O Fokker F.III foi un avión monomotor de á alta producido nos anos 20 polo fabricante neerlandés Fokker. Podía levar ata cinco pasaxeiros e tamén foi construído baixo licenza en Alemaña como Fokker-Grulich F.III.

Fokker F.III
Tipopasaxeiros
FabricanteFokker
Deseñado porReinhold Platz
Primeiro vooabril de 1921

Deseño editar

O Fokker F.III desenvolveuse directamente a partir do F.II. Unha cabina máis ampla permitía que se sentasen cinco pasaxeiros no seu interior; no avión anterior, un pasaxeiro sentábase ao lado do piloto. O piloto agora sentábase ao lado do motor, que estaba desprazado lateralmente uns 100 mm; podía ser á esquerda ou á dereita dependendo do tipo de motor instalado. Aínda que esta disposición infrecuente facía que os pílotos "queimáranse dun lado e conxeláranse do outro", tiñan moito mellor visibilidade que no F.II. A visibilidade mellorouse aínda máis cun corte no bordo de ataque da á por riba da cabeza do piloto, permitindo que o seu asento se elevase. Elimináronse os soportes exteriores das ás do F.II, deixando unha á en saínte limpa. As fiestras trapezoidais dos F.II de Grulich foron as estándar no F.III.

Ao igual que o seu predecesor, o F.III foi inicialmente equipado co motor excedente de guerra, e doadamente dispoñible, BMW IIIa de 185 cabalos, pero, como no anterior modelo, KLM remotorizou os seus exemplares co Armstrong Siddeley Puma de 230 cabalos.