Kilimanjaro
O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.
(sw) Kilimanjaro | ||||
Tipo | Macizo atracción turística dormant volcano (en) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Gran Val do Rift Highest mountain peaks of Africa (en) Pico ultraproeminente (pt) Sete cumes vulcânicos (pt) Sete Cumios Seven Third Summits (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Gran Val do Rift | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional do Kilimanjaro (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Rexión do Kilimanjaro, Tanzania | |||
| ||||
Cordilleira | East African mountains (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 5.895 m | |||
Prominencia topográfica | 5.895 m | |||
Illamento topográfico | 5.510 km | |||
Punto máis alto | Kibo (pt) (5.895 m ) | |||
Material usado | Riolita | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Plioceno | |||
O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.
O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas forestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial alemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.
Toponimia e etimoloxía
editarO nome empregado para designar a montaña no seu conxunto escríbese «Kilimanjaro», en galego e inglés, e «Kilimandjaro» en francés. Tamén é denominado, Ol Doinyo Oibor en maa, que significa 'montaña branca' ou 'montaña brillante'.[1] O seu nome foi adoptado en 1860, e a súa orixe estaría no termo suahili Kilima Njaro.[2] O nome Kilimanjaro xa foi obxecto de temperáns estudos toponímicos, e o explorador e lingüista alemán Johann Ludwig Krapf consideraba que significaba a 'montaña do esplendor', sen máis explicacións.[3] En 1884, Gustav Adolf Fischer, tamén explorador e naturalista alemán, afirmou que njaro era un demo do frío, unha idea compartida polo xeógrafo Hans Meyer durante a súa ascensión en 1889, mais o termo njaro só era coñecido polos habitantes da costa e non polos que vivían no interior, que ademais só crían en espíritos benfeitores.[3] O explorador Joseph Thomson foi o primeiro en supoñer, en 1885, que significaba 'montaña brillante'. Para a explicación do significado de kilima hai moitas hipóteses, ningunha exenta de problemas, nas que se fai derivar de distintas palabras de diversos idiomas locais, ás veces con interferencias entre eles. Segundo unha hipótese, en suahili o diminutivo kilima significa 'outeiro' ou 'montaña pequena', pero esta hipótese non explicaría por que non se empregou no seu lugar a palabra mlima que significa 'montaña' (montaña grande, como é o Kilimanjaro), a menos que fose unha deformación ou un uso diminutivo por razóns afectivas. Njaro refírese á brancura, o reflexo en suahili.[3] Por outra banda, na lingua maa, ngaro ou ngare designa a auga ou as fontes,[3] mais jaro tamén pode designar, en kichagga, unha caravana; e unha teoría alternativa propón como orixe os termos kilmanare/kilemanjaare, kilelemanjaare ou mesmo kileajao/kilemanyaro, cuxo sentido é respectivamente 'que vence o paxaro' ou 'o leopardo' ou 'a caravana'. Non obstante, este nome non sería importado ata mediados do século XIX polos chagga, os cales o que adoitaban facer era nomear separadamente cada un dos cumios que coñecían que compoñen o conxunto do Kilimanjaro, polo que esta explicación sería anacrónica.[3]
O Kilimanjaro componse de tres cimas ou picos principais: o Shira, o Mawenzi (en kichagga, Kimawenze ou Mavenge, que significa 'cumio dividido', cuxa aparencia sería obxecto dunha lenda local)[3][4] e Kibo (en kichagga, Kipoo ou Kiboo, que significa 'manchado', a causa dunha escura rocha que sobresae entre as neves perpetuas,[3] tamén chamado Kyamwi, 'o luminoso').[4] Neste último está o punto culminante do conxunto, o pico Uhuru (en suahili, 'liberdade'). Anteriormente fora bautizado como Kaiser-Wilhelm-Spitze de 1889 a 1918, en honra a Guillerme II de Alemaña a consecuencia da colonización da África Oriental Alemá trala firma de varios tratados entre Carl Peters e os dirixentes locais, ata o traspaso de Tanganica baixo a administración do Reino Unido.[5]
Xeografía
editarSituación
editarMapas topográficos de Tanzania (á esquerda) e do Kilimanjaro e o monte Meru (á dereita). |
O Kilimanjaro elévase no nordeste de Tanzania a 5 891,8 m de altitude segundo medidas realizadas en 2008 por posicionamento GPS e gravimetría, e que corrixen a cifra de 5 895 m obtida en 1952 por un equipo británico.[6][7] A súa altitude, que foi obxecto de distintas medicións dende 1889 (con resultados que variaban ata en cen metros),[8] convérteo no punto máis elevado de África, polo que forma parte dos denominados «Sete Cumios». Encóntrase situado preto da fronteira de Tanzania con Kenya, que pasa ao pé das vertentes norte e leste da montaña. Emerxe só da sabana que o rodea, sobresaíndo cun desnivel de 4 800 a 5 200 m, o que a converte tamén na montaña illada máis alta do mundo.[9][10] Cobre unha superficie de 388 500 ha.[11]
A montaña é un complexo volcánico de forma oval de 70 km de noroeste a sueste, por 50 km de nordeste a suroeste, e encóntrase a 340 km ao sur do ecuador.[12] O monte Meru encóntrase a 75 km ao suroeste e o monte Kenya, o segundo cumio máis alto de África, a 300 km ao norte. A cidade máis próxima, Moshi, está situada en Tanzania, ao sur da montaña, e constitúe o principal punto de partida para a súa ascensión. O aeroporto internacional do Kilimanjaro, en servizo dende 1971, está situado a 50 km ao suroeste da montaña, comunica toda a rexión e os seus parques. Dodoma, a capital actual, e Dar es Salaam, a capital antiga, encóntranse a 380 km ao suroeste e a 450 km ao sueste respectivamente, mentres que Nairobi, en Kenya, está situada a 200 km ao nor-noroeste. A costa do océano Índico encóntrase a unha distancia de 270 km ao leste (pero, a pesar da distancia, con condicións climáticas favorables pódese ver o océano dende o cumio).[13]
Administrativamente, a montaña forma parte da rexión do Kilimanjaro, a cabalo entre os distritos de Hai, Moshi Rural e Rombo, onde se atopa o punto máis elevado e a maior parte da montaña. Está incluído totalmente no Parque Nacional do Kilimanjaro.
Topografía
editarO Kilimanjaro é un estratovolcán de forma xeral cónica. Componse de tres picos que son tamén volcáns extintos: o Shira, no oeste, de 3 962 metros de altitude; o Kibo, no centro, de 5 891,8 m; e o Mawenzi, no leste, de 5 149 m.
O Kivo está coroado na cima cunha caldeira elíptica, de 2,4 km de longo e 3,6 km de ancho, pechando un cráter chamado cráter Reusch, de 900 m de diámetro, en cuxo centro se encontra un cono de cinza, de 200 m de diámetro, denominado Ash Pit.[9][14] O cumio principal, na marxe meridional do seu cráter externo, chámase pico Uhuru; outros puntos notables do Kibo son o Cono Interior, a 5835 m altitude; o punto Hans Meyer, o punto Gilman, o punto Leopardo e a brecha de Yohanas, bautizada así en honra ao guía que acompañou a primeira ascensión da montaña. No suroeste do cume, un gran corremento de terra deu a luz, hai uns 100 000 anos, á abertura occidental (Western Breach) que domina o val Barranco (Barranco Valley).[10]
En ocasións considérase ao Mawenzi como o terceiro pico máis alto do continente africano, despois do monte Kenya.[14] Está moi erosionado e actualmente ten a aparencia dun dique no que destacan o pico Hans Meyer, o pico Purtscheller, o pico Sur e o pico Nordecke. Na súa base, parten varios barrancos cara ao leste, sobre todo o Gran Barranco (Great Barranco) e o Barranco Menor (Lesser Barranco). The Saddle (en galego, a sela), é unha meseta de 3 600 ha localizada entre o Mawenzi e o Kibo.
O Shira, no que destaca o punto Johnsell, está constituído por un semicráter deformado do que non quedan máis que as marxes sur e oeste. No nordeste do mesmo, sobre unhas 6 200 ha, a montaña presenta unha superficie en forma de placa. A ambos os lados destes tres picos hai cerca de 250 conos satélites, situados nun eixe noroeste/sueste.[11]
Hidroloxía
editarO casquete glaciar do Kilimanjaro encóntrase confinado no Kibo; no ano 2003 cubría unha superficie de dous quilómetros cadrados. Está constituído polo graciar Furtwängler no cumio, os glaciares Drygalski, Great Penck, Little Penck, Pengalski, Lörtscher Notch e Credner a nivel do campo de xeo norte (en inglés Northern Icefield), os glaciares Barranco (o Little e Big Breach), Arrow e Uhlig ao oeste, Balletto, Diamond, Heim, Kersten, Decken, Rebmann e Ratzel a nivel do campo de xeo sur (Southern Icefield) e finalmente o campo de xeo leste (Eastern Icefield). A variabilidade xeográfica das precipitacións e da insolación explica a diferenza de tamaño entre os diferentes campos de xeo.[15]
Este casquete glaciar era claramente visible noutros tempos, mais estase a reducir de xeito drástico.[16] Cubría unha superficie de 12,1 km² en 1912, 6,7 km² en 1953, 4,2 km² en 1976 e 3,3 km² en 1996. Durante o século XX, perdeu o 82% da súa superficie,[15] uns dezasete metros de espesor de media entre 1962 e 2000.[17] Cada vez é máis tenue e, de persistir as actuais condicións climatolóxicas, calcúlase que desaparecerá totalmente cara ao ano 2020 segundo expertos da NASA e o paleoclimatólogo Lonnie Thompson, profesor da Universidade Estatal de Ohio,[18][19] ou 2040 segundo un equipo científico austríaco da Universidade de Innsbruck,[20] ou ata 2050 segundo a Academia de Ciencias de California. O xeo dalgunhas vertentes podería perdurar uns anos máis debido a diferentes condicións climáticas locais.[20] A situación actual sería comparable á existente hai 11 000 anos, de acordo cos resultados das extraccións de diversos núcleos de xeo.[17]
O casquete glacial diminúe aproximadamente dende 1850 debido a unha baixada natural das precipitacións da orde de 150 mm, mais esta tendencia viuse acelerada sensiblemente durante o século XX. O quecemento global actual é citado xeralmente como causa desta rápida desaparición,[21]e indícase que a acusada decadencia actual da capa de xeo é particularmente notable tendo en conta que se mantivo canto menos durante 11 000 anos e sobreviviu a unha prolongada seca hai uns 4 000 anos, que durou máis de 300 anos.[17][18] Deste xeito, a temperatura media diaria aumentou en 3 °C durante os trinta últimos anos en Lyamungu, a 1230 m de altitude sobre a vertente meridional.[22] Non obstante, a temperatura permanece constantemente por debaixo dos 0 °C na altitude onde se encontran os glaciares, polo que Georg Kaser, da Universidade de Innsbruck, e Philip Mote, da Universidade de Washington indicaron que a forte regresión do glaciar era debida sobre todo a unha baixada das precipitacións.[23][24] A isto uniríase unha evolución local provocada pola deforestación, que se traduce nunha redución da cuberta vexetal boscosa e unha diminución da humidade ambiental. Evidénciase un paralelismo entre a diminución do casquete glaciar e a taxa de regresión do bosque, máis intensa sobre todo a principios do século XX e en vía de estabilización.[15][22] O característico aspecto con paredes de bordos verticais dos xeos do cumio, mostra que o glaciar é sublimado pola radiación solar, despois dunhas décadas húmidas no século XIX; este fenómeno acelérase probablemente por unha reducida diminución do albedo durante o século XX, particularmente nos anos 1920 e 1930.[16][25] Outro fenómeno que favorece a diminución da capa de xeo está provocado pola absorción de calor da rocha volcánica escura sobre a que se sustenta e a difusión desta calor na base dos glaciares, que, como consecuencia, se derreten, tórnanse inestables e fractúranse, aumentando a superficie exposta á radiación solar.[26]
Os cursos de auga resultantes do derretemento dos xeos alimentan de forma significativa dous ríos da rexión, mais o 90% das precipitacións son absorbidas polos bosques locais. Polo tanto, a desaparición dos glaciares non debería ter un impacto directo duradeiro sobre a hidroloxía local, contrariamente á deforestación e á presión antrópica que se traduce nunha multiplicación por catro das desviacións de auga para a irrigación dende final do século XX. Os bosques do Kilimanjaro reciben 1 600 millóns de metros cúbicos de auga ao ano, incluído un 5% por precipitacións producidas por contacto das nubes de néboa co bosque. Dúas terceiras partes voltan cara á atmosfera pola evapotranspiración. O bosque xoga logo un papel triplo de reserva: no solo, na biomasa e no aire. Dende 1976 as precipitacións por contacto das nubes de néboa diminuíron por termo medio en vinte millóns de metros cúbicos ao ano, isto é, aproximadamente o volume do casquete glaciar actual cada tres anos, o que supón que achegaron un 25% menos de auga en trinta anos, equivalentes ao consumo anual de auga potable dun millón de chaggas.[21]
Xeoloxía
editarPor se encontrar na marxe oriental do val do Rift, o Monte Kilimanjaro, que mostra ter tido grande actividade volcánica no Plistoceno, non se encontra totalmente illado na planicie africana, pois está acompañado por outros tres conos volcánicos, orientados nun eixe leste-suroeste: o máis antigo, Shira, ao oeste, cunha altitude de 3 962 m; Mawenzi ao leste, cunha altitude de 5 149 m, e, entre eles, Kibo, que é o máis recente e mostra aínda sinais de actividade, na forma de fumarolas. Entre o Kibo e o Mawenzi hai unha plataforma con preto de 3 600 ha, chamada a “sela” (“the Saddle”, en inglés), que forma a maior área de tundra de altitude en África.
