KLM

aeroliña dos Países Baixos

KLM é o acrónimo de Koninklijke Luchtvaart Maatschappij (literamente do holandés Compañía Real de Aviación) para a aeroliña nacional dos Países Baixos. É parte da empresa Air France-KLM dende maio do ano 2004 e está establecida no aeroporto de Schiphol, preto de Ámsterdam. KLM fai operacións nuns 90 destinos de todo o mundo, tanto de pasaxeiros coma de carga. Pertence á alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance. Fundada no ano 1919, trátase da aeroliña máis antiga do mundo que aínda opera baixo o seu nome orixinal.

Koninklijke Luchtvaart Maatschappij Royal Dutch Airlines
IATA
KL
OACI
KLM
Indicativo
KLM
Fundación7 de outubro de 1919
Inicio das operacións17 de maio de 1920
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasKLM Cityhopper, Martinair, Transavia.com
Frota156
Destinos145
HoldingAir France-KLM
Eslogan da compañíaJourneys of Inspiration
Sede
Páxina web: http://www.klm.com/

Historia

editar

Primeiros anos

editar

En 1919 un aviador novo, o tenente Albert Plesman, patrocinou a exhibición aérea ELTA en Ámsterdam. A exhibición foi un grande éxito; despois do seu peche varios intereses comerciais neerlandeses intentaron crear unha aeroliña no país, na que Plesman foi nomeado para dirixir.[1] En setembro de 1919 a raíña Guillermina I outorgou a KLM, que aínda non nacera, o seu predicado "Real" ("Koninklijke").[2] O 7 de outubro de 1919 oito empresarios neerlandeses, incluído Frits Fentener van Vlissingen, fundaron KLM como unha das primeiras aeroliñas comerciais do mundo. Plesman converteríase no seu primeiro administrador e director.[1]

O primeiro voo de KLM tivo lugar o 17 de maio 1920. O primeiro piloto da aeroliña, Jerry Shaw, voou dende o aeroporto de Croydon en Londres ata Ámsterdam.[2] O voo foi realizado usando un de Haviland DH-16 arrendado a Aircraft Transport and Travel,[2] con rexistro G-EALU, que transportou a dous xornalistas británicos e algúns xornais. En 1920 KLM levou 440 pasaxeiros e 22 toneladas de carga. E abril de 1921, despois de parar durante o inverno, KLM retomou os seus servizos usando pilotos propios e avións Fokker F.II e Fokker F.III.[2] Ese ano a aeroliña comezou a realizar servizos regulares.

O primeiro voo intercontinental de KLM engalou o 1 de outubro de 1924.[2] O destino final era Iacarta (entón chamada 'Batavia'), Xava, nas Indias Orientais Neerlandesas; o voo usou un Fokker F.VII[2] con rexistro H-NACC e estaba pilotado por Van der Hoop.[3] En setembro de 1929 comezaron os servizos regulares entre Ámsterdam e Batavia. Ata o estoupido da segunda guerra mundial en 1939, este foi o servizo regular en avión máis longo do mundo.[2] En 1926 a compañía ofrecía voos a Ámsterdam, Rotterdam, Bruxelas, París, Londres, Bremen, Copenhague e Malmö, usando principalmente Fokker F.II e Fokker F.III.

En 1930 KLM transportou 15 143 pasaxeiros. O Douglas DC-2 foi introducido no servizo de Batavia en 1934. O primeiro voo transatlántico experimental de KLM foi entre Ámsterdam e Curaçao en decembro de 1934 usando o Fokker F.XVIII "Snip".[2] O primeiro Douglas DC-3 da aeroliña foi entregado en 1936; estes substituíron os DC-2 no servizo a Sydney vía Batavia. KLM foi a primeira aeroliña en servir ao novo aeroporto de Ringway de Manchester, comezando a voar en xuño de 1938. KLM foi a única aeroliña civil en recibir o Douglas DC-5; a compañía usou dous deles nas Indias Orientais e vendou dous ao seu goberno, sendo así a única aeroliña en usar todos os modelos DC de Douglas agás o DC-1.

Segunda guerra mundial

editar

Cando Alemaña invadiu os Países Baixos o 10 de maio de 1940 varios avións de KLM, principalmente DC-3 e un feixe de DC-2, estaban en ruta cara ou dende Extremo Oriente, ou estaban operando servizos en Europa. Cinco DC-3 e un DC-2 foron levados a Inglaterra. Durante a guerra eses avión e tripulantes realizaron voos regulares de pasaxeiros entre Bristol e Lisboa con rexistro de BOAC.

