Luftwaffe é unha voz alemá que significa arma aérea. Así se lle chama ao Exército Alemán do Aire, reconstituído baixo a dirección de Hermann Göring a partir de 1935.

Luftwaffe
Logo
TipoForza Aérea
Data de fundación9 de xaneiro de 1956
Nº de empregados28.456 (2017) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizMinistério da Defesa
SedeAir Force Command
PaísAlemaña
Na rede
http://www.luftwaffe.de
Twitter: team_luftwaffe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Orixes editar

O predecesor da Luftwaffe, o "Servizo Aéreo Imperial Alemán" (Luftstreitkräfte), fundouse en 1910 coa aparición dos avións militares, aínda que a intención inicial era usala en tarefas unicamente de recoñecemento como apoio aos exércitos en terra, como xa se fixera cos globos na guerra franco-prusiana de 1870-1871 ou mesmo nas guerras napoleónicas.

Durante a primeira guerra mundial, a Luftstreitkräfte utilizou unha ampla variedade de avións, entre eles cazas (como os fabricados por Albatros-Flugzeugwerke e Fokker), aeronaves de recoñecemento (Aviatik e DFW) e bombardeiros pesados (Gothaer Waggonfabrik e Zeppelin-Staaken).

 
Cruz dos Balcáns.

Os cazas son os que captaron unha maior atención, sobre todo grazas á aparición dos "ases", como o famoso Manfred von Richthofen; coñecido popularmente como "O Barón Vermello" ("der rote Baron"), Ernst Udet, Hermann Göring, Oswald Boelcke (considerado o primeiro gran táctico da caza aérea), Max Immelmann (o primeiro aviador en gañar a Pour le Mérite, a condecoración ao valor máis importante do Imperio Alemán) e Werner Voss.

Todos os avións militares alemáns e austro-húngaros en servizo usaron a insignia da Cruz de Ferro ata principios de 1918. Após iso, introduciuse a Balkenkreuz (Cruz dos Balcáns).

Despois da derrota de Alemaña na guerra, o servizo aéreo disolveuse completamente so as condicións do Tratado de Versalles, que demandaba que os seus aeroplanos fosen destruídos.

Período de entreguerras editar

Dende que lle foi prohibida a Alemaña a posesión dunha forza aérea, existiu a necesidade de adestrar en segredo os seus pilotos para unha futura guerra. Inicialmente, foron usadas as escolas de aviación civil dentro de Alemaña, e aínda que só podían prestar un adestramento con avións lixeiros foron usadas para que cara ao exterior semellase que os adestramentos estaban destinados á aviación civil.

Coa intención de adestrar os seus pilotos nos últimos modelos de avións de combate, Alemaña solicitou a axuda do seu futuro inimigo, a Unión Soviética, a cal tamén estaba illada en Europa. Estableceuse un aeroporto de adestramento secreto en Lipetsk no ano 1924[Cómpre referencia], e funcionou durante uns nove anos usando sobre todo avións de adestramento rusos e holandeses, aínda que tamén algún alemán, antes de ser pechado en 1933. Esta base era oficialmente coñecida como 4º escuadrón da 40ª á do Exército Vermello.

O 26 de febreiro de 1935, Adolf Hitler ordenou a Hermann Göring reinstaurar a Luftwaffe, rompendo o Tratado de Versalles asinado en 1919. Alemaña violou o tratado sen sancións por parte de Gran Bretaña, Francia ou a Liga das Nacións, que non fixeron nada para opoñérense a esta decisión. Aínda que a nova forza aérea se desenvolveu de xeito totalmente independente ao exército, mantivo a súa tradición dos rangos para oficiais e tripulantes, unha tradición que aínda conserva hoxe en día a Luftwaffe da Alemaña unificada e moitas forzas aéreas en todo o mundo. Cabe sinalar, que antes da creación oficial da nova Luftwaffe de Göring en 1935, Alemaña xa contaba cunha forza aérea paramilitar coñecida coma Deutscher Luftsportverband. Esta estaba encabezada por Ernst Udet e a súa insignia foi tomada para a nova Luftwaffe, aínda que os seus rangos tiñan nomes especiais que os facían soar máis civís que militares.

Hermann Göring persoalmente elixiu un distintivo para a Luftwaffe que difería das dos demais brazos do exército. Foi usada a aguia, un vello símbolo do Imperio Alemán, pero nunha postura diferente. Dende 1933, cando o Partido Nacionalsocialista de Hitler chegou ao poder, a aguia sostiña entre as súas poutas o símbolo do partido, a esvástica, polo xeral envolta nunha coroa de carballo. Göring rexeitou a vella aguia heráldica porque consideraba que era demasiado estilizada, demasiado estática e recargada dabondo; porén elixiu unha aguia máis recente, máis natural e máis lixeira coas ás despregadas, ao considerar este símbolo máis axeitado para unha forza aérea. Mentres que a aguia da Wehrmacht apreixaba firmemente a esvástica coas súa dúas poutas, a da Luftwaffe apreixaba só cunha, mentres que a outra inclinábase nun xesto ameazante.