Tectónica
editarDurante o Xurásico e o Cretáceo tivo lugar unha forte erosión na rexión correspondente ao actual Kilimanjaro e seguidamente formouse unha meseta composta por gneis e granulita que data do Precámbrico. O relevo pouco a pouco foise aplanando a partir do Paleoceno: formáronse chairas ao norte e ao leste; apareceron inselbergs no noroeste e sueste; e evacuáronse aluvións cristalinos ao sur.[27]
O Gran Val do Rift, que discorre a través da África Oriental de norte a sur, nace no mioceno co inicio da escisión da placa somalí da placa africana. Na rexión que corresponde a unha rama oriental deste rift, aparecen fallas no Plioceno e acumúlanse aluvións recubrindo a maior parte dos inselbergs. As fallas fomentan a apertura de graben (fosas tectónicas) e o aumento do magma. O Kilimanjaro e o monte Meru emerxen ao nivel dun graben que toma unha dirección oeste-norte-oeste/leste-sur-leste, formando o limiar de Amboseli.[27]
Oroxénese
editarO vulcanismo do Kilimanjaro iníciase no Plioceno, e a creación do seu edificio (coñécese como edificio volcánico á estrutura dun volcán) desenvolveuse en catro grandes fases que emitiron un total de 5 000 km³ de rochas volcánicas.[27] As tres últimas formaron os estratovolcáns imbricados que constitúen o Shira, o Kibo e o Mawenzi. O rift con orientación oeste-norte-oeste / leste-sur-leste que os atravesa tamén deu orixe a numerosos conos satélites, repartidos en aproximadamente oito zonas. Unhas bocas eruptivas situadas no cumio parecen ter estado activas durante o holoceno.[9]
- Nacemento do paleovolcán de Kilema
Esta fase, probablemente de hai máis de 2,5 millóns de anos, é pouco coñecida debido ao escaso número de datacións radiométricas efectuadas no volcán e do enterramento das coadas baixo outras máis recentes, no entanto varios indicios xeomorfolóxicos sosteñen a súa existencia.[27]
Estratos producidos por relevo invertido encóntranse ao nivel das dorsais de Kilema no sur, de Kibongoto no suroeste e de Ol Molog no nordés. A modelaxe do edificio que sería responsable do anterior, permite determinar que as coadas proveñen de rifts e colmaron as fallas principais da fosa tectónica.[27]
Ao oeste, entre as dorsais de Ol Molog e de Kibongoto, o particular relevo en forma de caldeira esborrallada ou de circo natural acolleu o Shira que o encheu en parte. O produto da erosión foi evacuado cara ao oeste e posteriormente cuberto polo monte Meru. É responsable da singular orientación do rift na rexión.[27]
Un relevo relativamente similar, marcado pola depresión de Ra pódese atopar ao sur, entre as dorsais de Kibongoto e de Kilema. Está colmado en parte polos produtos do Kibo, situado no seu extremo setentrional. No entanto, máis ao sur, na beira do encoro Nyumba ya Mungu, diversos depósitos volcánicos poderían confirmar a hipótese dun desventramento da vertente meridional do paleovolcán.[27]
O volume emitido por este paleovolcán podería representar preto dos dous terzos do volume actual.[15]
- Nacemento do Shira
Este acontecemento remóntase a entre 2,5 e 2 millóns de anos;[14] estivo caracterizado por importantes emisións volcánicas xunto e ao longo das dorsais de Ol Molog (ou Shira Norte) e de Kibongoto, orientadas aproximadamente norte / sur. Un volcán en escudo basáltico (traquibasaltos, ultramáficas, nefelina) relativamente alongado iníciase a partir do fluxo piroclástico, tufos e lava. Paralelamente, fisuras do terreo poñen en evidencia unha inclinación acentuada das coadas, mostrando que o edificio ascende.[27]
O Shira caracterízase por unha caldeira aberta cara ao nordés, mais onde os muros montañosos están aínda fortemente marcados no oeste e no sur. Un cento de diques, testemuños da última actividade do Shira, elévanse no seu centro. Talvez foi incrementada por unha caldeira exterior e quedan algúns rastros. A erosión, principalmente glaciar, e posteriormente as emisións do Kibo modelaron significativamente o relevo do Shira.[27]
- Nacemento do Mawenzi
Este acontecemento remóntase a entre 1,1 e 0,7 millóns de anos, como resultado da migración cara ao leste dos procesos magmáticos ao nivel da antiga dorsal de Kilema.[14] Este proceso produciuse dun xeito relativamente feble pero continuo e desenvolveuse en dúas etapas principais. Ao principio, o Mawenzi recibiu intrusións basálticas cuxa estrutura coñécese como Neumann Tower así como finas extrusións de traquibasaltos e de traquiandesita que forman conos e necks erosionados: South Peak, Pinnacle Col e Purtscheller Peak. A erosión posvolcánica é moi importante e, debido á finura dos materiais (tobas, cinzas), o relevo toma un aspecto caótico e moi despedazado, deixando emerxer as láminas. Nun segundo momento, cara a hai 0,6 - 0,5 millóns de anos, un ou varios fluxos piroclásticos xurdiron do bordo nordés da caldeira de 65 quilómetros de diámetro. Iníciase unha erupción peleana con emisións de piroclastos e lahares dos que se encontran rastros ata Kenya. Ao final destas erupcións, o Mawenzi estivo sometido a unha segunda erosión a causa da glaciación da montaña.[27]
- Nacemento do Kibo
Este acontecemento é o que se coñece mellor, remóntase a entre 0,6 e 0,55 millóns de anos e é do que máis se sabe, e nel identificáronse cinco etapas. Ata hai 0,4 millóns de anos produciuse a formación dun estratovolcán cónico, comparable ao Mawenzi, probablemente sobre a dorsal Kibongoto. Nese período as erupcións son irregulares e favorecen a erosión e os depósitos de morena xerados polo primeiro período de glaciación. Os materiais emitidos compóñense de traquitas, traquiandesitas de oligoclasios, traquibasaltos e basaltos de olivina, con presenza de fenocristais de feldespato. Conclúen cun evento explosivo chamado Weru Weru, con abundantes piroclastitas e lahares, ao sur e suroeste da caldeira, así como as primeiras irrupcións de conos secundarios na zona de Ol Molog. Hai entre 0,4 e 0,25 millóns de anos, formouse un novo domo de lava de traquitas e fonolitas a 1,6 km ao nordés. Emitiu coadas de lava de pórfiro que provocaron o afundimento do edificio e a aparición de intrusións de sienitas. O segundo período de glaciación causou unha maior erosión. Fórmase un lago, como o demostra a presenza de lavas almofadadas. Hai entre 0,25 e 0,1 millóns de anos, sucédense erupcións de tipo pliniano. As repercusións chegan ata Kenya. A erosión causada polo terceiro período de glaciación conduce a un afundimento parcial e o baleiramento da caldeira elíptica de 1,9 por 2,3 km, en particular por lahares e fluxos piroclásticos. Entre hai 100 000 e 18 000 anos, formáronse no interior dos restos do anterior a caldeira e o domo actuais. As pegadas de erupcións freáticas e de erosión validan a existencia da cuarta e quinta glaciacións, intercaladas de episodios máis húmidos con existencia de acuíferos no holoceno. Finalmente, entre hai 18 000 e 5 000 anos, o Kibo alberga un lago de lava. A súa drenaxe crea o Pit Crater cubrindo o cumio de escoura,[27] e a vertente norte de coadas de lava.[14]
Aínda que non existen rexistros da última erupción somital (do cumio),[28] e que actualmente se considera un volcán inactivo, o Kilimanjaro aínda experimenta algunhas sacudidas sísmicas e emite en ocasións fumarolas que emanan dióxido de carbono, dióxido de xofre e ácido clorhídrico no fondo do cráter Reusch, cuxa temperatura en superficie acada os 78 °C.[27] En 2003 concluíuse que existía magma a 400 m de profundidade baixo o cráter do cumio.[29] Por outra banda, no pasado tiveron lugar varios afundimentos e corrementos de terra, un dos cales creou a Western Breach (brecha occidental). As últimas erupcións tiveron lugar ao longo da dorsal de Rombo e no maar do lago Chala que medía 3,2 km de diámetro, máis de 90 m de profundidade e estaba situado a sueste do volcán. As erupcións que se sucederon foron segundo os casos de tipo estromboliano, vulcaniano ou hawaiano. Isto reflicte a complexidade dos ciclos de apertura dos rifts, a migración nas dorsais do volcán e a diferenciación do magma.[27] Estas erupcións crearon conos satélites dun centenar de metros de altura.[14]
Composición dos solos
editarOs cambisois do Paleoceno en altitude testemuñan a variación da cuberta forestal. Deste xeito, o Kilimanjaro coñeceu períodos favorables ao desenvolvemento da vexetación entre -30 000 e -40 000 e entre -6 000 e -8 000 anos. Os períodos fríos desfavorables implican pola contra unha forte erosión, principalmente por solifluxión. Aínda se dan estes fenómenos na marxe dos glaciares actuais. O estudo dos solos tamén pon en evidencia unha maior estacionalidade que durante o Plioceno.[15]
Clima
editarO clima no pasado
editarXeneralidades
editarO clima do pasado determínase empregando varios métodos, coma o estudo dos niveis dos lagos, o caudal dos ríos, os sistemas de dunas, a extensión dos glaciares ou mesmo o estudo do pole.[30] Canto máis se retrocede no tempo, máis aproximados se volven os sinais. Aínda que o clima pode deducirse para un lugar determinado ata uns 20 000 anos antes,[31] debe terse en conta o clima de practicamente todo o continente africano e logo axustar os resultados empregando analoxías para rastrexar o clima de ata hai cinco millóns de anos. Entre as dificultades ligadas a retroceder períodos tan longos figuran a desigual distribución dos rexistros e a carencia de vexetación fósil debido ás condicións desfavorables.[30]
En grandes escalas de tempo, o clima réxese polas variacións orbitais, que manifestan o cambio na cantidade de radiación solar que chega á Terra e que teñen un papel importante na debilitación ou fortalecemento do monzón. Algúns investigadores, como F. Sirocho e o seu equipo, suxiren que a forza dos monzóns está relacionada co albedo no Himalaia. As temperaturas máis frías no inverno do hemisferio norte provocan unha maior reflexión dos raios sobre a neve e o xeo, e monzóns de verán máis febles e, finalmente, un clima máis seco na África Oriental.[32] A forza dos monzóns está vinculada ás variacións orbitais cun desfasamento de arredor de 8 000 anos. En xeral, o máximo dos monzóns prodúcese 2.500 anos despois dun mínimo glaciar e correspóndese cunha temperatura mínima da superficie do océano.[33]
Dende o inicio do Cuaternario, o hemisferio norte tivo 21 glaciacións importantes, que se fixeron sentir ata na África Oriental.[30] As pegadas destes arrefriamentos do clima na África Oriental encóntranse no Kilimanjaro, no monte Kenya, nas Montañas Rwenzori e no monte Elgon. Son todos focos illados de ecosistemas alpinos similares, con fauna e flora idénticas. Isto significa que o ecosistema era máis amplo, de baixa altura, e que debeu cubrir todas estas montañas.[34] Non obstante, terían que sobrevivir bolsas do ecosistema actual das chairas, xa que do contrario as especies se extinguirían neste medio ambiente.[35] Unha explicación alternativa suxire que nesta escala de tempo de varios millóns de anos, a probabilidade de que os tornados tiveran levado a flora e a fauna ás montañas é alta.[36]
Historia climática rexional
editarNo inicio da formación do volcán hai 2,5 millóns de anos, tivo lugar a primeira das 21 glaciacións importantes do Cuaternario no hemisferio norte, e a África tropical sufriu temperaturas máis baixas que as actuais. Seguiulle un período dun millón de anos máis seco, unha tendencia que continúa hoxe a nivel mundial.[30]
Hai 150 000 anos produciuse o máximo da glaciación de Riss, a penúltima glaciación importante e a maior do Plistoceno. A esta seguiulle a interglaciación de Eem, máis húmida e máis cálida que o momento actual.[37] A continuación, unha fase árida dende -100 000 a -90 000 anos é a responsable da formación das dunas ata a África austral,[38] substituída por unha fase curta pero de frío intenso dende -75 000 a -58 000 anos. No final deste período, produciuse o primeiro dos eventos de Heinrich (H6), liberando unha gran cantidade de xeo no Atlántico Norte,[39] dando como resultado unhas temperaturas máis frías no hemisferio norte e unha diminución na intensidade do monzón.[37][38] Outros acontecementos de Heinrich sucedéronse cunha seca asociada co clima da África Oriental a -50 000, -35 000, -30 000, -24 000, -16 000 e finalmente, hai 12 000 anos, no Dryas recente. Segundo os datos recollidos na conca do río Congo, o período de -31 000 a -21 000 foi seco e frío, cunha estratificación da vexetación en diminución. As especies forestais presentes na alta montaña foron cada vez máis especies de montaña baixa, moi xeneralizadas a altitude baixa.[30] Non obstante, Lowe e Walker suxiren que a África oriental era máis húmida que nos nosos días. Esta discrepancia pode explicarse pola dificultade de asociar diferentes lugares xeográficos coas datas.[39]
A última gran glaciación desenvolveuse de -23 000 a -14 000 anos cunha fase moi seca en África, cos desertos estendéndose centos de quilómetros máis ao sur que no presente.[40] O monzón de verán é máis feble,[41] as temperaturas son de 5 a 6 °C inferiores ás temperaturas actuais e prodúcese unha retirada xeral da selva.[30][31] As morenas que datan de finais do último máximo glacial en África Oriental mostran que o monzón do sueste do período é máis seco que o monzón do nordeste actual, xa relativamente pouco húmido. Os estratos poderían ter grandes implicacións nesta tendencia un tanto fría e chuviosa.[30]
Hai 13 800 anos, o clima volveuse húmido e os bosques de montaña propagáronse de novo.[39] O monzón fortaleceuse,[41] os niveis dos lagos e os caudais dos ríos na África Oriental foron en aumento.[30][39] A vexetación alpina nesta época está limitada pola temperatura e non pola seca.[41] Antes do Dryas recente, as temperaturas acadaron os seus valores actuais, mais a cuberta forestal seguía a ser incompleta, e cando este período se iniciou, o monzón debilitouse e diminuíu o nivel dos lagos da África Oriental.[39] Por último, os bosques acadaron a súa cobertura e densidade actuais despois do Dryas recente, cando o clima se volveu húmido.[32] Durante os 5 000 anos seguintes, a tendencia higrométrica continuou globalmente a pesar de novas oscilacións.[30][40][42] Nos últimos 5 000 anos e ata a actualidade, o monzón debilitouse gradualmente.[42] Despois chegou un mínimo de temperaturas entre hai 3 700 e 2 500 anos durante a Pequena Idade de Xeo, sentidas de novo entre os anos 1300 e 1900, mentres que o permafrost subsiste nas montañas.
Glaciacións do Kilimanjaro
editarAs glaciacións na África oriental están asociadas con climas máis fríos e máis secos, con menores precipitacións que subsisten baixo a forma de neve. Os estratos que dominarían durante estas glaciacións poderían ter daquela grandes implicacións nesta tendencia fría e un pouco chuviosa.[30]
A datación das glaciacións do Kilimanjaro é posible a través do estudo da súa xeomorfoloxía: morenas, vales glaciares, circos glaciares, lagos de orixe glaciar. Deste xeito puxéronse en evidencia cinco glaciacións no Kibo: a máis antiga data de -500 000 anos e foi certificada aos pés do sitio chamado Lava Tower, ao oeste do cume; a segunda glaciación data de -300 000 anos e é claramente visible sobre todo no Bastion Stream, cerca do sitio anterior, e arredor do volcán, onde creou vales en forma de U, sobre todo na vertente meridional; a terceira glaciación data -150 000 anos e probablemente foi unha das máis grandes na historia do volcán; seguiulle a cuarta glaciación entre -70 000 e -50 000 que viu un forte avance no val sueste (South East Valley); a quinta glaciación, hai aproximadamente 18 000 anos, está datada no cráter do cume.[15] Un ciclo máis quente esténdese dende -11 700 anos, aínda que as últimas series de avances glaciais de menor importancia producíronse probablemente na Pequena Idade do Xeo e deixaron morenas na parte inferior dos glaciares existentes.[17] Só as tres últimas glaciacións son visibles no Mawenzi e só a terceira no Shira, aínda que hai indicios de glaciacións máis antigas.[15]
Clima actual
editarTemperatura e precipitacións
editarAs condicións climáticas varían en función das vertentes do Kilimanjaro. Así, na ladeira sur, caen 850 mm de precipitacións por ano en Moshi, a 800 m de altitude; 992 mm en Kikafu, a 960 m de altitude; 1 663 mm en Lyamungu, a 1 230 m de altitude, e 2 184 mm en Kibosho, a 1 479 m de altitude. Mentres, na vertente oriental caen 1 484 mm en Mkuu, a 1 433m de altitude (estes datos deben tomarse con cautela debido aos diferentes métodos empregados). O máximo altitudinal de precipitacións sitúase entre os 2 400 e os 2 500 m de altitude na vertente sur e non se determinou aínda noutras pendentes. Ademais, o réxime de precipitacións é máis complexo coa aparición de precipitacións por contacto das nubes de néboa coas árbores a nivel do bosque e logo unha forte diminución con 1 300 mm no refuxio Mandara a 2 740 m, 525 mm no refuxio de Horombo, a 3 718 m de altitude e menos de 200 mm por ano por riba do refuxio Kibo, a 4 630 m de altitude.[22][43] Os intercambios por convección que constitúen o ciclo da auga entre os distintos niveis da vexetación do Kilimanjaro son moi importantes en termos bioclimáticos.[22]
Aos pés do Kilimanjaro, a temperatura media anual é de 23,4 °C se ben é de 5 °C a 4 000 m de altitude e de -7,1 °C no cumio do Kibo. En consecuencia, o gradiente de temperatura adiabática é duns 0,6 °C cada cen metros.[44]
Variacións diarias
editarEntre os 4 000 e os 5 000 m de altitude, pódense producir entre a noite e o día flutuacións de temperatura relativas de 40 °C.[45][46][47]
Durante as dúas estacións de chuvias, o Kilimanjaro está case sempre rodeado de nubes e poden caer precipitacións en calquera momento do día. En contraste, durante as dúas estacións secas, a montaña sofre variacións meteorolóxicas diarias que seguen un patrón regular: a mañá é clara e fresca con pouca humidade; a montaña recibe directamente a luz solar e a temperatura aumenta rapidamente ata acadar un pico entre as sete e as dez. A diferenza é máxima cara aos 2 800 m de altitude. Ao mesmo tempo, as presións polo xeral alcanzan o seu pico ás dez. A baixa altura, comezan a formarse as nubes. Os ventos anabáticos causados polo aire quente ascendente provocan que progresivamente estas nubes suban ao cumio no inicio da tarde, causando un descenso gradual da temperatura a media altura. Entre as dez e as quince horas, a humidade é menor entre os 4 000 e os 5 000 m de altitude e a radiación solar no solo é menos intensa. Ás dezaseis horas, a presión presenta unha crista. As nubes seguen ascendendo, chegando finalmente as correntes de aire seco do leste, deixando un día claro a partir das dezaoito horas. Outro pico de temperatura ten lugar entre os 3 200 e os 3 600 m de altitude.[48]
Sistema climático estacional
editar- Modelo contemporáneo
O Kilimanjaro está suxeito a un clima tropical de sabana. Caracterízase por unha estación seca pronunciada, con temperaturas temperadas, dende mediados de maio ata mediados de outubro, e unha estación chuviosa curta, de mediados de outubro ata finais de novembro, que se coñece como «choivas curtas» (en inglés, short rains), seguida por un período cálido e seco dende principios de decembro ata finais de febreiro e, por último, unha longa tempada de choivas de marzo a mediados de maio, as «choivas longas» (long rains).[49]
O cinto de baixas presións arredor do ecuador, coñecido como a zona de converxencia intertropical (ZCIT) é responsable da alternancia de períodos húmidos e secos.[50] Durante as dúas tempadas secas, a ZCIT encóntrase sobre a península de Arabia, en xullo, e entre o sur de Tanzania e o norte de Zambia, en marzo. Cando as baixas presións se desprazan dun extremo a outro, a rexión ten unha estación chuviosa. A cantidade de precipitacións varía de ano en ano e depende da temperatura da superficie do mar no océano Atlántico e o océano Índico, así como do fenómeno coñecido como El Niño.[51] As augas cálidas e un Niño forte causan choivas torrenciais.[52]
Durante todo o ano, excepto en xaneiro, unha baixa presión localizada sobre o Tíbet provoca ventos en forma de ferradura dende o océano Índico, por debaixo de África oriental e ata a India. A nivel local, no Kilimanjaro, o efecto dá lugar a ventos predominantes do sueste. En xaneiro, prodúcese unha inversión con ventos do norte-leste.[51] O Kilimanjaro, que se eleva abruptamente, convértese nun grande obstáculo para eses ventos dominantes. Durante a tempada de choivas, o monzón no océano Índico achega aire saturado de auga, completamente estratificado e nubro. A maior parte das veces é desviado arredor dos flancos da montaña e, finalmente, a circunda, especialmente de xuño a outubro.
