000 marítimos e de xeración de enerxía.

General Electric CF6
Motor CF6 de KLM
TipoTurbofán
FabricanteGE Aviation
Primeiro encendido1971
Principais aplicaciósAirbus A300
Airbus A310
Airbus A330
Boeing 747
Boeing 767
McDonnell Douglas DC-10
McDonnell Douglas MD-11
Lockheed C-5M Super Galaxy
Desenvolvido doGeneral Electric TF39
Desenvolvido enGeneral Electric LM6000
CFM International CFM56

General Electric pretende substituír a familia CF6 polo GEnx.

Desenvolvemento editar

Despois de desenvolver o TF39 para o C-5 Galaxy a finais dos anos 60, GE ofreceu unha variante máis potente para o uso civil, o CF6, e rapidamente atopou interese en dous deseños ofrecidos nun contrato recente de Eastern Airlines, o Lockheed L-1011 e o McDonnell Douglas DC-10. O L-1011 finalmente seleccionou o Rolls-Royce RB211, pero o DC-10 quedou co CF6 e entrou en servizo en 1971. Tamén foi escollido para versións do Boeing 747. Dende entón o CF6 equipou a versións dos Airbus A300, 310 e 330, Boeing 767 e McDonnell Douglas MD-11.[1] O álto índice de derivación do CF6 representou un avance histórico na eficiencia dos motores de aviación.[2]

No ano 2000, a NTSB advertiu que o compresor de alta presión podería romperse,[3] e en 2010 que os discos do rotor da turbina de baixa presión poderían fallar.[4]

Notas editar

  1. General Electric (ed.). "Military Engines". Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  2. Flightglobal (ed.). "Industry sees path to carbon-neutral aviation". Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  3. NTSB (ed.). "Safety Recommendation A-00-104". Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  4. NTSB (ed.). "Four recent uncontained engine failure events prompt NTSB to issue urgent safety recommendations to FAA". Archived from the original on 24 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.