O Douglas DC-3 PH-ALI "Ibis", entón rexistrado como G-AGBB, foi atacado pola Luftwaffe o 15 de novembro de 1942, o 19 de abril de 1943, e finalmente o 1 de xuño de 1943 cando realizaba o voo 777 de BOAC, matando a todos os pasaxeiros e tripulantes.[4] Algúns avións e tripulantes de KLM acabaron na rexión de Australia-Indias Orientais Neerlandesas, onde axudaron a tranportar refuxiados da agresión xaponesa a esa área.

Posguerra

editar

Despois do final da guerra en agosto de 1945 KLM comezou inmediatamente a reconstruír a súa rede. Como as Indias Orientais estaban en estado de revolta, a prioridade de Plesman era restablecer a ruta a Batavia. Este servizo volveu comezar cara finais de 1945.[1] Os voos domésticos e europeos reiniciáronse en setembro de 1945, inicialmente cunha frota de Douglas DC-3 e Douglas DC-4.[2] O 21 de maio de 1946 KLM foi a primeira aeroliña da Europa continental en comezar voos transatlánticos regulares entre Ámsterdam e Nova York usando Douglas DC-4.[2] En 1948 KLM reestruturou a súa rede e servizos cara África, Norteamérica e Suramérica, e retomou os do Caribe.[1]

A finais dos anos 40 uníronse á frora de KLM Lockheed Constellation[5] e Douglas DC-6[6] presurizados de longo alcance; o Convair 240, bimotor presurizado de curto alcance, comezou a realizar voos europeos para a compañía a finais de 1948.

Durante o período de posguerra o goberno neerlandés expresou interese por obter a maioría das accións de KLM e así nacionalizala. Plesman quría que KLM permanecese como unha compañía privada baixo control privado; Plesman permitiu ao goberno mercar unha participación minoritaria na aeroliña.[1] En 1950 KLM transportou 356 069 pasaxeiros. A expansión da rede continuou nos anos 50 engadindo varios destinos no oeste de Norteamérica. A frota de KLM aumentou coa chegada de novas versións do Lockheed Constellation e do Lockheed Electra, sendo a primeira aeroliña europea en voar este último.[1]

O 31 de decembro de 1953, o fundador e presidente de KLM, Albert Plesman, morreu con 64 anos.[7][8] Foi substituído como presidente por Fons Aler.[9] Tras a morte de Plesman a compañía e outras aeroliñas entraron nun período de dificultades financeiras. A conversión a avións a reaccións representou unha carga financeira adicional para KLM. O goberno neerlandés aumentou a súa participación na compañía ata os dous terzos, nacionalizándoa. O consello de administración permaneceu baixo o control de accionistas privados.[1]

O 25 de xullo de 1957 a aeroliña introduciu o seu simulador de voo para o Douglas DC-7C, o derradeiro avión con motores de pistón de KLM, que abriu a ruta traspolar dende Ámsterdam a Toquio vía Anchorage o 1 de novembro de 1958.[2] Cada tripulación que realizaba a ruta traspolar sobre o Ártico estaba equipada cun kit de supervivencia de inverno que incluía unha carabina de fogo selectivo AR-10 de 7,62 mm para usar contra osos polares, no caso de que o avión se vise forzado a aterrar no xeo polar.

Era dos reactores

editar
 
Douglas DC-8

O catrimotor turbohélice Vickers Viscount 800 foi introducido en rutas europeas en 1957. En setembro de 1959 KLM incorporou o tamén catrimotor turbohélice Lockheed L-188 Electra nalgunhas das súas rutas en Europa e Oriente Medio. En marzo de 1960 a aeroliña introduciu o primeiro reactor Douglas DC-8 na súa frota.[2] En 1961 informou do seu primeiro ano de perdas.[1] Ese ano o presidente da aeroliña Fons Aler foi substituído por Ernst van der Beugel. Porén, este troco non cambiou os problemas financeiros de KLM. Van der Beugel renunciou á presidencia en 1963 debido a razóns de saúde.[10] Horatius Albarda foi nomeado para substituír a Ernst van der Beugel como presidente de KLM ese mesmo ano. Alberda iniciou unha reorganización da compañía que levou á redución do persoal e dos servizos aéreos.[1] En 1965 Alberda morreu nun accidente aéreo e foi sucedido por Gerrit van der Wal.[11][12] Van der Wal chegou a un acordo co goberno neerlandés para que KLM fose dirixido novamente como unha compañía privada. En 1966 a participación do goberno reducíuse ao 49,5%.[1] Ese mesmo ano KLM introduciu o Douglas DC-9 nas rutas de Europa e Oriente Medio.