- As estacións vistas polos chagga
A principal diferenza entre o modelo estacional tradicional experimentado polos chagga e a visión moderna é a existencia dunha quinta temporada chamada «a tempada das nubes», que se deriva do seu coñecemento da franxa altitudinal baixa a media nas ladeiras sur e leste do Kilimanjaro. Esta tempada xoga un papel importante para eles no ciclo agrícola. De feito, as fortes choivas producidas por contacto das nubes nos bosques de nubes e brétema non só contribúen a rexenerar a vexetación, senón que tamén alimentan os ríos que alimentan as canles de rego a continuación. Na vertente oriental, ao longo da dorsal de Rombo, entre Taraki e Mwika, esta quinta tempada está limitada desde principios de xullo ata mediados de agosto, sen nubes e sometida a un forte vento do leste. Esta particularidade pódese apreciar na vexetación.[22]
Os nativos senten os cambios bioclimáticos a través dun resecamento persistente, desde finais de 1960, dos ríos existentes no pasado de xeito case continuo na vertente oriental. Este achado está probablemente relacionado coa baixada de precipitacións causada pola deforestación, o retroceso dos glaciares e os seus propios arranxos para acaparar a pouca auga que aínda corre unha ou dúas semanas ao ano.[22] Estes cambios tamén provocan unha diminución do potencial hidroeléctrico, da pesca, do cultivo do arroz e da produción de cana de azucre nas rexións circundantes.[21]
Flora e fauna
editarChairas
editarAs lowlands ou terras baixas, asociadas aproximadamente ás chairas que rodean o Kilimanjaro, sitúanse a entre 800 e 1 600 m de altitude. O clima é moi cálido e seco. É unha contorna aberta onde o lume, frecuentemente desencadeado e controlado polos pastores masais, desempeña un papel primordial. A vexetación está formada principalmente por sabanas que contan con numerosas especies de herbas (Hyparrhenia dichroa, Hyparrhenia rufa, Pennisetum mezianum, Pennisetum clandestinum), e outras anxiospermas (Trifolium semipilosum, Trifolium usambarense, Parochetus communis, Streptocarpus glandulossinus, Coleus kilimandscharica, Clematis hirsuta, Pterolobium stellatum, Erlangea tomentosa, Caesalpinia decapetala), árbores como os baobabs (Adansonia digitata), arbustos (Commiphora acuminata, Stereospermum kunthianum, Sansevieria ehrenbergii) e plantas espiñosas (Acacia mellifera, Acacia tortilis, Commiphora neglecta) que se encontran por debaixo dos 1 400 m de altitude ao oeste e de 1 000 m de altitude ao leste. Estas árbores e arbustos son empregados polas poboacións locais con fins domésticos (alimentación, medicinas, leña, forraxe, elaboración de peches etc.) ou artesanais (fabricación de obras de arte), e as parcelas deforestadas son transformadas en campos de cultivo de regadío: cultivos de horta e cereais (Cajanus cajan, feixóns, xirasol, Eleusine coracana, milloetc.), plátanos, cafetos, aguacates ou eucaliptos.[22][45]
A vexetación das chairas alberga numerosas aves, como Pycnonotus barbatus, Cossypha heuglini, Colius striatus ou Nectarinia kilimensis, e mamíferos como os gálagos Otolemur monteiri e Otolemur crassicaudatus, roedores como Rhabdomys pumilio, o porco formigueiro (Orycteropus afer), antílopes como o dik-dik Madoqua kirkii, e o sitatunga (Tragelaphus spekii), ou damáns como Dendrohyrax arboreus, perseguido pola xeneta (Genetta genetta).[45][53]
Monte
editarO bosque tropical, situado aproximadamente entre os 1 600 e 2 700 m de altitude, divídese en catro zonas diferenciadas. Os bosques da zona de monte son vulnerables debido á actividade humana (deforestación no límite inferior, incendios provocados no límite superior) e o cinto que o forma é de tamaño moi desigual; ao norte e ao oeste é moi reducido.[22] A fragmentación do bosque é responsable dunha perceptible extinción das especies de grandes mamíferos.[54]
O bosque alberga distintas especies de primates, como o Cercopithecus mitis, os colobos Colobus angolensis e Colobus guereza, así como o babuíno Papio anubis. Entre os demais mamíferos, o leopardo (Panthera pardus pardus), a mangosta Mungos mungo, o serval (Leptailurus serval), o súido Potamochoerus porcus, o ratel (Mellivora capensis) ou o porco espiño Hystrix cristata son difíciles de observar aínda que se aventuran frecuentemente na sabana.[53] Especies de aves ben adaptadas á vida no espeso dosel arbóreo son Bycanistes brevis, Tauraco hartlaubi, Tauraco schalowi, Musophaga violacea, Elminia longicauda, Terpsiphone viridis, Colius striatus e Cossypha semirufa.[53][55]
Esta selva encóntrase ameazada polos seus prolongados períodos de repouso vexetativo e non existe en realidade máis que en estado vestixial; ten sido case completamente substituída por cultivos de regadío de pedemonte. As especies que a compoñen son Terminalia brownii, Stereospermum kunthianum e varias do xénero Combretum.[22]
Situada ao sur e leste do volcán, forma unha extensa media lúa que vai dende Sanya Juu a Tarakea. É moi dependente das precipitacións producidas por contacto das nubes de néboa co bosque, mais tolerante con períodos máis secos. Recibe unha media de 2 300 mm de choiva ao ano. A flora varía en función das cantidades de auga recibida e a altitude; nesta selva podemos encontrar Juniperus procera, Olea europaea subsp. cuspidata, Olea welwitschii, Albizia schimperiana, Terminalia brownii, Ilex mitis, Ocotea usambarensis, Euclea divinorum, Prunus africana, Agauria salicifolia, Croton macrostachyus, Croton megalocarpus, Macaranga kilimandscharica, Impatiens kilimanjari, Viola eminii ou Impatiens pseudoviola, ademais de especies dos xéneros Combretum, Pittosporum, Tabernaemontana ou Rauvolfia. Este bosque sofre unha forte presión demográfica, en particular ao sur, onde se introduciron un gran número de plantacións entre as especies silvestres. Algunhas parcelas empréganse para a silvicultura e especies introducidas como o ciprés Cupressus lusitanica vense ameazadas pola aparición dunha especie de áfidos do xénero Aphis. Mentres que as cortas de árbores selectivas se recuperan con rapidez, as cortas indiscriminadas tardan cincuenta anos en ver reaparecer a súa diversidade vexetal. Esta progresión do límite agroforestal superior estase estabilizando grazas á declaración como reserva natural do bosque e pola concienciación dos agricultores locais do problema da escaseza de auga e acidificación dos solos que a deforestación provoca. Estes dous factores tamén son responsables en ocasións da ascensión paralela do límite inferior das plantacións que son substituídas pola sabana. Plans de recolonización favorecidos por un mellor coñecemento bioclimático dos chagga permiten encontrar equilibrios biolóxicos con especies arbóreas.[22][56][57]
O bosque de Njoro, ao sur de Moshi, é un bosque sagrado dende hai varios séculos e benefíciase ademais dun estatuto de protección. Probablemente por estas razóns é o último bosque pluvial que subsiste na chaira, aínda que sofre un lento retroceso. Está formado fundamentalmente por arbustos da especie Newtonia buchananii.[22]
-
Vexetación que compón a selva pluvial co monte Meru ao fondo.
-
O Mawenzi apréciase entre as plantacións de plátanos mesturados coa vexetación da pluviselva.
- O bosque de néboa
Caracterízase pola presenza da especie Podocarpus milanjianus e de numerosas epífitas como musgos e fentos que cobren arredor dun 80% das árbores. Este bosque está presente sobre a vertente meridional, entre os 2 300 e os 2 500 m de altitude. A auga é achegada case exclusivamente pola circulación da humidade xerada pola evapotranspiración do bosque pluvial, que crea frecuentes néboas. A estación seca é moi curta e a captación da auga en suspensión case nula.[22]
Nel encontramos Juniperus procera, así como Afrocarpus gracilior, Hagenia abyssinica, uz branca (Erica arborea, sobre todo na súa fase inicial de desenvolvemento) e algúns musgos e liques (Usnea articulata). Este bosque encóntrase nos escarpas cara ao oeste, norte e nordés, polo xeral entre os 2 500 e os 2 700 m de altitude. A diferenza do bosque de néboa, ten unha longa estación seca, e a humidade non circula por convección, senón pola precipitación producida por contacto das nubes de néboa co bosque causada polos fortes ventos do leste en forma de estratos que poden constituír o 60% da auga que reciben as plantas. Cómpre unha boa estruturación horizontal e vertical do bosque para que poida filtrar ben as partículas de auga en suspensión.[22]
-
Río Naremoru, que discorre polo bosque nubro.
Zona alpina
editar- Artigo principal: Pradeiras e matogueira de montaña.
Encóntranse entre os 2 800 e os 4 000 m sobre o nivel do mar e reciben entre 500 e 1 300 mm de precipitacións ao ano. Presenta unha vexetación composta de uces, onde a forma arborescente da uz branca (Erica arborea) é a máis característica, xunto a Erica excelsa. Estas dúas especies son pirófilas,[Nota 1] e colonizan os terreos incendiados anteriormente ocupados polo bosque nubro. Deste xeito viron descender o seu límite inferior de 700 a 900 m de altitude segundo as zonas baixo o efecto da antropización pastoral do pobo ongamo dende hai entre 200 e 400 anos dependendo da vertente. Cando aumenta a frecuencia dos incendios, unicamente as herbas dos xéneros Hyparrhenia e Festuca logran renovarse. Tamén encontramos outras plantas con flor como Protea caffra subsp. kilimandscharica e Kniphofia thomsonii. Nalgunhas zonas máis protexidas, logran desenvolverse novas especies naturais como Pinus patula, o que debilita o equilibrio do medio ambiente (diminución da biodiversidade, empobrecemento dos solos), agravado polo seu carácter inflamable. A vontade das autoridades do parque de loitar contra os incendios contravindo os pastores e os apicultores ten un efecto perverso: a zona entre o límite superior do bosque e as uceiras non é administrada de xeito harmonioso e os lumes non se controlan aínda que son necesarios para a supervivencia de certas especies.[22][57] Así, entre 1976 e 2005, a superficie do bosque de Erica arborea pasou de 187 a 32 km², o que equivale a unha diminución do 15% da cuberta vexetal total da montaña.[21]
Numerosas especies de aves paseriformes da familia Nectariniidae de vivas cores poboan o límite superior do bosque: Nectarinia mediocris, N. olivacea, N. verticalis, N. rubescens, N. amethysina, N. senegalensis, N. famosa, Anthreptes fraseri, Nectarinia kilimensis, N. tacazze e N. reichenowi. O mesmo ocorre coa aguia Lophaetus occipitalis.[55] Os roedores Rhabdomys pumilio, tamén moi presentes na sabana, constitúen unha das súas presas, ao igual que os tamén roedores Lophuromys aquilus, Dendromus melanotis e a Heterocephalus glaber. Por outra banda, mamíferos como búfalos cafres, leóns, leopardos, elefantes, eláns, cefalofos e hienas transitan ás veces a esta altitude para trasladarse dun punto a outro da chaira.[53]
-
En primeiro plano, un exemplar en flor de Protea caffra subsp. kilimandscharica, detrás dunhas uces brancas (Erica arborea).
-
Helichrysum newii en primeiro plano, no oco da rocha, e Erica excelsa (arbusto co tronco longo).
-
A ruta Mweka, que serpentea en medio da vexetación de uceiras e monte baixo.
-
Brezos sobre o Shira.
-
Femia de Nectarinia famosa sobre unha flor de Protea caffra.
-
Macho de Nectarinia famosa.
- Zona afroalpina
Os seus límites inferior e superior non están claramente definidos, mais sitúanse xeralmente entre os 4 000 e os 5 000 metros. Caracterízase por un clima seco, cunha media de 200 mm de precipitación anual e con diferenzas significativas na temperatura. As especies vexetais que viven nesta zona están perfectamente adaptadas aos rigores do clima e algunhas son endémicas.[57] Así, atopamos Lobelia deckenii, a única especie alpina de Lobelia que vive no Kilimanjaro.[58] O Dendrosenecio kilimanjari crece principalmente en Barranco, que é máis húmido e protexido que o resto da montaña á mesma altura. Outra especie de asterácea é a Helichrysum kilimanjari.[57] Algunhas matas de herbáceas salpican algunhas pradeiras húmidas: Pentaschistis borussica e especies dos xéneros Koeleria e Colpodium.[59]
Só unhas poucas especies de aves rapaces son capaces de alcanzar esta altitude: o miñato Buteo rufofuscus, a aguia Aquila nipalensis, o peneireiro cincento (Elanus caeruleus),[55] o quebraosos (Gypaetus barbatus) e a aguia coroada (Stephanoaetus coronatus);[53] tamén encontramos dúas especies de paseriformes: o Cercomela sordida e a escribenta Emberiza tahapisi.[55]
-
Un Cercomela sordida no Kilimanjaro.
