Nairobi
Coordenadas: 1°17′S 36°49′L / -1.283, -36.817
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. Fundada en 1899, arrebatoulle a capitalidade a Mombasa en 1905. Nairobi é tamén a capital da Provincia de Nairobi e do distrito de Nairobi. Está situada nas beiras do río Nairobi, na parte meridional do país e a unha altitude de 1.661 metros sobre o nivel do mar.
Nairobi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Provincia | Nairobi | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.661 msnm | ||
Superficie | 696 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 3.138.295 hab. (2009) | ||
Densidade | 4.509 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Geoffrey Majiwa | ||
Páxina oficial |
Nairobi é a cidade máis populosa da África Oriental, cunha poboación estimada de entre 3 e 4 millóns. Segundo o censo de 1999, vivían na área administrativa de Nairobi, 2.143.254 habitantes, nunha superficie de 684 km². En 2002, Nairobi ocupaba o posto 12ª entre as maiores cidades de África.
Historia breveEditar
Nairobi foi fundada en 1899 arredor dun depósito de aprovisionamento da Uganda Railway (Ferrocarrís de Uganda) no camiño de ferro que se estaba a construír entre Mombasa, na costa, e Uganda. A comezos do século XX foi reedificada por enteiro logo dunha epidemia de peste e o incendio do asentamento orixinario. Desde entón seguiu a medrar, ata se converter na capital da África Oriental británica en 1905. Máis tarde, en 1963, pasou a ser tamén a capital de Kenya ao acadar esta a independencia.
A escolla de Nairobi como capital derivou de que a súa altitude, por enriba dos 1.500 metros, facía o lugar menos vulnerable á malaria. A capitalidade converteuse nun dos factores do crecemento; o segundo foi o turismo, pois a cidade era o centro desde onde se organizaban expedicións de cacería.
En 1919, Nairobi converteuse nun concello. Entre 1920 e 1950, o número de moradores brancos na cidade pasou de 9.000 a 80.000. Porén aumentaron tamén os roces entre os novos asentados e os antigos poboadores. Nairobi acadou o status de cidade en 1954.
Cidades irmandadasEditar
ClimaEditar
O clima de Nairobi é moderado e é de verán suave (Cwb) segundo a Clasificación climática de Köppen. A pesar de atoparse no ecuador, as tardes son frías, en especial nos meses de inverno, con temperaturas en torno aos 10 °C. Pola contra, nos meses de decembro e marzo as temperaturas están en torno aos 20 °C, e a temperatura máxima é de 24 °C. Porén as diferenzas entre estacións non son moi marcadas, ao atoparse preto do Ecuador terrestre.
Nairobi | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura diaria máxima (°C) | 24.5 | 25.6 | 25.6 | 24.1 | 22.6 | 21.5 | 20.6 | 21.4 | 23.7 | 24.7 | 23.1 | 23.4 | |
Temperatura diaria mínima (°C) | 11.5 | 11.6 | 13.1 | 14.0 | 13.2 | 11.0 | 10.1 | 10.2 | 10.5 | 12.5 | 13.1 | 12.6 | |
Precipitacións (mm) | 64.1 | 56.5 | 92.8 | 219.4 | 176.6 | 35 | 17.5 | 23.5 | 28.3 | 55.3 | 154.2 | 101 | |
Días de chuvia | 4 | 5 | 9 | 16 | 13 | 5 | 3 | 4 | 4 | 7 | 15 | 8 | |
Horas de sol | 288.3 | 268.4 | 266.6 | 204 | 189.1 | 159 | 130.2 | 127.1 | 180 | 226.3 | 198 | 257.3 | |
Fonte: Organización Meteorolóxica Mundial[4] e BBC Weather[5] |
Evolución demográficaEditar
Evolución demográfica de Nairobi, de 1906 a 2009.

NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ http://www.worldweather.org/071/c00251.htm
- ↑ http://www.bbc.co.uk/weather/184745
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nairobi |