Os novos edificios das terminais no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol inauguráronse en abril de 1967, e en 1968 entrou en servizo o alongado Douglas DC-8-63 ("Super DC-8").[2] Con 244 asentos, era o avión de pasaxeiros máis grande da época. KLM foi a primeira aeroliña en usar o Boeing 747-200B, impulsado por motores Pratt & Whitney JT9D, en febreiro de 1971;[13] este modelo iniciou o uso de avións de fuselaxe ancha por parte de KLM.[2] En marzo de 1971 KLM inaugurou a súa actual sede en Amstelveen.[2] En 1972 a compañía mercou o primeiro de varios McDonnell Douglas DC-10, a resposta de McDonnell Douglas ao Boeing 747.[1]

En 1973 Sergio Orlandini foi nomeado para suceder a Gerrit van der Wal como presidente de KLM.[1][14] Na época, KLM, ao igual que outras aeroliñas, tivo que lidar co exceso de capacidade. Orlandini propuxo converter os 747 de KLM en "combis" que puidesen levar unha combinación de pasaxeiros e carga nunha configuración mixta na cuberta principal do avión.[1] En novembro de 1975 o primeiro deses Boeing 747-200B Combi foi engadido á frota de KLM. A xa aeroliña operara anteriormente o DC-8 cunha configuración combinada para pasaxeiros e carga.

A crise do petróleo de 1973, que causou dificultades financeiras, levando a KLM a buscar axuda no goberno para organizar o financiamento da débeda. A compañía aérea emitiu accións adicionais de accións ao goberno a cambio dos seus cartos. A finais dos 70 a participación do goberno aumentou ata ter unha maioría do 78%, renacionalizanfo a aeroliña.[1] A xestión da compañía permaneceu baixo o control de accionistas privados.[2]

Anos 80 e 90

editar

En 1980 KLM transportou 9 715 069 pasaxeiros. En 1983 chegou a un acordo con Boeing para converter dez dos seus 747-200 nunha configuración coa cuberta superior alongada. Os traballos comezaron en 1984 na fábrica de Boeing en Everett, Washington, e remataron en 1986. Os avións convertidos foron chamados Boeing 747-200SUD ou 747-300, operando a aeroliña ademais tres Boeing 747-300 de nova construción. En 1983 KLM recibiu o primeiro dos seus 10 Airbus A310.[1] Sergio Orlandini retirouse en 1987 e foi substituído por Jan de Soet.[15] En 1986 a participación do goberno neerlandés en KLM reducíuse ao 54,8%.[1] Agardábase que esa porcentaxe baixase aínda máis durante a década.[1] O Boeing 747-400 foi introducido na frota da compañía en xuño de 1989.[2]

Coa liberalización do mercado europeo, KLM comezou a desenvolver o seu centro de conexións no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol alimentando a súa rede con tráfico de aeroliñas afiliadas.[1] Como parte do seu desenvolvementi dunha rede global, KLM mercou un 20% das accións de Northwest Airlines en xullo de 1989.[2] En 1990 KLM transportou 16 000 000 pasaxeiros. Jan de Soet retirouse a finais dese ano e foi substituído en 1991 por Pieter Bouw.[16] No mes de decembro KLM foi a primeira aeroliña europea en introducir un programa de fidelidade para pasaxeiros frecuentes, bautizado como Flying Dutchman.[2]

Proxecto conxunto

editar
 
MD-11 coa librea de KLM e Northwest Airlines

En xaneiro de 1993 o Departamento de Transporte dos Estados Unidos concedeu a KLM e Northwest Airlines inmunidade antimonopolio, permitíndolles intensificar a súa asociación.[2] En setembro de 1993 as aeroliñas operaban os seus voos entre os Estados Unidos e Europa como parte dun proxecto conxunto.[2] En marzo de 1994 KLM e Northwest Airlines introduciron a World Business Class nas rutas intercontinentais.[2] A participación de KLM en Northwest Airlines aumentou ata o 25% en 1994.[1]