-
A vexetación na zona afroalpina é pobre e escasa.
-
Dendrosenecio kilimanjari en Barranco, ao sur do Kibo.
-
Lobelia deckenii a 4000 m de altitude.
Zona nival
editarPor riba dos 5 000 m de altitude practicamente non existe vida. As poucas precipitacións que se producen fíltranse case de inmediato no solo ou acumúlanse nos glaciares. No entanto, encontrouse Helichrysum newii cerca dunha fumarola do cráter Reusch e algúns liques de crecemento lento, como Xanthoria elegans, que poden vivir varios centos de anos nesas altitudes.[57] O único animal descuberto ata a data no Kibo é unha especie de araña.[53]
Historia
editarPoboamento progresivo
editarO Kilimanjaro, probablemente, foi o berce dos pastores masais nos inicios do Holoceno, nunha época na que os pés das montañas estaban húmidos e infestados pola mosca tse-tsé e onde as pradeiras e os cursos de auga de altitude podían ser un medio ambiente san para os rabaños.[15] Os primeiros rastros arqueolóxicos de sedentarismo arredor da montaña datan de hai uns 1 000 anos antes de Cristo, co descubrimento de cuncas de pedra. Os homes que lles deron forma, cazadores-recadadores, poderían ter atopado alí unha vantaxe coa presenza de auga doce e moitos outros materiais básicos.[60] O verdadeiro poboamento das vertentes remontaríase aos primeiros séculos da nosa era, mais ningunha testemuña oral o confirma.[4] Os pobos masais non terían migrado finalmente á rexión ata o século XVI. Eles foron probablemente a principal razón que tería empurrado os ongamo a retirarse ao nordeste, xa que ocuparon, segundo os seus relatos, a vertente norte da montaña durante corenta e catro xeracións.[4]
Os chagga tamén residiron no norte do Kilimanjaro. A súa presenza está testemuñada no sur dende o comezo do século XVIII, aínda que o nacemento do seu pobo remóntase a entre os séculos VII e VIII. As súas tradicións evocan para algúns terras desocupadas e para outros un reencontro con "pequenos homes" chamados vakoningo ou vatarimba. Estes poderían terse retirado a grutas no medio do bosque ou terían sido asimilados co seu gando e os seus bananeiros formando o clan swai en Kimbushi. A distinción está claramente feita cos vasi ou mwasi, un pobo de cazadores coñecido en África oriental a través dos recitados en lingua bantú, e historicamente acreditada co nome de Dorobbo. A unidade entre os chagga era moi limitada; deste xeito, para designar o seu conxunto empregaban o termo wandu wa mdenyi (as «xentes dos plátanos»). Isto é probablemente debido ás súas diferentes orixes: wakamba, taita (dawida), masais (parakuyo, kisongo). A súa unidade social de base era o clan patrilineal, cuxos límites xeográficos estaban xeralmente establecidos por crebados ou cursos de auga. Puideron identificarse varios centenares. Os clans foron progresivamente ligados a xefaturas ou cacicados (uruka ou oruka) que viron aumentar a súa importancia co xurdimento de conflitos, probablemente relacionados co comercio de marfil e a trata de escravos.[4][56][61]
Descubrimento e exploración
editarDurante a Antigüidade, algúns poucos cronistas —como o mercador e explorador grego Dióxenes, cara ao ano 50 na súa obra Viaxes en África Oriental, ou como o xeógrafo exipcio Tolomeo, a metade do século II nun mapa onde fixo figurar os montes da Lúa, segundo a información que obtiveran de Marino de Tiro—, mencionan a existencia dunha "montaña branca" ou "nevada" no corazón de África.[62][63][64]
Posteriormente, se ben podería servir como punto de referencia para as caravanas de comerciantes árabes, non se fai ningunha referencia á montaña durante séculos. Só ao final do século XIII o xeógrafo árabe Abul Fida evoca vagamente unha montaña do interior de cor branca. Na mesma época, un cronista chinés escribiu que o país ao oeste de Zanzíbar "esténdese ata un monte grande".[65] En 1519, o navegante e xeógrafo español Martín Fernández de Enciso podería ter sido o primeiro en ter evocado realmente o Kilimanjaro na obra Suma de Geografía: "Ao oeste [de Mombasa] encóntrase o Olimpo de Etiopía que é moi alto, e máis alá están os montes da Lúa onde están as fontes do Nilo. En toda a rexión hai unha gran cantidade de ouro e animais salvaxes».[63][66] En 1845, o xeógrafo británico William Desborough Cooley, informado algúns anos antes por emisarios árabes en Londres, afirma que a montaña máis coñecida da África Oriental, chamada Kirimanjara, está cuberta de coral vermello.[62][67]
En 1840, a Church Mission Society decidiu emprender a evanxelización de África do Leste. Así Johannes Rebmann, un misioneiro alemán formado en Basilea, foi enviado a Mombasa en 1846 a fin de apoiar a Johann Ludwig Krapf, enfermo de malaria. O 27 de abril de 1848 dirixiuse, acompañado por Bwana Kheri e oito indíxenas, ao descubrimento do reino chagga de Kilema, do que el e Krapf oíran falar na costa e no que só os escravistas árabes terían entrado.[62][68] Descubriu o 11 de maio, de forma inesperada, con tan só 28 anos, esta montaña formada por unha cúpula branca:
Arredor das 10, vin algo moi branco na cima dunha alta montaña e crin ao principio que se trataba de nubes, mais o meu guía díxome que era frío, así que recoñecín con gusto esta vella compañía dos europeos que se chama a neveVers 10 heures, je vis quelque chose de remarquablement blanc au sommet d'une haute montagne et crus d'abord qu'il s'agissait de nuages, mais mon guide me dit que c'était du froid, alors je reconnus avec délice cette vieille compagne des Européens qu'on appelle la neige.Johannes Rebmann, Church Missionary Intelligencer
A súa atención estivo totalmente centrada na presenza de neve, que lle sorprendeu nesa latitude. Afirmou que a súa natureza descoñecida era obxecto de moitas crenzas e era atribuída polos indíxenas aos espíritos.[62][68] Volveu ao Kilimanjaro en novembro e encontrouse cunhas condicións climáticas para a observación máis favorables. A continuación, describiu os picos principais, un cónico e o outro máis elevado, que forma unha cúpula, que se elevaban por riba dunha base común dunhas 25 millas de longo (40 km) e que estaban separadas por unha depresión en forma de «cadeira» de 8 a 10 millas.[69] O descubrimento, do que se informou en Londres en abril de 1849, foi moi discutido.[70] Ninguén quería crer que existían neves perpetuas nesa rexión de África, a pesar de que foron confirmadas seis meses despois por Krapf, que por entón as descubrira tamén no monte Kenya. Violentas polémicas enfrontaron a Cooley e a Rebmann.[62]
En 1856, o Kilimanjaro foi representado por primeira vez na «carta limace», debuxada por Rebmann e Erhardt. A polémica alimentou a curiosidade dos xeógrafos, e sucedéronse varias expedicións, como a dos exploradores ingleses John Hanning Speke e Richard Francis Burton en 1858. Este último afirmou que se deberían buscar as fontes do Nilo preto da montaña.[63] Henry Morton Stanley confirmou mesmo o seu descubrimento por Speke en 1862. Por último, foi en 1861 a expedición do barón alemán Karl Klaus von der Decken, acompañado polo xove botánico inglés Richard Thornton, a que permitiu confirmar mediante unha observación a 2 460 m de altitude a existencia de neve no cumio. Decken conseguiu ao ano seguinte ascender ata os 4 260 m e facer os primeiros mapas topográficos e hidrográficos do cumio. Eran só aproximados pero permitiron, por primeira vez, confirmar o carácter volcánico do Kilimanjaro.[62][71]
No entanto, durante varias décadas, o acceso ao Kilimanjaro seguiu a ser difícil. O sendeiro da costa á montaña era longo e estaba cheo de escollos: animais salvaxes, ladróns e a dureza do clima. Amais, as caravanas eran reticentes a subir polo temor que lles inspiraban os guerreiros masais[63] e as guerras incesantes entre os chagga xeraban inseguridade, como o demostra a ferida mortal que lle causaron a Charles New, un misioneiro inglés enviado por Decken.[71]
Primeiras ascensións
editarEn 1883, o científico e explorador escocés Joseph Thomson observou en 1883 a vertente setentrional desde o territorio masai e abordou a ascensión ao cumio, aínda que non logrou chegar máis que aos 2 700 m de altitude.[71] Foi seguido en 1887 polo conde húngaro Sámuel Teleki e o austríaco Ludwig von Höhnel, pero non superaron os 5 300 m a causa da dor de tímpano padecida por Teleki. O 18 de novembro de 1888, Otto Ehrenfried Ehlers alcanzou os 5 740 m de altitude, malia ter alegado que lograra chegar ata os 5 904 m (máis que a altitude real do cumio).[62][72]
O xeólogo alemán Hans Meyer, asesorado por Teleki, fracasou en 1887, no seu primeiro intento, aos 5 400 m de altitude. Recomezou ao ano seguinte, acompañado do xeógrafo austríaco Oscar Baumann, mais ambos foron feitos prisioneiros durante a revolta Abushiri e deberon pagar un rescate de 10 000 rupias. Despois destes dous fracasos, Meyer decidiu levar o seu amigo Ludwig Purtscheller, un alpinista austríaco e a Yohan Kinyala Lauwodu, un soldado chagga do exército en Marangu. A expedición foi organizada antes da súa partida por W. L. Abbott, un naturalista que xa estudara ben a montaña. Preparados de xeito axeitado e sometidos a unha estrita disciplina, o 3 de outubro chegaron finalmente ao cráter do Kibo, a 5 860 m de altitude. A experiencia de Meyer foi determinante na elección de lugares para establecer campos de aprovisionamento que abasteceron os carrexadores ao longo do percorrido, a fin de aliviar a escaseza de alimentos en caso de repetidos intentos. Os homes constataron que para escalar o Kaiser-Wilhelm-Spitze (agora pico Uhuru), debían bordear a crista rochosa. Chegaron ao cumio o 6 de outubro de 1889 despois de pasar varias horas tallando cos piolets pasos no xeo os días anteriores. Emprenderon seguidamente a ascensión do Mawenzi e pasaron un total de máis de dezaseis días a 4 000 m de altitude, enfrontados a temperaturas próximas aos –14 °C. A ascensión do pico Uhuru non se volveu conseguir ata vinte anos máis tarde por M. Lange.[62][72]
Nos albores do século XX, os alemáns comezaron a construír refuxios na montaña, como o refuxio de Bismarck, a 2 550 m de altitude, e o refuxio Peters, a 3 450 m.[72] O refuxio Kibo foi construído en 1932.[73]
O Mawenzi foi ascendido con éxito o 29 de xullo de 1912 polos alemáns Fritz Klute e Eduard Oehler.[72] A fraxilidade das súas rochas fai que sexa moi difícil a ascensión.[14] Os dous homes aproveitaron a oportunidade para realizar a terceira ascensión do pico Uhuru, o primeiro pola vertente occidental. Unhas semanas máis tarde, Walter Furtwängler e Siegfried König descenderon o Kibo en esquís. Frau von Ruckteschell converteuse na primeira muller en alcanzar o punto de Gilmann.[72]
A primeira guerra mundial fixo que se suspendesen as ascensións. En 1926 o pastor protestante Richard Reusch descubriu no bordo da caldeira do Kibo un leopardo conxelado, do que tomou unha orella como proba, o que inspirou unha novela de Ernest Hemingway. Ao ano seguinte, descendeu ata o fondo do cráter que logo levaría o seu nome. Fixo un total de corenta ascensións.[62] En 1927, un trío británico encadeou o Mawenzi e o Kibo, o que fixo de Sheila MacDonald a primeira muller en escalar o pico Uhuru.[72]
As misións relixiosas
editarA evanxelización da rexión comezou a finais do século XIX nun ambiente de colonización e loita perpetua de clans. Os católicos e protestantes esforzáronse por explorar, iniciar conversas, adquirir terras, ensinar idiomas, instalar escolas, clínicas e orfanatos, cultivar a terra e construír lugares de culto. Os chagga parece que eran afeccionados á lectura e á escritura. A pesar diso, misioneiros de ambas relixións sufriron moitas perdas humanas e materiais conforme as flutuacións das tensións políticas coas autoridades tradicionais e coloniais.[62]
En 1885, abriuse o primeiro posto protestante en Moshi. Mandara, o rei de Moshi, recibiu, a petición propia, ensinanzas cristiás por parte do bispo Hannington da Church Mission Society e do reverendo Fitch. Ao ano seguinte decidiu permitir a construción dunha escola para nenos. Porén, a situación complicouse para os misioneiros británicos, situados entre a poboación local e as forzas coloniais alemás, e foron substituídos en 1892 por luteranos de Leipzig, que estiveron activos durante o protectorado. Uns disturbios en 1893 provocaron que fora incendiado o posto de Moshi e varios pastores instaláronse, alternativamente, en Machame, Mamba, Mwika, Moshi Antigo e, por último, en Masama en 1906. En 1908, dez anos despois dos primeiros bautismos, 53 chaggas adoptaron a relixión protestante. Durante a primeira guerra mundial os misioneiros alemáns foron confinados e despois expulsados. O primeiro pastor chagga entrou en funcións en 1932.[56][62]
Os protestantes tiveron algunhas rivalidades cos padres espiritanos, chegados de Reunión e instalados a ambos os lados, leste e oeste, da montaña, pero mantiveron relacións respectuosas con eles. Estes últimos deron pouco a pouco razón, ante a Santa Sé, dos combonianos instalados na rexión do Sudán ao longo do Nilo, así como aos bieitos bávaros, que argüían a súa adaptación ao medio montañoso.[62] Estes tamén realizaron fermosos gravados do Kilimanjaro, que publicaron no Nassauer Bote e no calendario de santa Odilia.[74] Os espiritanos foron asignados primeiro á prefectura apostólica de Zanzíbar en xuño de 1863 e instaláronse en Bagamoyo en 1868. Despois de varios intentos infrutuosos, a partir de 1877 dirixíronse cara ás mesetas do oeste, pulados pola propaganda e despois chamados polo barón von Eltz establecido en Moshi, que desexaba fundar no Kilimanjaro unha colonia de católicos polacos e requiriu os servizos dun sacerdote. Dirixiuse a monseñor de Courmont, que comezou cos padres Auguste Gommenginger e Le Roy unha viaxe de estudos considerado fundamental para o coñecemento da montaña e que marcou a implantación da Igrexa católica. Este último escribiu en 1893 Au Kilima-Ndjaro.[62] Courmont realizou numerosos bosquexos, sempre que o clima melloraba, e escribiu o 1 de marzo, e despois o 1 de decembro de 1890:
Desde hai dous anos planeabamos unha fundación en Kili. Mais como chegar alí por unha rexión onde reinan sempre as hostilidades? Por outra banda, as inmensas e fértiles chairas de Tana estábannos abertas [...] O reverendo Leroy [é o] noso principal intermediario entre os indíxenas, xa que fala moi ben o idioma.Depuis deux ans nous projetions une fondation au Kili. Mais comment y arriver par une région où régnaient toujours les hostilités ? D'autre part, les immenses et fertiles plaines de Tana nous étaient ouvertes [...] Le R.P. Leroy [est] notre principal entremetteur auprès des indigènes dont il parle très bien la langue.
Así sobre o fracaso no Tana; decepción en Sobaka. Queda o Kilima Ndjaro.
Decidín facer a exploración, en compañía de dous dos nosos Padres. Organizouse rapidamente e as circunstancias quixeron que a misión poida ser, sen máis demora, comezada en setembro.
O país [...] está formado por un magnífico macizo de montañas, dominado por dous picos, o Kibo, de 6 000 m e o Kima, de 5 300. É fértil, saudable e moi populoso.
