A estación seca é unha expresión climatolóxica empregada comunmente ao describir o clima nos trópicos. O clima nos trópicos está dominado polo cinto de chuvias tropicais, que oscila do norte ao sur do trópico no transcurso do ano. Este cinto de chuvias tropicais permanece no hemisferio sur de outubro a marzo e, durante este tempo, o trópico norte experimenta a estación seca, onde a precipitación é moi escasa, con xornadas tipicamente quentes e asolladas. De abril a setembro, o cinto de chuvias pasa ao hemisferio norte e o trópico do sur experimenta a súa estación seca.

Vista do río Níxer no pico da estación seca en Bamaco

Distribución xeográfica editar

O cinto de chuivas tropicais atópase no hemisferio sur aproximadamente de outubro a marzo; durante ese tempo, os trópicos do norte teñen unha estación seca con precipitacións máis escasas, e os días adoitan ser asollados en todas as partes. De abril a setembro, o cinto de chuvias sitúase no hemisferio norte e os trópicos do sur teñen a súa estación seca. Segundo a clasificación climática de Köppen, para os climas tropicais, un mes de estación seca defínese como un mes en que a precipitación media é inferior a 60 mm.

O cinto de chuivas adoita chegar polo norte ata o trópico de Cáncer e polo sur ata o trópico de Capricornio. Anualmente, preto desas latitudes hai unha estación chuviosa e unha estación seca. No ecuador hai dúas estacións chuviosas e dúas secas, xa que o cinto de chuvias pasa dúas veces ao ano: unha cando se move ao norte e outra ao moverse ao sur. Entre os trópicos e o ecuador as localidades poden experimentar unha curta estación chuviosa e outra prolongada. A xeografía local pode modificar substancialmente estes patróns climáticos.

Doenzas editar

 
O río Finnis en Australia durante a estación seca e o comezo da estación húmida

As investigacións realizadas indican que en África o inicio da estación seca coincide cun aumento nos casos de xarampón, o que os investigadores cren que podería atribuírse á maior concentración de persoas na estación seca, xa que as operacións agrícolas son practicamente imposibles sen risco. Durante este tempo, algúns agricultores marchan ás cidades, creando núcleos de maior densidade de poboación e permitindo que a doenza se propague máis facilmente.[1]

Investigación editar

Os novos datos amosan que nas partes estacionais da selva amazónica de América do Sur, o crecemento e a cobertura da follaxe varía entre as estacións seca e húmida, con aproximadamente un 25 % máis de follas e un crecemento máis rápido na estación seca. Os investigadores cren que o propio Amazonas ten o efecto de traer o inicio da tempada de chuvias: ao facer crecer máis follaxe, evapórase máis auga.[2] Porén, este crecemento aparece só nas partes non perturbadas da conca do Amazonas, onde os investigadores cren que as raíces poden chegar máis fondas e recolectar máis auga de chuvia.[3] Tamén se demostrou que os niveis de ozono son moito máis altos na estación seca que na estación húmida na conca do Amazonas.[4]

Duración editar

En Australia[5] e en Suramérica, a estación seca ábrese oficialmente entre maio e setembro. Polo menos nas áreas costeiras, o período entre a estación seca e o comezo das chuvias monzónicas (outubro a decembro) é unha tempada de chuvias ocasionais e alta humidade.

Notas editar

  1. "Dry Season Brings On Measles In Sub-Saharan Africa". ScienceDaily. 7 de febreiro de 2008. 
  2. "Amazon rainforest does have rainy and dry seasons". mongabay.com. 12 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2008. 
  3. "Amazon rainforest greens up in the dry season". 
  4. V. W. J. H. Kirchhoff, I. M. O. Da Silva, E. V. Browell (1990). "Ozone measurements in Amazonia: Dry season versus wet season". Journal of Geophysical Research 95 (D10): 16913. Bibcode:1990JGR....9516913K. doi:10.1029/jd095id10p16913. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 06 de marzo de 2022. 
  5. Goberno australiano