KLM introduciu o Boeing 767-300ER en xullo de 1995.[2] En xaneiro de 1996 KLM mercou un 26% de participación en Kenya Airways, a aeroliña nacional de Kenya.[2] En 1997 Pieter Bouw renunciou como presidente de KLM e foi sucedido por Leo van Wijk. En agosto de 1998 KLM comprou todas as accións regulares do goberno neerlandés para que KLM volvese a ser unha compañía privada. O 1 de novembro de 1999 KLM fundou AirCares, unha plataforma de comunicación e recadación de fondos que apoia causas centrándose nos nenos desfavorecidos.[2]

KLM renovou a súa frota intercontinental substituíndo os Boeing 767, Boeing 747-300, e finalmente os McDonnell Douglas MD-11, con Boeing 777-200ER e Airbus A330-200. O MD-11 estivo en servizo ata outubro de 2014.[17][18] O primeiro Boeing 777 chegou o 25 de outubro de 2003, mentres que o primeiro Airbus A330-200 foi introducido o 25 de agosto de 2005.[2]

Fusión Air France-KLM

editar

O 30 de setembro de 2003 Air France e KLM acordaron un plan de fusión no cal as dúas aeroliñas se farían subsidiarias dunha compañía nai chamada Air France-KLM. Ámbalas dúas aeroliñas manterían as súas marcas, e tanto o aeroporto de París-Charles de Gaulle como o aeroporto de Ámsterdam-Schiphol serían centros de conexións claves.[19] En febreiro de 2004 a Comisión Europea e o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos aprobaron a proposición de fusión das aeroliñas.[20][21] No mes de abril tivo lugar unha oferta de intercambio na que os accionistas de KLM intercambiaron as súas accións de KLM por accións de Air France.[22] Dende o 5 de maio de 2004 Air France-KLM foi listada na bolsa Euronext en París, Ámsterdam e Nova York. En setembro completouse a fusión coa creación da compañía nai Air France-KLM. A operación deu como resultado o grupo de aeroliñas máis grande do mundo e debería aforrar entre 400 e 500 millóns anuais de custos.[23]

Non semella que a longa asociación entre KLM e Northwest Airlines, que se fusionou con Delta Air Lines en 2008, se vise afectada pola fusión con Air France. KLM e Northwest uníronse á alianza SkyTeam en setembro de 2004. Tamén en 2004, a alta dirección recibiu críticas por outorgarse bonos controvertidos despois da fusión, mentres se perdían 4 500 postos de traballo en KLM. Tras presións externas a dirección renunciou a eses bonos.[24]

En marzo de 2007 KLM comezou a usar o sistema de reservas Amadeus, xunto co seu socio Kenya Airways. Tras 10 anos como presidente da aeroliña Leo van Wijk renunciou á súa posición e foi sucedido por Peter Hartman.[25]

Anos 2010

editar

Comezando en 2010, KLM integrou a división de pasaxeiros de Martinair en KLM, transferindo todo o persoal e rutas. En novembro de 2011 Martinair só estaba formada pola división de carga e de mantemento.[26] No mes de marzo de 201, KLM e InselAir chegaron a un acordo para cooperar nos destinos de InselAir, aumentando así os seus servizos de pasaxeiros. Comezando o 27 de marzo de 2011, os pasaxeiros de KLM poderían voar a todos os destinos de InselAir a través dos seus centros de conexión en Curaçao e Sint Maarten.[27][28] Esta cooperacións ampliouse cun acordo de código compartido en 2012.[29] A principios de 2018 a cooperación rematou despois de que InselAir comezase a ter problemas financeiros que forzaron á aeroliña a vender parte da súa frota e a cancelar algunhas rutas.[30]

O 20 de febreiro de 2013 KLM anunciou que Peter Hartman renunciaría como presidente e CEO da compañía o 1 de xullo. Foi substituído por Camiel Eurlings. Hartman seguiu traballando para a aeroliña ata o seu retiro o 1 de xaneiro de 2014.[31] O 15 de outubro de 2014 KLM anunciou que Eurlings, en consulta conxunta co consello de supervisión, decidiu dimitir inmediatamente como presidente e CEO. A partir desta data, foi sucedido por Pieter Elbers.[32] O 19 de xuño de 2012 KLM realizou o primeiro voo transatlántico usando parcialmente biocombustible ata Río de Xaneiro. Este foi a maior distancia dun avión usando este tipo de combustible.[33]

En novembro de 2020 a frota de KLM (excluíndo as súas filiais KLM Cityhopper, Transavia e Martinair) estaba formada polos seguintes avións:[34][35][36]