Os Washaga, ou negros indíxenas da rexión montañosa, son intelixentes, laboriosos, desexosos de aprender. Os seus fillos numerosos corren arredor dos misioneiros, sen revelar demasiado esta natureza salvaxe que, despois de que unha primeira curiosidade sexa satisfeita, os dispersa [...] Podemos augurar moito ben para esta misión, especialmente se o Ndjaro Kilima se converte, como se mencionou, nun país de emigración para unha poboación laboriosa de campesiños católicos alemáns.
Porén, o afastamento deste punto fai difícil a organización e o envío de caravanas fai tamén desta fundación unha obra que requirirá máis tristezas, penas, tribulacións de toda natureza e dispensas máis considerables. Mais temos confianza en Deus, e é por iso que iremos mesmo de avanzada.Ainsi sur le Tana insuccès ; déception sur le Sobaki. Restait le Kilima Ndjaro.
Je résolus d'en faire l'exploration, en compagnie de deux de nos Pères. Elle fut rapidement menée et les circonstances ont voulu que la mission pût être, sans plus de retard, commencée au mois de septembre.
Ce pays [...] est formé d'un magnifique massif de montagnes, dominé de deux pics, le Kibo haut de 6 000 mètres et le Kima de 5 300. Il est fertile, sain et très populeux.
Les Washaga, ou noirs indigènes de la région montagneuse, sont intelligents, industrieux, désireux de s'instruire. Leurs enfants nombreux s'empressent autour du missionnaire, sans trop révéler cette nature sauvage qui, après une première curiosité satisfaite, les disperse [...] Nous pouvons donc augurer beaucoup de bien de cette mission, surtout si le Kilima Ndjaro devient, comme il en a été question, un pays d'émigration pour une population laborieuse de paysans catholiques allemands.
Toutefois, l'éloignement de ce point qui rend difficiles l'organisation et l'expédition de caravanes fait aussi de cette fondation une œuvre qui demandera plus de peines, d'ennuis, de tribulations de toute nature et des dépenses plus considérables. Mais nous avons confiance en Dieu, et c'est pour cela que nous allons quand même de l'avant.Monseñor de Courmont, Annales apostoliques[75]
En 1891 creouse a primeira misión católica en Nosa Señora de Lourdes en Kilema, aos pés do Kibo, cuxa graza é mencionada varias veces nas correspondencias. Pouco a pouco, foise establecendo unha rede de parroquias nas ladeiras do volcán, inicialmente cunha maioría de misioneiros alsacianos. Arredor de cada misión naceron comunidades de pleno dereito, onde se fomentaban a educación e o comercio —en especial, do café—. Unha segunda misión foi implantada en Nosa Señora da Liberación de Kibosho, en 1893, nun lugar cobizado polos protestantes, asegurando o seu dominio no corazón da montaña. A principios do século XX, Kibosho acollía regularmente a 3 000 rapaces en 22 escolas. En 1898, a misión de Rombo (Fisherstadt) naceu á súa vez, seguida posteriormente, en 1931, de Nosa Señora das Neves en Huruma. Foron erixidos varios anexos en misións independentes: en 1912 Uru, e despois Umbwe, confiada a sacerdotes africanos; en 1912, Mashat independizouse de Rombo (a pesar dun peche entre 1922 e 1926); en 1947, Narumu e Kishimundu (filial de Uru) separáronse de Kibosho; tamén en 1947, Kirua, Marangu e Maua, a «misión máis alta do Kilimanjaro», previamente asignada a Kilema; e en 1950, Mengwe.[62]
O 13 de setembro de 1910 estableceuse unha nova organización. A propaganda, a petición de monseñor Vogt, erixiu ao norte do vicariato de Bagamoyo un novo vicariato e deulle o nome de vicariato apostólico de Kilima-Ndjaro.[74]
En 1998, dos 80 padres espiritanos tanzanos formados en Moshi, ningún quedou na praza. As antigas misións xa foran cedidas, pero as irmás da Congregación de Nosa Señora do Monte Kilimanjaro, fundada en Huruma, seguiron mantendo unha intensa vida relixiosa. Entre os protestantes, cerca de 200 pastores nacionais aínda oficiaban na diocese de Moshi. A principios do século XX, plantadores gregos ortodoxos establecéronse cerca da montaña e construíron lugares de culto, mais a súa presenza foi temporal e o proselitismo limitado. As súas instalacións foron cedidas á igrexa ortodoxa de Moshi e vendidas aos baptistas con autorización dun pope para realizar nelas oficios.[62]
A presenza de todas estas comunidades relixiosas deixou numerosas obras que describen o Kilimanjaro e contribuíron en gran medida á alfabetización da rexión. En 1914, só o 5% das escolas eran seculares e cincuenta anos máis tarde, despois da independencia, o 75% das escolas primarias e o 50% das escolas secundarias foron fundadas por misioneiros.[56][62]
A montaña no corazón da xeopolítica internacional
editarOs descubrimentos de Johannes Rebmann e Johann Ludwig Krapf renovaron o interese do Imperio Alemán pola África Oriental, do mesmo xeito que o Imperio Británico en 1883: o naturalista Harry Johnston foi oficialmente encargado pola Royal Geographical Society para escalar o monte Kilimanjaro e detallar a súa flora e a súa fauna; oficiosamente, traballou para os servizos secretos británicos (MI6).[71] Estableceuse unha gran rivalidade enfrontando primeiro á Deutsch-Ostafrikanische Gesellschaft (Compañía da África Oriental Alemá) de Carl Peters e á Imperial British East Africa Company (Compañía Británica da África Oriental). Organizáronse alianzas non sen dificultades cos líderes locais, constantemente en guerra e aprovisionados de armas polos comerciantes árabes. Nos anos 1880, os principados de Kibosho baixo o reinado de Sina, e de Moshi baixo o de Rindi, Mandara e despois Meli, enfrontáronse violentamente. Os obxectivos implican progresivamente aos Estados de xeito máis directo, coa Conferencia de Berlín en 1884 e a sinatura ao ano seguinte dunha carta imperial de protección da man de Otto von Bismarck, garantindo as posesións alemás no oeste de Dar es Salaam. O Kilimanjaro correspondeulles a eles polo xogo de alianzas, e os británicos foron repregados ao norte. Conseguiron Mombasa «en compensación» o 1 de novembro de 1886 e a fronteira trazouse en dous segmentos que se conectan contornando ostensiblemente a base da ladeira setentrional do volcán. A colonización converteuse en oficial o 1 de xaneiro de 1891, data de creación dun protectorado alemán.[62] A África Oriental Alemá continuou ata o 25 de novembro de 1918, cando quedou baixo o control británico. Dividiuse sete meses despois, logo do Tratado de Versalles e foi renomeado como protectorado de Tanganica, que adquiriu o estatuto de mandato da Sociedade de Nacións en 1922.[76]
O 9 de decembro de 1961 proclamouse a independencia Tanganica. O mesmo día, como resposta ao acto similar de Hans Meyer en 1889, quen asinou o inicio da ocupación alemá nese territorio, a bandeira do novo estado foi plantada cun facho no cumio, que foi rebautizado como pico Uhuru, «pico da liberdade».[73] Este símbolo, requirido polo primeiro ministro e futuro presidente Julius Nyerere, estaba destinado a marcar o final da desigualdade racial e a reapropiación deste símbolo de África. Politicamente, é o pano de fondo da Declaración de Arusha, proclamada ao seu pé o 5 de febreiro de 1967 polo partido no poder, a Tanganyika African National Union, e que define as grandes liñas da Ujamaa. Economicamente, convértese nun destino de turismo a nivel nacional e está representado en moitos produtos fabricados no país. Mais esta imaxe de marca adminístrase mal e as divisas escapan aos tanzanos: os guías e carrexadores estaban mal pagados, as viaxes organízanse desde o país de saída por empresas estranxeiras, a clientela é relativamente pouco afortunada, os beneficios non responden ás expectativas. Historicamente, a rexión volveuse cara á costa e o Kilimanjaro é «esquecido» a favor das praias de area fina e as grandes chairas dun acceso máis sinxelo. O Parque Nacional do Kilimanjaro, creado en 1973, foi deseñado para protexer o bosque e os recursos hídricos máis que para fomentar o turismo. As autoridades ven este maná escaparse a Kenya, país ao que con frecuencia os catálogos turísticos atribúen a posesión do volcán. A rivalidade co veciño máis próspero conduciu en 1977 ao peche das fronteiras e á disolución da Comunidade Africana Oriental.[62]
Poboación e tradicións
editarDistribución e organización política
editarOs chagga repártense ao longo das ladeiras sur e leste do Kilimanjaro. As primeiras xefaturas xurdiron a finais do século XVIII obra dos homes máis influentes, que federaron os clans en torno do seu proxecto a miúdo con mozos solteiros válidos para a guerra. Unha das primeiras grandes xefaturas, que conquistou toda a vertente oriental mediante alianzas cos kambas, foi a de Orombo, un chagga de Keni, mais derrubouse logo da morte do seu líder. As xefaturas de Kilema e Machame, na vertente meridional, aproveitáronse tanto do comercio cos europeos coma dunha alianza cos masais. Kibosho acadou o seu apoxeo en 1870 baixo o reinado de Sina, que comerciou cos suahili. Moshi, a principios do século XX recibe o apoio dos misioneiros. Estas alianzas e conquistas sucesivas permitiron aos chaggas mesturarse. No entanto, a unidade das xefaturas tardou en materializarse. Só nos anos 1950, co desenvolvemento económico colectivo e o nomeamento por primeira vez na súa historia dun único xefe, convértese nunha realidade. O catalizador desta toma de conciencia debe buscarse probablemente no momento en que os occidentais puxeron as súas miradas «nesa tribo». Administrativamente, os límites dos pobos (kijiji) son en parte un reflexo dos antigos clans e xefaturas, e foron agrupados en distritos (mtaa ou mitaa).[56]
Os ongamo que actualmente se concentran na rexión de Rombo, ao nordés, encóntranse en proceso de asimilación polos chagga. Manteñen unha tradición apícola e pastoral no límite superior do bosque. Os masais ocupan os pedemontes ao norte e oeste da montaña.[4] Os seus estilos de vida vense cada vez máis influenciados polos pobos do arredor e pouco a pouco abandonan as súas tradicións: sedentarismo, acceso á propiedade ou a cristianización. O resultado é unha marxinación dos grupos de agro-pastores ou agricultores.[77]
Lingüística
editarA lingua chagga ou kichagga divídese realmente en tres linguas, o chagga occidental, o chagga central e o chagga oriental ou rombo, compostas á súa vez de varios dialectos. Tan só son relativamente homoxéneos entre eles, ata o punto de que persoas que falen dous dialectos do chagga occidental diferentes terán dificultades para comunicarse, e farán fronte a unha incomprensión case total se falan con persoas que empreguen o chagga oriental. O chagga occidental subdivídese nos dialectos siha (en Kibong'oto), rwa (monte Meru, vertente occidental do Kilimanjaro), machami (en Machame) e kiwoso (en Kibosho); o chagga central nos dialectos uru, mochi (Old Moshi, Mbokomu), wunjo (Kilema, Kirua, Marangu, Mamba); o chagga oriental nos dialectos nor-rombo (Mashati, Usseri) e sur-rombo (Keni, Mamsera, Mkuu). Por outra banda, as tribos chaggas distribuídas ao sur e ao leste da montaña teñen relación cos pobos de linguas bantús (pare, wataita, wakamba) e nilóticas (ongamo, masai), e no pasado con linguas cushitas.[4]
Educación
editarAs misións relixiosas teñen contribuído en boa medida á alfabetización e modernización dos chagga. Ao mesmo tempo, moitos deles adoptaron o cristianismo. Así, a Igrexa católica ten cerca de 570 000 fieis en 39 parroquias e 72 sucursais. A primeira escola para nenos foi inaugurada en 1894 en Machame. Dez anos despois, había trinta institucións luteranas que reunían a 3 000 estudantes, 5 817 en 1909 e 8 583 en 1914 nun cento de escolas. Do lado católico, 2 300 nenos e nenas asistían a 22 escolas en 1909 e dous anos despois máis de 7 000, só en Kibosho e Rombo. A hostilidade dos terratenentes occidentais, a competencia entre as confesións, a chegada do islam, así como o inicio da primeira guerra mundial desacelerou o desenvolvemento das escolas. Na década de 1920 as escolas laicas abren as súas portas cunha elite chagga á fronte. En 1944, o novo consello chagga establece un imposto para financiar o seu incremento. A elección en 1962 de Julius Nyerere (que fora profesor) á presidencia do novo país independente, acelerou a tendencia.[56][61]
Crenzas e rituais
editarAínda que o cristianismo é na actualidade a relixión dominante, segue a existir un fondo de crenzas tradicionais nas zonas máis rurais. Os anciáns chagga cren na existencia de bruxas (wusari) e que teñen a capacidade de atraer a choiva. Tamén ven presaxios nos soños, renden culto aos devanceiros e cren que os mortos teñen influencia no seu destino. O seu deus é Ruwa e a súa mitoloxía ten moitas similitudes coa Biblia. Recoñecen o concepto de pecado e practican unha especie de confesión acompañada de infusións para evitar a maldición da vítima. O curandeiro é o encargado desta misión, que ademais ten funcións medicinais. Segundo as súas antigas tradicións, só as parellas casadas se colocan en posición encollida nos ritos funerarios e son enterrados cara ao Kibo. As persoas novas e os que nacen mortos son envoltos en follas da bananeira e depositados ao pé dunha árbore. Lévanse a cabo sacrificios de animais durante os nove días posteriores ao funeral para acompañar a alma do defunto. Existe un rito de paso relativamente violento chamado ngasi para marcar o paso dos nenos á idade adulta (mbora). Os matrimonios eran arranxados polas familias.[78]
Residencia e agricultura tradicionais
editarA propiedade típica dos chagga está constituída por unha concesión (muri ou mri) no centro da cal se encontra a choza (mmba), desprovista de muros e cuxo teito está confeccionado con listóns de madeira, de pólas espiñosas e de palla que se pousa directamente sobre o chan. A súa forma é alta e cónica na zona leste, entre o distrito de Rombo e Moshi, e abovedada no oeste. O espazo da parte posterior compártese cos animais (cabras, gando vacún); o interior resérvase aos seres humanos para comer, recibir visitas, durmir e gardar artigos de uso doméstico. O leito está confeccionado de follas de plátano cubertas dunha pel de animal. Os dous espazos están separados por estacas e polo fogar (iriko), sobre o que se secan os froitos e a leña. Estas chozas tradicionais foron substituídas por casas rectangulares (nshelu, mtshalo ou mshalo) de ladrillos ou bloques de formigón, enxesadas e pintadas, con fiestras con vidro e co teito cuberto cunha chapa metálica. A concesión está rodeada por unha sebe (ndaala ou waatha) de Dracaena steudneri para garantir a súa seguridade. A casa está rodeada de dous patios: un exterior (mboo ou nja) ao que se accede a través dun portal (ngiri, kichumi ou ksingoni) para que os nenos xoguen, e un interior (kari, kadi, mbelyamba ou kandeni) na parte posterior para extraer sementes de todo tipo (cereais, café). Tamén se poden construír anexos sobre a concesión: celeiro, soportal, ou unha choza auxiliar. Esta última empregábase como casa do marido despois de moitos anos de convivencia, mais a práctica desapareceu.[4][56][79]
Dende a perspectiva tradicional dos chagga, as zonas cultivadas sitúanse por un lado entre a sabana (kasa, nuka, mwai) árida, insá, vector de febres e percorrida polos guerreiros masais, e o bosque de montaña (nturu, mtsudu, msuthu) por outro. Dende o período precolonial, a agricultura encóntrase marcada por un sistema produtivo relativamente intensivo, caracterizada polo emprego de esterco do gando en solos xa fértiles. Entre as principais producións figuran en primeiro lugar os bananeiros introducidos dende o Sueste Asiático, probablemente polos comerciantes árabes no século VIII; ademais do froito desta planta, chamada iruu ou irubu, as súas follas e fibras teñen múltiples usos. Os plátanos prepáranse de distintas formas, e pódense comer «sobre a árbore», cocidos ou con cervexa, cada unha coa súa propia denominación, o que indica a súa importancia. As árbores e os seus froitos están no centro de moitas tradicións e están no centro de acontecementos como vodas, embarazos, nacementos e defuncións. Os bananeiros transmítense por herdanza de pais a fillos. Os tubérculos como o iñame (kikwa, a especie local resultante de cruzamentos de Dioscorea cayenensis, Dioscorea abyssinica e Dioscorea alata), ou taro (Colocasia esculenta, chamada iruma, duma ou ithuma) e máis recentemente a pataca doce (Ipomoea batatas coñecida co nome de kisoiya) teñen tamén un papel esencial na alimentación chagga. Tamén se cultivan dous cereais: o Eleusine coracana (vumbi ou mbeke), orixinario dunha rexión entre Uganda e Etiopía, o millo (maimba ou mahemba, termos inicialmente asociados noutras linguas ao sorgo) introducido polos portugueses desde as Antillas e posteriormente substituído por unha variedade de Suráfrica a principios do século XX e que ve aumentar o seu consumo, aínda que durante moito tempo estivo ausente da alimentación chagga. As parcelas onde se cultivan os cereais e a maioría dos tubérculos son irrigadas por verdadeiras redes de canais (mfongo) e deixadas en barbeito xeralmente durante dous ou tres anos. As ferramentas básicas para traballar o solo son a aixada e a machada para rozar, xunto coa fouce. Ao sur, a agricultura modernizouse (uso de fertilizantes, tractores, emprego de man de obra contratada) mentres que segue sendo máis tradicional e principalmente feminina ao leste. O calendario está ditado polas estacións ás cales está sometido o Kilimanjaro. A explotación dun espazo de recolección próximo ás zonas habitadas, no linde superior do bosque, desapareceu.[4][56]
A introdución do cultivo do café data de finais do século XIX, mais o seu desenvolvemento só ten lugar a partir da década de 1920. O número de agricultores, uns 600 en 1922, multiplicouse por vinte no espazo de dez anos baixo o impulso dunha cooperativa de pequenos produtores locais. Na década de 1950, a subida do prezo do café permitiulles enriquecerse e investir de xeito substancial na construción de novas infraestruturas e adquirir un maior peso político. Estes campesiños convertéronse nun dos piares da independencia de Tanganica e sufriron paradoxalmente prexuízos polo esforzo de modernización da economía do país.[56]
A gandería é tamén esencial para os chagga. O gando bovino (cebús chamados ng'umbe), caprino (mburu) e ovino (yaanri, ichondi ou irohima) proporciona carne, leite e sangue fresco. As aves de curral ignoráronse tradicionalmente na cultura da África Oriental.[4]
Actividades
editarProtección do medio ambiente
editar- Artigo principal: Parque Nacional do Kilimanjaro.
