Abrir o menú principal

O Douglas DC-3 é un avión que revolucionou o transporte de pasaxeiros nos anos 30 e 40. Foi desenvolvido por un grupo de enxeñeiros encabezados por Arthur E. Raymond e voou por vez primeira en 1935.

Douglas DC-3
DC 3 (2).JPG
DC-3 da Forza Aérea Portuguesa
Tipopasaxeiros e carga
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo17 de decembro de 1935
Estadoen servizo
Produción1936 - 1942, 1950
Unidades construídas607
VariantesDouglas C-47 Skytrain

O seu desenvolvemento debeuse en parte á competencia que representou a aparición do Boeing 247, un avión con características semellantes, cara a 1933. Porén, as prestacións que ofrecía o Douglas DC-3 fixérono merecedor do lugar que ocupa na historia.

A súa versión militar máis importante, da cal se fabricaron máis de 10.000 unidades, foi designada C-47 Skytrain nos Estados Unidos e Dakota no Reino Unido.

Moitos DC-3 e C-47 aínda voan hoxe en día.