A Luftwaffe procurou incorporar a todas as unidades militares que tivesen algo que ver coa guerra aérea. Dado a súa orixe nazi de Göring e o seu poder na Luftwaffe, isto foi visto como un xeito de incrementar a influencia nazi no exército (xunto co outro proxecto a este respecto, a formación das divisións SS), así como o de aumentar o seu prestixio persoal. Así as unidades antiaéreas (Flak) e os corpos aerotransportados (Fallschirmjäger) pasaron ao mando directo da Luftwaffe, e a armada (Kriegsmarine) nunca chegaría a ter o seu brazo aéreo; sendo comandada a aviación naval pola Luftwaffe. Incluso os avións destinados ao (nunca rematado) portaavións Graf Zeppelin ían ser operados pola Luftwaffe. A mediados da guerra, cando as asignacións de persoal para Luftwaffe eran desproporcionadas en comparación ao cada vez menor número de avións, o exceso de persoal non foi transferido ao exército (Heer), e creáronse divisións terrestres na Luftwaffe en 1942. Porén, ao ser tan pobre o seu traballo como unidades de terra, foron transferidas ao Heer en 1943 conservando o seu nome.

A Luftwaffe tivo unha grande oportunidade de probar os seus pilotos, tácticas e avións na guerra civil española, cando a Lexión Cóndor foi enviada a España en apoio do bando franquista. Entre os seus avións incluíanse modelos que se farían famosos: o bombardeiro en picado Junkers Ju 87 Stuka, o bombardeiro Dornier Do 17 "Schnell" e o caza Messerschmitt Bf 109. Malia todo, nos avións destinados ás forzas franquistas as marcas da Luftwaffe foron substituídas para evitar dar a impresión de que Alemaña apoiaba activamente a Franco. En vez da esvástica do partido nazi da cola, os avións alemáns usaron as marcas do exército nacional (a cruz de Santo André sobre un fondo branco na cola dos avións e un disco negro na fuselaxe e nas ás). Todos os avións da Lexión Cóndor foron axuntados a unidades cunha designación rematada no número 88.

Unha proba de cara ao bombardeo sistemático de cidades na segunda guerra mundial produciuse en abril de 1937, cando unha forza combinada de bombardeiros alemáns e italianos destruíron a meirande parte da cidade vasca de Gernika.

Segunda guerra mundial editar

 

Ao comezo da guerra, a Luftwaffe era unha das forzas aéreas máis modernas, potentes e experimentadas do mundo, dominando os ceos de Europa con avións moito máis avanzados que os dos seus inimigos. A Luftwaffe foi esencial na filosofía alemá da Blitzkrieg, sendo o apoio dos bombardeiros bimotores medios, dos bombardeiros en picado Stuka e dos cazas tácticos decisivo nos seus primeiros éxitos. Porén, a diferenza das forzas aéreas estadounidense e británica, a Luftwaffe nunca desenvolveu bombardeiros de catro motores nun número significativo, e debido a este feito non puido levar a cabo unha campaña efectiva de bombardeiros estratéxicos de longo alcance contra Rusia ou os aliados occidentais.

O Messerschmitt Bf 109 foi un dos cazas máis versátiles e amplamente producidos que operaron na Luftwaffe e foi deseñado cando os biplanos aínda eran a peza básica na meirande parte das forzas aéreas. Fabricáronse moitas versións deste avión. O seu balance de baixas (de 9 a 1 ao seu favor) deixou claro que este caza foi moi superior a calquera dos demais modelos alemáns durante a guerra. Neste sentido foi seguido polo Focke-Wulf Fw 190 cun balance de 4 a 1. O Junkers Ju 87 Stuka foi a principal baza na Blitzkrieg, capaz de realizar bombardeos cunha efectividade abraiante.

No verán e no outono de 1940 a Luftwaffe perdeu a batalla de Inglaterra, a primeira batalla aérea. Despois das derrotas na fronte oriental, a partir de 1942, a Luftwaffe entrou nun declive constante, véndose en inferioridade numérica ante o crecente número de avións aliados. Cara ao final da guerra, a Luftwaffe xa non era un factor importante, e malia a incorporación de avanzados aparellos coma os Messerschmitt Me 262, Heinkel He 162, Arado Ar 234 ou Messerschmitt Me 163, paralizouse pola falta de combustible e pilotos adestrados. Tamén houbo moi pouco tempo para desenvolver novos avións, e estes non se puideron fabricar o suficientemente rápido, polo que os novos reactores e os avións impulsados por foguetes foron moi poucos e chegaron moi tarde.