A protección da contorna natural do Kilimanjaro levouse a cabo en varias etapas: en 1910, Alemaña creou unha primeira reserva de caza, que en 1921 se transformou nunha reserva forestal; en 1973, a área por riba dos 2 700 m de altitude declarouse Parque Nacional do Kilimanjaro, un parque que foi aberto ao público catro anos despois; en 1987, os límites do parque ampliáronse ata os 1 830 m de altitude e acadouse unha superficie protexida de 75 353 hectáreas.[80] Finalmente, foi inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco,[81] coa xustificación de que «o Kilimanjaro, co seu cumio nevado que domina a chaira de case 5 000 m, é o macizo montañoso illado máis grande que existe» e que o parque ten «unha gran diversidade de especies animais e vexetais raras ou endémicas».[82] A reserva forestal que o rodea incrementouse gradualmente desde as 89 000 hectáreas,[83] primeiro a 92 906 e despois a 107 828 ha.[80] O conxunto protexe unhas 3 000 especies vexetais.[21]
En paralelo ao labor do parque nacional, puxéronse en marcha varios proxectos a pequena escala a fin de mellorar a xestión da selva coa axuda da poboación local e para iniciar programas de reforestación. Pero as imaxes de satélite mostran que a fragmentación continúa debido á falla de experiencia dos operadores silvícolas e aos poucos recursos investidos na loita contra os incendios.[21]
Un corredor biolóxico de oito quilómetros de ancho mantívose no noroeste do monte Kilimanjaro, en territorio masai, para vincular o parque co Parque Nacional de Amboseli, ao outro lado da fronteira con Kenya, un corredor que facilita a circulación de vinte especies comúns de grandes mamíferos das vinte e cinco presentes nos bosques da montaña.[54]
Sendeirismo e alpinismo
editarA ascensión ao Kilimanjaro é moi popular entre moitos sendeiristas, especialmente aqueles que inician o asalto aos «Sete Cumios». Aproximadamente 20 000 persoas cada ano cruzan a entrada ao Parque Nacional do Kilimanjaro e realizan a ascensión. O mellor momento é dende xullo ata outubro ou en xaneiro e febreiro para evitar a tempada de choivas. A regulamentación do parque impón as rutas de sendeirismo, os medios para empregar na ascensión (garda, etc.) e as taxas de entrada. Recoméndase ir acompañado de carrexadores e eventualmente dun cociñeiro, mais a lei obriga a ir acompañados por un guía autorizado. Todas as subidas requiren unha boa condición física, sobre todo para previr o chamado «mal de altura». Aínda que os riscos son escasos, algúns turistas perderon a vida na ascensión, por accidente ou por falta de preparación; é conveniente pois ser prudente e informarse antes de tentar a ascensión, xa que só finalizan con éxito o 40% das mesmas. Os gardas están apostados na montaña para permitir unha evacuación rápida en caso de emerxencia.
Rutas de sendeirismo
editarTárdase entre seis e dez días en chegar ao cumio e volver. As rutas ao cumio do Kilimanjaro empregan sobre todo as ladeiras sur do volcán, e algunhas son moi populares. As rutas do lado norte están reservadas para montañeiros experimentados. Hai sete puntos de partida (portas) en torno da montaña e diversas variantes.
- Ruta Rongai ou ruta Loitokitok
- Esta ruta é a máis setentrional e iníciase a 1 950 m de altitude. É pouco frecuentada, está ben conservada, é relativamente doada e require de cinco a seis días de ascensión para percorrer os seus 45 km. Vese favorecida durante os períodos chuviosos porque recibe menos precipitacións. A acampada é a única opción para as primeiras tres noites. A segunda parte da ruta está equipada con refuxios e ofrece unha variante máis directa que está máis afastada do Mawenzi. A subida final pasa polo Gillman's Point.[84][85][86]
- Ruta Marangu
- A saída, dende a porta de Marangu, está situada ao sueste da montaña, a 1 870 m de altitude no corazón da selva. É o itinerario máis antigo, o máis doado e o máis regulado, mais tamén o menos espectacular e o máis empregado polos turistas con pouca experiencia e equipo necesarios. Catro días de ascensión e dous días de descenso son suficientes para percorrer os seus 36 km e é posible pasar cada noite nun refuxio. A subida final tamén pasa polo Gillman's Point.[85][87]
- Ruta Mweka
- Esta ruta na vertente sur é a máis directa, mais tamén a máis costenta e perigosa. Tan só se emprega como ruta de descenso. Aborda o cumio do Kibo na proximidade do Stella Point e comeza os seus 22 km a partir dos 1 640 m de altitude por unha crista que percorre o val sueste.[88][89]
- Ruta Umbwe
- Esta ruta é moi pouco frecuentada e tamén se encontra no sur do Kibo. Foi aberta en 1963.[90] O traxecto é curto, empinado e considerado moi difícil. A rápida ascensión de 1 600 m de altitude non sempre permite que o corpo se aclimate. Dende o tramo final da ruta Great Western Breach, a subida é de 31 km e require cinco días de marcha.[85][91]
- Ruta Machame
- Parte dende a porta de Machame, que se encontra ao suroeste da montaña a 1 640 m de altitude. O camiño pasa polo Barranco, logo entre o Shira e o Kibo antes de chegar a Lava Tower. Esta é unha das rutas máis espectaculares e estase a facer tan popular coma a ruta Marangu, no entanto non ofrece moitas oportunidades de hospedaxe e é relativamente difícil debido ás súas camiñadas máis longas e máis elevadas, aínda que a parte central, máis chá, permite aclimatarse. Tárdase entre seis e sete días en chegar ao cumio e percórrense 40 km de viaxe evitando a Great Western Breach[85][92]
- Ruta Lemosho
- Este itinerario de 49 km (polo Southern Circuit) no extremo oeste da montaña é relativamente difícil e medianamente frecuentado. O panorama que ofrece do monte Meru, antes de pasar o Shira polo norte, é moi prezado. Comeza a 2 360 m de altitude, na porta de Londorossi, e require entre seis e oito días de ascensión.[85][93]
- Ruta Shira
- É máis antiga e lixeiramente máis ao norte que a ruta anterior, sobre a vertente occidental da montaña. Comeza a 3 600 metros de altitude, moito máis preto do cumio, evitando unha longa marcha polo bosque. Segue a ser relativamente difícil e medianamente frecuentada porque a aclimatación é difícil os primeiros días. Precísanse seis ou sete días para percorrer os seus 34 km polo Southern Circuit.[85][94]
- Ruta Great Western Breach
- Esta é a única alternativa que permite un acceso ao Uhuru dende o oeste. Naturalmente, é accesible dende a ruta Shira/Lemosho/Machame. O seu paso permite franquear un desnivel de 850 metros en tan só dous quilómetros, coa axuda das mans. No entanto, as súas ladeiras son inestables e causou a morte de tres escaladores en xaneiro de 2006. Como consecuencia do accidente, os funcionarios do parque decidiron prohibir o seu acceso durante case dous anos. A pesar da súa reapertura en decembro de 2007, este itinerario é fortemente desaconsellado.[85] En alpinismo se lle asigna o grao I+.[95]
- Ruta Southern Circuit ou Summit Circuit
- Esta variante conecta as rutas Shira/Lemosho/Machame, Umbwe/Mweka e Marangu/Rongai ao sur do Kibo. Era o único xeito de chegar ao cumio dende o oeste ao final da ruta Great Western Breach e recoméndase dende aquela. Ten a vantaxe de ofrecer unha boa vista da fronte glaciar do campo de xeo sur (Southern Icefield) e logo cruza a parte superior do val de Karanga.[89]
- Ruta Northern Circuit
- É a ruta máis recente e é moi concorrida. É unha variante que rodea o Kibo dende o noroeste e une a ruta Rongai á ruta Shira/Lemosho/Machame. Precísanse nove días para percorrer os 90 km que levan ao cumio, evitando a Great Western Breach.[96]
- Mawenzi e The Saddle
- Esta variante une a ruta Rongai e a ruta Marangu pasando aos pés do Mawenzi.
Alpinismo
editarO tipo de rocha que predomina nestas montañas non é moi favorable para a escalada. No entanto, os picos do Mawenzi ofrecen algunhas boas rutas e o retroceso dos glaciares do Kibo contribúe á aparición dalgunhas paredes verticais nalgúns tramos da ruta Umbwe. É necesario obter permisos especiais antes de iniciar unha escalada.
- Breach Wall
- Ás veces compárase esta parede coa cara norte do Eiger,[95] e ofrece un desnivel de entre 4 700 e 5 400 m. A ruta directa, a máis natural, chámase Messner e Renzler desde que estes dous escaladores a abriron o 31 de xaneiro de 1978; diríxese, a través de rochas conxeladas e corredores, aos glaciares Balletto e Diamond, e está catalogada como de grao VI na escala da UIAA. Esta parede utilízana outras vías menos: a ruta oriental realizada por John Temple e Anthony Charlton o 22 e 23 de decembro de 1974 (V+), a ruta Balletto de John Temple e Dave Cheesmond realizada entre o 1 e o 4 de abril de 1975 (VI) e a ruta Lörtscher, nome do escalador que a abriu os días 11 e 12 de xaneiro de 1972 (V).[97]
- Glaciar Kersten
- As vías ao longo deste glaciar poden resultar difíciles de seguir debido ao relevo, a capa de neve e os desprendementos de pedras e xeo da tarde. Están catalogadas de III+ a VI. A primeira ascensión pola vía orixinal foi realizada por Walter Welsch e Leo Herncarek entre o 20 e o 22 de setembro de 1962. A ruta polo lado dereito do glaciar foi realizada con éxito por Mark Savage e Iain Allan o 28 e 29 de xullo de 1976. Finalmente, a vía directa foi aberta os días 20 e 21 de decembro de 1975 por Ian Howell, Bill O'Connor e John Cleare.[89][95][97]
- Glaciar Heim
- Este traxecto foi levado a cabo por primeira vez por A. Nelson, H.-J. Cooke e D.-N. Goodall en 1957. Está catalogado como III+. A parte inferior pode ser esvaradiza cando a neve deixa paso ao xeo ou a rocha. A parte superior está dominada polos contrafortes da Window Buttress, onde é posible montar un vivac.[89][95][97] Robert Barton e David Morris abriron unha ruta directa entre os glaciares Heim e Kersten o 29 e 30 de decembro de 1977. É unha das máis difíciles do Kilimanjaro e está cualificada como VI.[97]
- Glaciar Decken
- A base do glaciar é estreita e inclinada. Poden ter lugar desprendementos de xeo e pedras.[95] Ascendérona por primeira vez o 12 de xaneiro de 1938 E. Eisenmann e T. Schnackig empregando a vía orixinal que comeza a 4 650 m de altitude. A primeira ascensión en solitario nesta mesma vía foi obra de Ante Mahote en 1964. En agosto de 1974 abriuse unha vía no lado dereito do glaciar por M. Tudo, J. Montford, F. Schock e J. Kuhn. As dúas rutas están graduadas como III/IV.[97]
- Glaciar Little Penck
- A ruta segue corredores de neve dende a parte baixa do glaciar a 4 900 ata os 5 700 m de altitude antes da escalada final do pico Uhuru. Catalógase como III dende a primeira subida realizada o 20 de xuño de 1969 por D. Payne e D. King.[95][97]
- Mawenzi
- O cumio ofrece dúas vías principais que permiten conectar o pico Hans Meyer e o Nordecke. A primeira, catalogada II, toma unha serie de corredores sobre a parte superior esquerda do North West Corrie ata unha crista rochosa. Foi aberta en solitario por R. F. Davies en xaneiro de 1953. A segunda, catalogada como IV, comeza por zonas de material desprendido entre o contraforte norte e o bordo Nordés. Unha serie de bordos e gretas leva ao cumio do Nordecke, dende onde é posible acadar o pico Hans Meyer por un porto de fácil acceso.[89]
Refuxios
editarAs rutas están equipadas con refuxios de montaña repartidos de xeito desigual. A ruta Marangu dispón dos máis confortables (roupa de cama, auga, duchas, electricidade, cociñas). Cando non dispoñen de refuxio, existen lugares de acampada situados ao final de cada día de marcha; moitos destes campamentos están situados en covas. Está prohibido acampar fóra destas zonas por cuestións de seguridade. Algúns campamentos levan o nome de hut, que significa «refuxio» (Machame Hut, Barranco Hut) e están equipados con algúns servizos, mais non ofrecen a posibilidade de comer ou durmir.[98]
- Refuxio School ou refuxio Outward Bound
- Este refuxio sitúase a 4 800 m de altitude na ruta Rongai. Coñecíase baixo o nome de refuxio Outward Bound antes de que as autoridades do parque lle retiraran o nome. Xa non se utiliza como dormitorio debido ao seu mal estado.[98]
- Refuxio Mawenzi Tarn
- Sitúase a 4 315 m de altitude na ruta Rongai. Construíuse na década de 1970 ao pé dun circo natural baixo o Mawenzi. Estase deixando ao abandono.[98]
- Refuxio Mandara
- Este refuxio sitúase a 2 700 m de altitude na ruta Marangu, despois do primeiro día de marcha. A súa construción data de antes da primeira guerra mundial. Bautizouse inicialmente como refuxio Bismarck, o nome do chanceler imperial alemán. O edificio orixinal xa non existe e foi substituído por varias cabanas de madeira con fondos noruegueses. A principal conta cun comedor, e en total dispoñen de 60 a 80 camas.[98]
- Refuxio Horombo
- Sitúase a 3 720 m de altitude na ruta Marangu, e é o segundo deste itinerario. Dispón de 120 camas distribuídas en varias cabanas de madeira, unha capacidade dobre en relación aos outros refuxios situados sobre este itinerario, porque serve tanto para a ascensión coma para o descenso.