Frota de KLM
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[36] Notas
B E+ E Total
Airbus A330-200 8 18 36 214 268 Van ser retirados en 2025.[37]
Airbus A330-300 5 30 40 222 292
Boeing 737-700 16 20 6 106 132 Van ser retirados en 2022.[38]
Boeing 737-800 31 20 6 150 176
Boeing 737-900 5 28 18 138 184
Boeing 777-200ER 15 34 40 242 316
Boeing 777-300ER 14 2 34 40 334 408
Boeing 787-9 13 30 48 216 294
Boeing 787-10 5 10[39] 38 36 270 344
Frota de KLM Cargo
Boeing 747-400ERF 3 Carga Operados por Martinair para KLM Cargo.
Total 115 12

Histórica

editar

Ao longo da súa historia KLM operou os seguintes modelos:

Frota histórica de KLM
Avión Total Introducido Retirado Notas
Airbus A310-200 11 1983 1997
BAC 1-11-301AG 1 1968 1968 Alugado a British Eagle.
Operou na ruta Rotterdam - Londres coa librea de KLM.
Boeing 737-200 3 1988 1995
Boeing 737-300 19 1986 2011
Boeing 737-400 19 1989 2011
Boeing 747-200B 5 1971 1991
Boeing 747-200M 7 1975 1986
Boeing 747-200B/SUD 3 1985 2003
Boeing 747-200/SUD/SF 2 1998 2003 Convertidos a partir de dous Boeing 747-200M/SUD.
Boeing 747-200M/SUD 7 1985 2003
Boeing 747-300M 3 1983 2003
Boeing 747-400 5 1989 2020 Retirados antes pola pandemia da COVID-19.
Boeing 747-400M 20 1989 2020 3 avións regresaron como cargueiros e retiráronse en outubro de 2020.
Boeing 767-300ER 12 1995 2007
Carley Werkspoor Jumbo 1 1930 1940 Só se fabricou 1 avión, con rexistro PH-AFI.
Convair 240 12 1948 1959
Convair 340 13 1953 1964
De Havilland DH.9 4 1921 1926
De Havilland DH.16 4 1920 1924 Alugados a Aircraft Transport and Travel.
Douglas C-54 Skymaster 2 1945 1959
Douglas C-54A Skymaster 16
Douglas C-54B Skymaster 3
Douglas DC-2 19 1934 1946
Douglas DC-3 58 1936 1964
Douglas DC-4 6 1946 1958
Douglas DC-5 4 1940 1941
Douglas DC-6 9 1948 1963
Douglas DC-6A 2 1953 1961
Douglas DC-6B 7 1952 1963
Douglas DC-7C 15 1953 1966
Douglas DC-8 23 1960 1983
Douglas DC-8-63 11 1967 1985
Douglas DC-9-10 6 1966 1989
Douglas DC-9-30 12 1967 1989
Douglas DC-9-30C 6
Fokker F.II 2 1920 1927
Fokker F.III 14 1921 1930
Fokker F.VII 5 1924 1936
Fokker F.VIIa 15 1925 1940
Fokker F.VIIb/3m 10 1928 1936
Fokker F.VIII 7 1927 1940
Fokker F.IX 2 1930 1936
Fokker F.XII 8 1931 1936
Fokker F.XVIII 5 1932 1946
Fokker F.XX 1 1933 1936
Fokker F.XXII 3 1935 1939
Fokker F.XXXVI 1 1935 1939
Ilyushin Il-62 7 1971 1972 Operaron conxuntamente con Aeroflot.
Usados para a ruta Toquio - Moscova - Ámsterdam.[40]
Koolhoven FK-33 1 1925 1927
Koolhoven FK-40 1 1929 1936 Só se fabricou 1 avión, con rexistro PH-AES.
Koolhoven FK-43 9 1932 1940
Koolhoven FK-48 1 1934 1940 Usado como avión de adestramento.
Lockheed L-049 Constellation 6 1946 1950
Lockheed L-749 Constellation 13 1953
Lockheed L-749A Constellation 7 1960
Lockheed L-1049C Super Constellation 13 1953 1966
Lockheed L-1049G Constellation 6 1966
Lockheed L-1049H Constellation 3 1966
Lockheed L-188C Electra 12 1959 1969
Lockheed Super Electra-14 5 1938 1948
McDonnell Douglas DC-10-30 12 1972 1995
McDonnell Douglas MD-11 10 1993 2014 Foi o derradeiro operador do modelo de pasaxeiros.
Stearman Hammond Y-1S 1 1937 1939 Usado como avión de adestramento.
Vickers V.803 Viscount 9 1957 1966


