Northwest Airlines

Northwest Airlines Corp., normalmente abreviado como NWA, foi unha gran aeroliña estadounidense fundada en 1926 e absorbida por Delta Air Lines tras unha fusión. Aprobada o 29 de outubro de 2008, a fusión converteu a Delta na aeroliña máis grande do mundo ata a unión American Airlines e US Airways o 9 de decembro de 2013.[1][2] Northwest continuou operando co seu nome ata que a integración das aeroliñas foi completada o 31 de xaneiro de 2010.

Northwest Airlines
IATA
NW
OACI
NWA
Indicativo
NORTHWEST
Fundación1926 como Northwest Airways
Inicio das operacións1934
Fin das operacións30 de xaneiro de 2010
Plan de voo frecuenteWorldPerks
AlianzaSkyTeam
Frota320 no momento da fusión
Destinos254
HoldingDelta Air Lines

Northwest tiña a súa sede en Eagan, Minnesota, preto do aeroporto de Minneapolis/Saint Paul. Despois da segunda guerra mundial fíxose dominante no mercado transpacífico cun centro de conexións en Tokyo (inicialmente no aeroporto de Haneda e posteriormente no de Narita). Despois de mercar Republic Airlines en 1986, Northwest tamén estableceu grandes centros de conexións no aeroporto de Detroit e no aeroporto de Memphis. En 1993 iniciou unha alianza estratéxica con KLM coa que tiña un centro de conexións coordinado conxuntamente no aeroporto de Ámsterdam. As operacións de Detroit e Minneapolis quedaron como centros de conexións de Delta. Porén, as operacións de Memphis chegaron a máis de 300 por día antes da fusión.

Antes de unirse a Delta, Northwest era a sexta aeroliña máis grande do mundo en termos de millas voadas en voos regulares de pasaxeiros domésticos e internacionais, e a sexta máis grande dos Estados Unidos en millas por pasaxeiro en voos domésticos. Ademais de operar unha das redes domésticas máis grandes dos Estados Unidos, Northwest levaba a máis pasaxeiros a través do océano Pacífico (5,1 millóns en 2004) que calquera outra aeroliña estadounidense, e levou máis carga doméstica que outra aeroliña de pasaxeiros do país.

Os voos rexionais para Northwest eran operados co nome Northwest Airlink por Mesaba Airlines, Pinnacle Airlines e Compass Airlines. Northwest Airlines tiá unha parte minoritaria de Midwest Airlines, mantendo o 40% das accións da compañía.[3]

Notas editar

  1. Northwest Airlines (ed.). "Carta de Northwest Airlines". Archived from the original on 17 de abril de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  2. The Wall Street Journal (ed.). "American Airlines, US Airways Complete Merger". Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  3. "Midwest Air Group Board Executes Definitive Merger Agreement With TPG Capital". Midwest Airlines. Archived from the original on 20 de decembro de 2008. Consultado o 2018-11-28.