- Refuxio Kibo
- Este refuxio de pedra encóntrase a 4 703 m de altitude, logo do cruzamento entre as rutas Marangu e Rongai. Conta con 60 camas.
- Refuxio Mweka
- Está situado a 3 100 m de altitude na ruta Mweka, e foi construído nos anos 1960. Inutilizado para o descenso, e dado que está prohibida a ascensión encóntrase nun avanzado estado de deterioración.[98]
- Refuxio Barafu
- Encóntrase a 4 673 m de altitude, logo do cruzamento entre as rutas Mwake e Umbwe. Componse dos refuxios moi básicos establecidos nos anos 1960, e onde ás veces é preferible empregar o campamento.[98]
- Refuxio Moir
- Este refuxio está situado a 4 200 m de altitude, despois do cruzamento entre as rutas Lemosho, Shira e Machame.
Récords
editarO 28 de setembro de 2010, Kílian Jornet i Burgada bateu o dobre récord de ascensión máis rápida en 5 h 23 min 50 s pola vía Great Western Breach, e o de ascensión/descenso cun tempo de 7 h 14 min, descendendo por unha vía diferente.[99] Este segundo tempo foi mellorado o 15 de agosto de 2014 polo suízo-ecuatoriano Karl Egloff en 6 h 42 min 24 s.[100][101] Antes os récords estaban en posesión do italiano Bruno Brunod cun tempo de 5 h 38 min 40 s, pola Marangu Route, en 2001, e polo tanzano Simon Mtuy, que o 26 de decembro de 2004 realizou a ascensión e descenso máis rápido ata aquela cun rexistro de 8 h 27 min, ascendendo pola Umbwe Route e descendendo pola Mweka Route. Este último realizou a ascensión máis rápido sen asistencia alimentaria en 9 h 19 min o 22 de febreiro de 2006. Entre as mulleres, a británica Rebecca Rees-Evans coroou a montaña en 13 h 16 min 37 min polo mesmo itinerario. A persoa máis nova en acadar o pico Uhuru foi o estadounidense Keats Boyd aos sete anos o 21 de xaneiro de 2008, aínda que normalmente non está permitido facelo tendo menos de dez anos de idade. Por outra banda, a persoa de maior idade, segundo o Libro Guinness dos Récords, foi o estadounidense Carl Haupt, que realizou a ascensión en 2004 aos 79 anos; aínda que hai constancia de que o francés Daniel Valtée o conseguiu antes ca el, aos 87 anos[102].
O Kilimanjaro na cultura popular
editarO status do Kilimanjaro evolucionou dende unha dimensión mítica a metade do século XIX —debida aos relatos oníricos da Antigüidade, ás fantasías de El Dorado do Renacemento e, finalmente, ás historias sagradas da suposta presenza de neve na súa cima, a imaxe emblemática a medida que os misioneiros e exploradores foron capaces de demostrar a realidade da existencia dos glaciares e estudar a xeografía da montaña. No entanto, aínda permanece no imaxinario iconográfico e textual un lugar que evoca os relatos bíblicos (os grandes animais, a imaxe do «bo salvaxe») e o berce da Humanidade (descubrimentos arqueolóxicos).[63]
A literatura evocou moitas veces o aspecto fantástico do Kilimanjaro:
Entón, comezaron a gañar altura cara ao leste, parecía; despois, escureceu e encontráronse en plena treboada, a choiva era tan espesa que parecía que voaban a través dunha fervenza, e despois saíron dela e Compie volveu a cabeza e sorriu, sinalando algo co dedo, diante deles, todo o que puido ver, tan vasta coma o mundo, inmensa, alta e incriblemente branca baixo o sol, era a cima cadrada do Kilimanjaro. E entón comprendeu que era alí a onde ía.Then they began to climb and they were going to the East it seemed, and then it darkened and they were in a storm, the rain so thick it seemed like flying through a waterfall, and then they were out and Compie turned his head and grinned and pointed and there, ahead, all he could see, as wide as all the world, great, high, and unbelievably white in the sun, was the square top of Kilimanjaro. And then he knew that there was where he was going.[103]
Entre as novelas relacionadas coa montaña inclúense Under Kilimanjaro, unha novela non ficticia de Ernest Hemingway sobre as súas viaxes pola rexión.[104] Por outra banda, a Sia lives on Kilimanjaro é un libro infantil escrito por Astrid Lindgren.[105] En Le Lion, de Joseph Kessel (1958), mentres que o narrador e a súa filla Patricia permanecen nunha reserva de Kenya entre os masais, a montaña é o pano de fondo. As súas impoñentes dimensións menciónanse ao longo da novela e adoitan evocar as súas neves: «os últimos raios de sol sobre a neve do Kilimanjaro» («les derniers feux du soleil sur la neige du Kilimandjaro»). É tamén tema, por exemplo, en Cinco semanas en globo de Xulio Verne (1863).
En música, Pascal Danel sacou en 1966 a canción Kilimanjaro, cuxa letra parece inspirada pola novela de Hemingway; foi un éxito internacional que se adaptou en seis idiomas diferentes e que tivo máis de 180 versións:
Il n'ira pas beaucoup plus loin
La nuit viendra bientôt
Les neiges du Kilimandjaro
Il voit là-bas dans le lointain
Les neiges du Kilimandjaro
[...]
Voilà sans doute à quoi il pense
Il va mourir bientôt
Elles n'ont jamais été si blanches
Non irá moito máis alá
A noite virá axiña
As neves do Kilimanjaro
Ve alá abaixo ao lonxe
As neves do Kilimanjaro
[...]
Velaí sen dúbida no que pensa
Vai morrer axiña
Nunca estiveron tan brancas
Pascal Danel, Kilimanjaro (1966)
Jean Ferrat evoca nestas palabras o Kilimanjaro, nun texto do mesmo título, en 1985:
Que la vie c'est du terre à terre
Qu'on peut pas être himalayen
Avoir l'altitude à zéro
Sept jours sur sept et qu'il s'avère
Qu'il faut savoir être moyen
Tu comprends pas c'est ça qu'est triste
Que j'aimerais vivre moins haut
Être un amoureux plus simpliste
Que a vida é mundana
Que non se pode ser himalaio
Ter a altitude a cero
Sete días sobre sete e compróbase
Que cómpre saber ser medio
Non comprendes que é iso o triste
Que querería vivir menos alto
Ser un amante máis simplista
Jean Ferrat, Kilimanjaro (1985)
Pola súa banda, Pierre Perret consola o seu amigo por levalo «a un picnic no alto do Kilimanjaro» («faire un pique-nique en haut du Kilimandjaro», en Mon p'tit loup) mentres Michel Sardou fai rimar «o teito do Kilimanjaro e a montaña Eldorado» («le toit du Kilimandjaro et la montagne Eldorado», en Dans ma mémoire, elle était bleue). En 1981, Carlos Santana compuxo unha peza instrumental titulada Tales of Kilimanjaro (Contos do Kilimanjaro).
No cinema, pola súa banda, en 1952 o filme The Snows of Kilimanjaro adaptou o relato homónimo de Hemingway que fai referencia ao Kilimanjaro.[106][107]Mino Guerrini realizou en 1986 Le miniere del Kilimangiaro, unha película italiana que conta a historia dun estudante americano buscando diamantes cerca da montaña en 1930, e que debe facer fronte aos nazis, aos gánsteres chineses e ás tribos locais. Noutro ámbito, o volcán tamén aparece na película de debuxos animados The Lion King II: Simba's Pride. No filme An Inconvenient Truth, o antigo vicepresidente dos Estados Unidos Al Gore afirmou:[108]
Dentro dunha década, non haberá xa neves do Kilimanjaro.
A imaxe cambiante do Kilimanjaro no imaxinario colectivo acompaña o éxito que a montaña adquire nas artes despois do Século das Luces e o desenvolvemento do turismo é probablemente responsable da súa popularidade, a medida que os soportes se diversifican: tecidos (batik), estampas, litografías, gravados en cobre e aceiro, fotografías, etc. No entanto, as súas dimensións e as trabas impostas polas prácticas artísticas teñen sido durante moito tempo un obstáculo para a diversificación da súa representación. Frecuentemente aparece como pano de fondo de vistas compostas con animais salvaxes, flora exótica ou guerreiros masais en primeiro plano. Estas representacións son principalmente un reflexo dos prexuízos culturais e estereotipos occidentais sobre África. Nos primeiros tempos, tiñan un aspecto inquietante; despois, son máis románticas. Unha constante é o círculo de nubes, en primeiro lugar para falar do seu lado misterioso, despois, da súa dimensión espiritual e, finalmente, da súa altura.
Monseñor Le Roy é un dos que produciu a maioría dos gravados sobre o Kilimanjaro (unha obra notable é Le Kilima-Njaro, vue prise du Matchamé, de 1893). Tamén é un dos primeiros, con J. Chanel, que tomou fotografías da montaña nos anos 1890. A fraxilidade das primeiras placas fotográficas crea problemas de sobreexposición. Así, as dificultades inherentes a esta técnica máis auténtica son unha das súas debilidades, mais axudará a diversificar os puntos de vista do cume.
Tamén a publicidade aprópiase do símbolo: convértese en logotipo de marcas de auga mineral, de cervexa, de café, de té, de cigarros, de axencias de viaxe, ou de cadeas hoteleiras. Incluíuse o seu nome en slogans: «Air Tanzania, les ailes du Kilimandjaro» (Air Tanzania, as ás do Kilimanjaro) ou «la Tanzanie, terre du Kilimandjaro et de Zanzibar» (Tanzania, a terra do Kilimanjaro e de Zanzíbar) (State Travel Service). É compartido por tanzanos e kenyatas dependendo de se a parella Kibo-Mawenzi é representada nun sentido ou outro. Tampouco é inmune a ser un motivo representado en moedas e selos. Finalmente, co turismo de masas, a tarxeta postal parece recobrar o conformismo das primeiras representacións artísticas de dous xeitos: debe enxalzar os recursos naturais e a identidade da rexión.[109][110]
De acordo coa Tanzania National Parks Authority, a primeira voda celebrada na montaña baixo o cumio tivo lugar o 21 de setembro de 2014, cando unha parella americana intercambiou os seus votos no campamento Shira 2.[111][112] En 2011, unha parella intercambiara os seus votos no cumio.[113] Por outra banda, a montaña ostenta o récord de ter acollido o partido de crícket disputado a maior altitude, cando un grupo de xogadores internacionais xogaron nun cráter da montaña situado a 5 730 msnm..[114]
Notas
editar- ↑ O termo pirófilo/a aplícase a plantas que son inflamables e que propagan o lume, pero que resisten os seus efectos, e cuxas raíces ou sementes soportan ben os lumes e brotan de novo pouco despois.
- Referencias
- ↑ "Synonymes du Kilimandjaro". Global Volcanism Program (en inglés). National Museum of Natural History — Smithsonian Institution.
- ↑ «Kilima-Njaro», The Nuttall Encyclopaedia (en inglés), 1907.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Hutchinson, J. A. (1965). "The Meaning of Kilimanjaro" (en inglés). Tanganyika Notes and Records. Consultado o 12 de decembro de 2015.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Marie-Laure Montlahuc, Gérard Philippson, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 81-93
- ↑ Briggs, Philip (1996). Guide to Tanzania (en inglés) (2ª ed.). Bradt Travel Guides. ISBN 1898323364.
- ↑ Rui M. S. Fernandes e John Msemwa - Team KILI2008 (2009). "Precise Determination of the Orthometric Height of Mt. Kilimanjaro" (PDF) (en inglés). International Federation of Surveyors, FIG. Consultado o 1 de outubro de 2015.
- ↑ "How hard is it to climb Mount Kilimanjaro?" (en inglés). BBC News Magazine. 2 de marzo de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2015.
- ↑ "African geodetic reference" (PDF). AFREF newsletter (en inglés) (7). setembro 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2012.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Kilimanjaro". Global Volcanism program (en inglés). National Museum of Natural History — Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 "Kilimanjaro geology" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 11,0 11,1 "What does Kilimanjaro look like?" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2010. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ Wielochowski, A. L. (1998). Kilimanjaro: map and guide (en inglés) (4ª ed.). Goring, Reading, Inglaterra: West Col Productions. ISBN 0-906227-66-6.
- ↑ Robert Finlays (13 de xuño de 2012). "Marangu Route Climbing Mt Kilimanjaro: Most Popular Kilimanjaro Mountain Hiking Track" (en inglés). GoArticles. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Nonnotte, Philippe (2007). "Etude volcano-tectonique de la zone de Divergence Nord Tanzanienne (Terminaison Sud du Rift Kenyan). Caractérisation pétrologique et géochimique du volcanisme récent (8 Ma – Actuel) et du manteau source. Contraintes de mise en place" (PDF (23 MB)) (en francés). Tese de doutoramento da Universidade de Bretaña Occidental, especialidade: Xeociencias mariñas. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Simon Pomel, Guilène Réaud-Thomas, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 58-64
- ↑ 16,0 16,1 Hastenrath, Stefan (2008). Recession of equatorial glaciers: a photo documentation (en inglés). Sundog Publishing. ISBN 978-0-9729033-3-2.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 "Tanzania - Mt. Kilimanjaro - Glacier retreat". National Science Foundation's Earth System History Program (en inglés). Byrd Polar Research Center - Ohio State University. 2000. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 18,0 18,1 "Snow and Ice on Kilimanjaro". Earth Observatory (en inglés). NASA. 20 de decembro de 2002. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ Lonnie G. Thompson et ál (2002). "Kilimanjaro Ice Core Records: Evidence of Holocene Climate Change in Tropical Africa". Science (en inglés) 298 (5593): 589–593. doi:10.1126/science.1073198.
- ↑ 20,0 20,1 Amos, Jonathan (17 de abril de 2007). "Kilimanjaro's ice set to linger" (en inglés). Viena: BBC News. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 Organisation for Economic Co-operation and Development Staff (2005-11). Contre Vents et Marées : Les Politiques de developpement Face Au Changement Climatique. Washington: Organization for Economic Cooperation & Development. ISBN 92-64-01378-4. OCLC 506996994.
- ↑ 22,00 22,01 22,02 22,03 22,04 22,05 22,06 22,07 22,08 22,09 22,10 22,11 22,12 22,13 Jacques Blot, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 67-79
- ↑ Kaser e Mote (decembro de 2007). "Les glaces du Kilimandjaro : Pourquoi elles ont régressé". Pour la science (en francés) (362): 72–78.
- ↑ Mote, Phillip W.; Kaser, Georg (xullo-agosto de 2007). "The Shrinking Glaciers of Kilimanjaro: Can Global Warming Be Blamed?". American Scientist (en inglés) 95 (4): 318. doi:10.1511/2007.66.3752. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ Mölg, T., D. R. Hardy e G. Kaser (2003). "Solar-radiation-maintained glacier recession on Kilimanjaro drawn from combined ice-radiation geometry modeling". Journal of Geophysical Research (en inglés). 108(D23) (4731). doi:10.1029/2003JD003546.
- ↑ "Kilimanjaro glaciers" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Archived from the original on 26 de outubro de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 Simon Pomel, Guilène Réaud-Thomas, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 39-55
- ↑ "Kilimanjaro". Global Volcanism Program (en inglés). National Museum of Natural History — Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2021. Consultado o 30 de outubroo de 2015.