  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 "History of Koninklijke Luchtvaart Maatschappij, N.V. – FundingUniverse". www.fundinguniverse.com (en inglés). Consultado o 2018-12-02. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 "History - KLM Corporate" (en neerlandés). Consultado o 2018-12-02. 
  3. "H-NACC". www.aviacrash.nl. Consultado o 2018-12-02. 
  4. "Tragic final flight of the Dakota / DC-3 IBIS (BOAC flight 777), 1 June 1943 - The Dakota Hunter". The Dakota Hunter (en inglés). 2014-10-16. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-02. 
  5. "A Gracious Lady - The Lockheed Constellation". KLM Blog (en inglés). 2014-09-21. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 2018-12-03. 
  6. "History, Travel, Arts, Science, People, Places | Air & Space Magazine". 2015-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2015. Consultado o 2018-12-03. 
  7. "The Flying Dutchman is Forty". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  8. "The Netherlands' Aviation Industry – KLM Royal Dutch Airlines". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  9. "Civil Aviation – To Succeed Dr. Plesman". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  10. "KLM Directors Resign". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  11. "Death of KLM president". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  12. "New KLM president". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  13. "Aircraft owner's and operator's guide: 747-200/-300" (PDF). Aircraft Commerce. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2011. Consultado o 2018-12-03. 
  14. "TCA-KLM: History (1969-1978)". 2013-07-05. Archived from the original on 05 de xullo de 2013. Consultado o 2018-12-03. 
  15. "News Scan – KLM Royal Dutch Airlines"". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  16. "KLM Names New MD". Flight International. Consultado o 2018-12-03. 
  17. Reed, Ted. "Good Bye MD-11 -- Too Bad Nobody Ever Loved You". Forbes (en inglés). Consultado o 2018-12-03. 
  18. "KLM Operates Last MD-11 Passenger Flight". KLM Operates Last MD-11 Passenger Flight (en inglés). Consultado o 2018-12-03. 
  19. "Air France and KLM get close". The Economist (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  20. "European Commission - PRESS RELEASES - Press release - Commission clears merger between Air France and KLM subject to conditions". europa.eu (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  21. "2004". 2013-02-08. Archived from the original on 08 de febreiro de 2013. Consultado o 2018-12-04. 
  22. "KLM ROYAL DUTCH AIRLINES 425 FILING". www.sec.gov. Consultado o 2018-12-04. 
  23. "Air France-KLM A global airline market leader" (PDF). Air France-KLM. Archived from the original on 23 de xuño de 2013. Consultado o 2018-12-04. 
  24. "KLM senior managers forgo controversial bonuses | Eurofound" (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  25. "People: 5 December 2006". Flightglobal.com (en inglés). 2006-12-05. Consultado o 2018-12-04. 
  26. "Laatste passagiersvlucht Martinair". blikopnieuws.nl. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 2018-12-04. 
  27. "InselAir and KLM sign agreement". www.facebook.com. Consultado o 2018-12-04. 
  28. 2018, UBM (UK) Ltd. "InselAir to Offer Regional Flights for KLM". Routesonline (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  29. "KLM and InselAir To Initiate Code-Sharing". KLM and InselAir To Initiate Code-Sharing (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  30. "KLM ends cooperation with InselAir - Curaçao Chronicle". curacaochronicle.com (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  31. "Camiel Eurlings Appointed KLM President & CEO". Camiel Eurlings Appointed KLM President & CEO (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  32. "Pieter Elbers appointed President and CEO of KLM, replacing Camiel Eurlings.". Pieter Elbers appointed President and CEO of KLM, replacing Camiel Eurlings. (en inglés). Consultado o 2018-12-04. 
  33. "KLM Takes Care - Biofuel flight to Rio". KLM Takes Care (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-04. 
  34. "KLM Fleet". www.airfleets.net. Consultado o 2020-12-15. 
  35. "KLM Royal Dutch Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-15. 
  36. 36,0 36,1 "All types of aircraft in the KLM fleet - KLM.com" (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 
  37. Woerkom, Klaas-Jan van (5 de novembro de 2019). "KLM neemt definitief afscheid van Airbus A330-vloot". Luchtvaartnieuws (en neerlandés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  38. Ouden, Huib den (2 de xullo de 2018). "KLM/VNC-deal van start gegaan". www.fnvcabine.nl (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  39. "The Air France - KLM group takes a next step in optimization of the long haul fleet". Newsroom KLM. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  40. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020.