Air France
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Air France (AFR, Compagnie Nationale Air France) é a aeroliña nacional francesa. Ten a súa sede en Tremblay-en-France, ao norte de París, e trátase dunha das aeroliñas máis grandes do mundo. No ano 2010 voaba a 32 destinos en Francia e a 156 de todo o mundo en 91 países distintos, transportando a 71,3 millóns de pasaxeiros. Air France conta con máis de 64.000 empregados. É un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance, xunto a Aeroflot, Delta Air Lines, Aeroméxico, Korean Air, Czech Airlines e Alitalia. No ano 2004, Air France situouse como a primeira aeroliña europea, cun 18% de todos os pasaxeiros europeos.
Air France | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA AF | OACI AFR | Indicativo AIRFRANS |
Fundación | 7 de outubro de 1933 | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam ![]() | |
Subsidiarias | HOP!, CityJet, Transavia.com France | |
Frota | 253 | |
Destinos | 272 | |
Holding | Air France-KLM | |
Eslogan da compañía | Faire du ciel le plus bel endroit de la terre | |
Sede | ||
Páxina web: http://www.airfrance.com |

HistoriaEditar
Air France foi fundada o 30 de agosto de 1933, produto da fusión de Air Orient, Compagnie Générale Aéropostale, Société Générale des Transports Aériens (SGTA, a primeira aeroliña francesa, fundada en 1919 como Lignes Aériennes Farman), Air Union e Compagnie Internationale de Navigation (CIDNA). A aeroliña tiña numerosas rutas por toda Europa, aínda que tamén voaba ás colonias francesas no norte de África e a outros destinos. Durante a Segunda Guerra Mundial a compañía moveu o seu centro de operacióna a Casablanca (Marrocos).
En 1936 Air France incorporou á súa frota o avión bimotor de fabricación francesa Potez 62, que contaba cunha cabina con dous compartimentos que podía acomodar de 14 a 16 pasaxeiros. Era un monoplano de á alta con fuselaxe de madeira e revestimento composto, mentres que as ás tiñas revestimento de tela é un bordo de ataque metálico. Estaba equipado con motores Hispano-Suiza V e usáronse para rutas en Europa, Suramérica e Extremo Oriente. Aínda que a súa velocidade de cruceiro era só de 280 km/h, o Potez 62 foi un aparello robusto e fiable para Air France e estivo en servizo ata a Segunda Guerra Mundial]], sendo un usado pola Forza Aérea da Francia Libre.[1]
A aeroliña foi nacionalizada no ano 1946, creando a Compagnie Nationale Air France nun acto parlamentario o día 16 de xuño de 1948. O goberno quedou co 70% da nova compañía e en anos posteriores, directa ou indirectamente, chegou a posuir case o seu 100%; a mediados de 2002 aínda posuía un 54%. O 4 de agosto de 1948, Max Hymans foi nomerado presidente de Air France. Durante os seus trece anos na presidencia puxo en funcionamento unha política de modernización baseada en reactores, máis concretamente no Sud Aviation Caravelle e o Boeing 707.
O 1 de xullo de 1946 Air France inaugurou un servizo directo entre París e Nova York, con reabastecementos en Shannon e Gander. Os Douglas DC-4 cubrían esta ruta en pouco menos de 20 horas. Cara 1948 Air France operaba unha das maiores frotas no mundo, posuíndo unhas 130 aeronaves.
En 1949 a compañía participou na fundación da SITA (Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques). A aeroliña usou o de Havilland Comet por un curto período de tempo en 1953, pero foi rapidamente substituído polo Vickers Viscount e, en 1959, comezou a usar o elegante Sud Aviation Caravelle.
En 1976 Air France introduciu na súa frota o avión supersónico Concorde nun traxecto dende París ata Nova York e outras rutas que foron abandonadas en 1982. O Concorde foi un dos dous únicos avións de pasaxeiros comercial supersónico. Percorría a distancia entre París e Nova York en tan só tres horas e 20 minutos.
O 25 de xullo de 2000 o voo 4590 de Air France, un Concorde con destino ao Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York estrelouse matando a todos os seus ocupantes e a catro persoas que estaban en terra.
O 31 de maio de 2003 Air France e British Airways retiraron todos os Concorde simultaneamente da circulación debido á escasa demanda como resultado do desastre do ano 2000. Moitos destes avións depositáronse en museos.
O 30 de setembro de 2003, Air France e a compañía neerlandesa KLM Royal Dutch Airlines, anunciaron a fusión de ambas as aeroliñas, formando unha nova compañía chamada Air France-KLM. A unión faríase realidade o 5 de maio do 2004. Os donos de Air France pasaron a ter o 81% da nova compañía, deixando o 19% restante aos donos de KLM. Isto levou a que o goberno francés reducise a súa participación na compañía dun 54,4% a un 44%. A decisión do goberno de Jean-Pierre Raffarin de reducir a súa participación na compañía provatizou efectivamente á aeroliña. En decembro do 2004 o estado vendería o 18,4% das súas acción, e porteriormente a súa participación reduciríase máis ata caer por debaixo do 20%[2].
Air France-KLM converteuse na aeroliña do mundo con máis ingresos por operacións, e a terceira máis grande (a primeira de Europa) en pasaxeiros por quilómetro.
FrotaEditar
En xuño do ano 2012 a frota de Air France estaba composta por 259 avións (máis 3 pedidos), cunha antigüidade media de 9,7 anos[3].
Avión | Total | Pasaxeiros |
---|---|---|
Airbus A318-100 | 18 | 131 |
Airbus A319-100 | 44 | 138 |
Airbus A320-200 | 62 | 165 |
Airbus A321-100 | 5 | |
Airbus A321-200 | 20 | 200 |
Airbus A330-200 | 15 | 208 |
Airbus A340-300 | 13 | 275 |
Airbus A380-800 | 8 (3 pedidos) | 516 |
Boeing 747-400 | 10 | 436 |
Boeing 777-200 | 27 | 247-309 |
Boeing 777-300 | 37 | 300-472 |
NotasEditar
- ↑ Flight Global (ed.). "The Potez 62: Cruising Speed of 175 m.p.h. with Fourteen Passengers". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ "Directory: World Airlines". Flight International: pp. 56–57. 27 de marzo de 2007.
- ↑ http://www.planespotters.net/Airline/Air-France
Ligazóns externasEditar
Páxina de Air France en varios idiomas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Air France |