- ↑ Hinde, Roy J. "Mount Kilimanjaro" (PDF) (en inglés). Archived from the original on 11 de agosto de 2011. Consultado o 30 de outubro de 2015.
- ↑ 30,00 30,01 30,02 30,03 30,04 30,05 30,06 30,07 30,08 30,09 Hamilton, A. C.; Taylor, D. (1991). "History of climate and forests in tropical Africa during the last 8 million years". Climatic Change (en inglés) (Kluwer Academic Publishers) 19: 65–78.
- ↑ 31,0 31,1 Coetzee, J. A. (7 de novembro de 1964). "Evidence for a Considerable Depression of the Vegetation Belts during the Upper Pleistocene on the East African Mountains". Nature (en inglés) (Nature Publishing Group) 204: 564–566. doi:10.1038/204564a0.
- ↑ 32,0 32,1 Sirocho, F.; Sarnthein, M.; Erienkeuser, H. (1993). "Century-scale events in monsoonal climate over the past 24,000 years". Nature (en inglés) (Nature Publishing Group) 264: 322–324. doi:10.1038/364322a0.
- ↑ Clemens, Steven; Prell, Warren; Murray, David; Shimmield, Graham; Weedon, Graham (1991). "Forcing mechanisms of the Indian Ocean monsoon". Nature (en inglés) (Nature Publishing Group) 353: 720–725. doi:10.1038/353720a0.
- ↑ Dutton, E. A. T.; Gregory, J. W. (1926). Kenya Mountain - Appendix 3: The Geology of Mount Kenya (en inglés). Londres: Jonathan Cape.
- ↑ Colyn, Marc; Gautier-Hion, Annie; Verheyen, Walter (1991). "A re-appraisal of palaeoenvironmental history in Central Africa: evidence for a major fluvial refuge in the Zaire Basin". Journal of Biogeography (en inglés) 18: 403–407.
- ↑ Hedberg, O. (1969). "Evolution and speciation in a tropical high mountain flora". Biological Journal of the linnean society (en inglés) 1: 135–148. doi:10.1111/j.1095-8312.1969.tb01816.x.
- ↑ 37,0 37,1 T. H. van Andel, P. C. Tzedakis (1996). "Palaeolithic landscapes of Europe and environs, 150,000-25,000 years ago: an overview". Quaternary Science Reviews (en inglés) (Elsevier Science) 15: 481–500. doi:10.1016/0277-3791(96)00028-5.
- ↑ 38,0 38,1 Stokes, Stephen; Thomas, David S. G.; Washington, Richard (1997). "Multiple episodes of aridity in southern Africa since the last interglacial period". Nature (en inglés) (Macmillan Publishers Ltd) 388: 154–158.
- ↑ 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 Adams, Jonathan. "Africa during the last 150,000 years" (en inglés). Oak Ridge, Estados Unidos: Environmental Sciences Division, Oak Ridge National Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2006. Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ 40,0 40,1 Braconnot, P.; Joussaume, S.; de Noblet, N.; Ramstein, G. "Mid-Holocene and Last Glacial Maximum African monsoon changes as simulated within the Paleoclimate Modelling Intercomparison Project". Global and Planetary Change (en inglés) (Elsevier) 26: 51–66. doi:10.1016/S0921-8181(00)00033-3.
- ↑ 41,0 41,1 41,2 Zonneveld, Karin A. F. (1997). "Mechanisms forcing abrupt fluctuations of the Indian ocean summer monsoon during the last deglaciation". Quaternary Science Reviews (en inglés) (Elsevier) 16: 187–201. doi:10.1016/S0277-3791(96)00049-2.
- ↑ 42,0 42,1 Overpeck, Jonathan (1996). "The southwest Indian Monsoon over the last 18,000 years". Climate Dynamics (en inglés) (Springer-Verlag) 12–3: 213–225.
- ↑ "Kilimanjaro National Park, Tanzania" (PDF) (en inglés). UNEP - WCMC. marzo de 2005. Archived from the original on 25 de xullo de 2010. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- ↑ Agrawala, Shardul (2005). Contre vents et marées: les politiques de développement face au changement climatique (en inglés). Organisation de coopération et de développement économiques, OECD Publishing. pp. 104–11. ISBN 9264013784.
- ↑ 45,0 45,1 45,2 (Stewart 2004, pp. 106-128)
- ↑ "Kilimanjaro National Park - History and Information" (en inglés). Base Camp Tanzania. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2015.
- ↑ Rohart, Grégory (24 de setembro de 2007). "Écosystème du Kilimandjaro" (en francés). Kilimandjaro-fr.com. Archived from the original on 29 de maio de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2015.
- ↑ Duane, W. J.; Pepin, N. C.; Losleben, M. L.; Hardy, D. R. (2008). "General Characteristics of Temperature and Humidity Variability on Kilimanjaro, Tanzania" (PDF). Arctic, Antarctic, and Alpine Research (en inglés) 40 (2): 323–334. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Weather on Kilimanjaro" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2015.
- ↑ Camberlin, =P.; Okoola, R. E. (2003). "The onset and cessation of the "long rains" in eastern Africa and their interannual variability". Theoretical and Applied Climatology (en inglés) 75: 43–54.
- ↑ 51,0 51,1 Mutai, Charles C.; Ward, M. Neil (2000). "East African Rainfall and the Tropical Circulation/Convection on Interseasonal to Interannual Timescales". Journal of Climate (en inglés) (American Meteorological Society) 13 (22): 3915–3938. Consultado o 14 de setembro de 2015.
- ↑ Birkett, Charon; Murtugudde, Ragu; Allan, Tony (1999). "Indian Ocean climate event brings floods to East Africa's lakes and the Sudd Marsh". Geophysical Research Letters (en inglés) (American Geophysical Union) 26 (8): 1031–1034. doi:10.1029/1999GL900165.
- ↑ 53,0 53,1 53,2 53,3 53,4 53,5 "Wildlife of Kilimanjaro" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Archived from the original on 21 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2015.
- ↑ 54,0 54,1 (Newmark 1991, pp. 35-46)
- ↑ 55,0 55,1 55,2 55,3 "Bird Life of Kilimanjaro" (en inglés). Mt Kilimanjaro Logue. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 56,0 56,1 56,2 56,3 56,4 56,5 56,6 56,7 56,8 (Bart & Devenne 2003, pp. 123-138)
- ↑ 57,0 57,1 57,2 57,3 57,4 "Kilimanjaro flora" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Archived from the original on 21 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2015.
- ↑ Allan, Iain (1981). The Mountain Club of Kenya Guide of Mount Kenya and Kilimanjaro (en inglés). Mountain Club of Kenya. ISBN 978-9966-9856-0-6.
- ↑ (Newmark 1991, p. 19)
- ↑ "History of Kilimanjaro - Kilimanjaro’s early history" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ 61,0 61,1 "Chagga origins - The beginnings of the Chagga" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ 62,00 62,01 62,02 62,03 62,04 62,05 62,06 62,07 62,08 62,09 62,10 62,11 62,12 62,13 62,14 62,15 62,16 62,17 Lenoble-Bart, Annie; ¡Constantin, François. Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 21-38
- ↑ 63,0 63,1 63,2 63,3 63,4 Mazurier, Pascal; Saule-Sorbé, Hélène; Lenoble-Bart, Annie; Menges, Claude. Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 95-106
- ↑ "Early historical references to Kilimanjaro - The Periplus and Ptolemy" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "History of Kilimanjaro: the outsiders arrive - Arab geographers, an anonymous Chinaman and some Portuguese" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Bart, François; Morin, Serge; Salomon, Jean-Nöel (2001). Les montagnes tropicales : identités, mutations, développement (en francés). Presses Universitaires de Bordeaux. p. 282. ISBN 2-906621-30-7.
- ↑ "The history of Kilimanjaro: The 1800s - the pioneers..." (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 68,0 68,1 "History of Kilimanjaro: The preachers of Kilimanjaro" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "History of Kilimanjaro: Rebmann’s journey and the discovery of snow" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Hugon, Anne (1991). L’Afrique des explorateurs : Vers les sources du Nil. Découvertes Gallimard (en francés) 117. Éditions Gallimard. p. 28. ISBN 2-07-053130-9.
- ↑ 71,0 71,1 71,2 71,3 "History of Kilimanjaro: First attempts at the summit - Baron von der Decken and Charles New" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 72,0 72,1 72,2 72,3 72,4 72,5 "History of Kilimanjaro: The conquest of Kilimanjaro - Early attempts on the summit: Teleki and Meyer" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 73,0 73,1 "History of Kilimanjaro: Kilimanjaro today" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 74,0 74,1 Bulletin des Œuvres (en francés), febreiro de 1913, p. 327.
- ↑ Mgr. de Courmont, Annales apostoliques (en francés), n° 22, abril de 1891, pp. 41-44: carta manuscrita dirixida ao Presidente do Consello Central da Propaganda da Fe.
- ↑ Iliffe, John (1979). A modern history of Tanganyika (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0521296110.
- ↑ Jacques Blot, Les montagnes tropicales: identités, mutations, développement, op. cit., pp. 287-291
- ↑ "Chagga beliefs and ceremonies - Chagga witchcraft, superstitions and rituals" (en inglés). Climb Mount Kilimanjado. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "The social structure and village life of the Chagga" (en inglés). Climb Mount Kilimanjaro. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ 80,0 80,1 "Kilimanjaro National Park, Tanzania" (PDF). World Heritage Sites (en inglés). United Nations Environment Programme - World Conservation Monitoring Centre. marzo de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Parc national du Kilimandjaro" (en francés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ «le Kilimandjaro, avec sa cime enneigée qui surplombe la plaine de près de 5000 m, est le plus grand massif montagneux isolé qui soit» [...] «une grande diversité d'espèces animales et végétales rares ou endémiques».
- ↑ "World Heritage Nomination - IUCN Summary - 403 : Kilimanjaro National Park (Tanzania)" (PDF) (en inglés e francés). Unesco. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "The Rongai - Loitokitok route" (en inglés). 7summits.com. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 85,0 85,1 85,2 85,3 85,4 85,5 85,6 "Which route should I use to climb Kilimanjaro?" (en inglés). UltimateKilimanjaro. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "Classic Rongai" (en inglés). Peak Planet. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "The Marangu or Coca-Cola (tourist) route" (en inglés). 7summits.com. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "Kilimanjaro National Park - Mweka Route" (en inglés). Great Outdoor Recreation Pages. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ 89,0 89,1 89,2 89,3 89,4 "Kilimandjaro - Climbing and walking guide". East Africa Mountain Guide (en inglés). Executive Wilderness Programmes. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Alexander Stewart. Kilimanjaro: a complete trekker's guide, op. cit., pp. 129-244
- ↑ "The Umbwe - Western Breach route" (en inglés). 7summits.com. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ "The Machame route" (en inglés). 7summits.com. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ "The Lemosho Shira - Machame route" (en inglés). 7summits.com. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ "Shira Route" (en inglés). Peak Planet. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ 95,0 95,1 95,2 95,3 95,4 95,5 Wielochowski, Andrew (1999). "Kilimanjaro climbing routes" (en inglés). Executive Wilderness Programmes. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2015. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ "Northen Circuit" (en inglés). Peak Planet. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ 97,0 97,1 97,2 97,3 97,4 97,5 Cameron M. Burns, Kilimanjaro & East Africa: a climbing and trekking guide, op. cit., pp. 83-116
- ↑ 98,0 98,1 98,2 98,3 98,4 98,5 Alexander Stewart, Kilimanjaro: a complete trekker's guide, op. cit., pp. 129-244
- ↑ "Kilian Jornet, double record du Kilimandjaro pulvérisé" (en francés). runraid.fr, le site des Sports Nature. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ Aconcagua Speed Record Smashed Again, 19 février 2015
- ↑ Bazin, Sylvain (27 de decembro de 2014). "Record de vitesse sur le Kilimandjaro: Karl Egloff détrône Jornet, dans l'indifférence?". Wider (en francés). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ "Record climbs on Kilimandjaro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ The Snows of Kilimanjaro Arquivado 02 de abril de 2016 en Wayback Machine. - Editors note.
- ↑ "An American Literary Treasure" (en inglés). Kent State University Press. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ Sia Bor På Kilimandjaro. Sia Lives on Kilimanjaro. Photographs by Anna Riwkin-Brick. Text by A. Lindgren (en inglés). London; Stockholm printed. 1959.
- ↑ Hemingway, Ernest (1995). The Snows of Kilimanjaro and Other Stories. Simon and Schuster. ISBN 978-0-684-80444-6.
- ↑ "Notes - The Snows of Kilimanjaro". AFI Catalog (en inglés). Turner Classic Movies. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ Modie, Neil (21 de xaneiro de 2008). "Mount Kilimanjaro: On Africa's roof, still crowned with snow". The New York Times. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ Pascal Mazurier, Hélène Saule-Sorbé, Annie Lenoble-Bart, Claude Menges, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 106-22.
- ↑ Pascal Mazurier, Les montagnes tropicales: identités, mutations, développement, op. cit., pp. 271-88.
- ↑ "American couple to exchange vows on Mount Kilimanjaro". Daily News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "Couple marries on top of Mount Kilimanjaro, Africa's highest peak". India Today (en inglés). 22 de setembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "More couples exchange marriage vows on Africa’s roof". The Guardian (en inglés). 24 de setembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "Cricketers play on Kilimanjaro to set new world record". BBC News (en inglés). 26 de setembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kilimanjaro |
Bibliografía
editar- Bart, François; Morin, Serge; Salomon, Jean-Nöel (1998). Les montagnes tropicales: identités, mutations, développement (en francés). Bordeaux-Pessac: Presses Universitaires de Bordeaux. ISBN 2906621307.
- Bart, François; Mbonile, Milline J.; Devenne, François (2003). Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité (en francés). Presses Universitaires de Bordeaux. ISBN 2867813093.
- Burns, Cameron M. (2006). Kilimanjaro & East Africa: a climbing and trekking guide (en inglés). The Mountaineers Books. ISBN 0898866049.
- Hemingway, Ernest (1995). The Snows of Kilimanjaro and Other Stories (en inglés). Scribner. ISBN 0-684-80444-1.
- Hemingway, Ernest; Lewis, Robert W.; Fleming, Robert E. (2005). Under Kilimanjaro (en inglés). Kent State University Press. ISBN 0-87338-845-3.
- Lanvers, Hernan S. (2002). Monte Kilimanjaro: Gigante de África. Guía médica para su ascenso (en castelán). Ediciones del Boulevard. ISBN 9879234871.
- Le Roy, A. (1890). Au Kilima Njaro, histoire de la fondation d'une mission catholique (Afrique Occidentale) (en francés).
- Newmark, William Dubois (1991). The Conservation of Mount Kilimanjaro (en inglés). IUCN Tropical Forest Programme. ISBN 2831700701.
- Ridgeway, Rick (1999). The Shadow of Kilimanjaro (en inglés). Owl Books. ISBN 0-8050-5390-5.
- Ridgeway, Rick; Shulma, Neville; Moore (Foreword), Robert M., Jr.; Carmichael, Stephen; Stoddard, Susan (2002). Climbing Mount Kilimanjaro (en inglés). Medi-Ed Press. ISBN 0-936741-16-3.
- Salkeld, Audrey; Breashears, David (2002). Kilimanjaro: Mountain at the Crossroads (en inglés). National Geographic. ISBN 0-7922-6466-5.
- Stedman, Henry (2003). Kilimanjaro: A Guide to Climbing Africa's Highest Mountain, Includes City Guides to Arusha, Moshi, Marangu, Nairobi and Dar Es Salaam (en inglés). Trailblazer Publications. ISBN 1-873756-65-8.
- Stedman, Henry (2006). Kilimanjaro: The Trekking Guide to Africa's Highest Mountain (en inglés) (2ª ed.). Trailblazer Guides. ISBN 1873756917.
- Stewart, Alexander (2004). Kilimanjaro: a complete trekker's guide : preparation, practicalities and trekking routes to the "Roof of Africa" (en inglés). Cicerone Press Limited. ISBN 1852844132.