Guerra fría editar

A aviación alemá en xeral viuse seriamente restrinxida, e a militar en particular cando a Luftwaffe foi desfeita oficialmente en agosto de 1946 pola Comisión Aliada de Control. Isto cambiou cando Alemaña do Oeste uniuse á OTAN en 1955, ao considerar os aliados occidentais que era necesaria unha forza aérea de Alemaña Occidental ante a crecente ameaza militar que representaba a Unión Soviética e os seus aliados do Pacto de Varsovia. Nas seguintes décadas, a Luftwaffe da Alemaña do Oeste (Bundesluftwaffe: forza aérea federal) foi equipada principalmente con avións estadounidenses fabricados con licenza en Alemaña. Todos os avións levaban, e seguen levando, a Cruz de Ferro na súa fuselaxe, remontándose aos días da primeira guerra mundial, mentres que a bandeira de Alemaña do Oeste estaba pintada na cola.

Moitos dos pilotos de combate que loitaran coa Luftwaffe na segunda guerra mundial uníronse á nova forza aérea e sometéronse a adestramentos de refresco nos Estados Unidos antes de volver a Alemaña do Oeste para pilotar os novos aparellos. Entre estes pilotos, estaban Erich Hartmann, o maior as da historia (con 352 avións inimigos destruídos), Gerhard Barkhorn (301), Günther Rall (275) e Johannes Steinhoff (176). Steinhoff, que tivo un accidente cun Messerschmitt Me 262 pouco antes do fin da guerra, que lle deixou cicatrices na cara e no corpo toda a súa vida, converteríase no Comandante en xefe da Luftwaffe, con Rall como o seu sucesor inmediato. Hartmann retirouse coma Oberst (coronel) en 1970 aos 48 anos.

Inventario editar

 
Eurofighter Typhoon
 
CH-53G
 
A400M
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Combate
Panavia Tornado Multinacional[1] multirol IDS 87[2] deseño con ás de xeometría variable
Eurofighter Typhoon Multinacional[3] multirol 134[2][4]
Guerra electrónica
Panavia Tornado Multinacional[1] supresión de defensas aéreas inimigas ECR 28[2]
Repostaxe aérea
Airbus A310 MRTT Multinacional[5] repostaxe aérea/transporte 4[2]
Transporte
Airbus A310 Multinacional[5] VIP A310-304 1[2]
Airbus A319 Multinacional[6] VIP A319CJ 2[7]
Airbus A321 Multinacional[6] VIP A321-200 1[8]
Airbus A340 Multinacional[5] VIP A340-300 2[9]
Airbus A400M Multinacional[10] transporte táctico 22[11] 31 pedidos[2]
Global Express Canadá VIP Global 5000 4[12]
Transall C-160 Multinacional[13] transporte C-160D 29[14]
Helicópteros
Sikorsky CH-53 Estados Unidos[15] cargas pesadas CH-53G[16] 72[14]
Eurocopter EC145 Multinacional[17] utilitario lixeiro H145M 15[18] usado por forzas de operacións especiais
Eurocopter AS532 Multinacional[19] VIP AS532 U2 3[20]
Adestradores
Eurofighter Typhoon Multinacional[3] adestrador de conversión 24 2 pedidos[2]
Panavia Tornado Multinacional[1] adestrador de conversión IDS 7[2]
UAV
MQ-4C Triton Estados Unidos SIGINT /vixilancia 4 pedidos[21][22]
IAI Heron TP Israel vixilancia 3[23]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Montados en Alemaña con partes fabricadas nas fábricas dos socios do Tornado
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "World Air Forces 2018". Flightglobal Insight. 2018. Consultado o 2018-11-26. 
  3. 3,0 3,1 Montados en Alemaña con partes fabricadas nas fábricas dos socios do Eurofighter
  4. "Only 4 of Germany's 128 Eurofighter Jets Combat Ready — Report". www.defense-aerospace.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Montados en Francia con partes fabricadas noitras fábricas de Airbus
  6. 6,0 6,1 Montados en Alemaña con partes fabricadas noitras fábricas de Airbus
  7. "Airbus A319 CJ (Corporate Jetliner)". Luftwaffe. Consultado o 2018-11-26. 
  8. "Lufthansa Technik: Flugbereitschaft erhält Airbus A321". FLUG REVUE (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2018-11-26. 
  9. "Airbus A340-300". Luftwaffe. Consultado o 2018-11-26. 
  10. Montados en España con partes fabricadas noitras fábricas de Airbus
  11. "Orders, Deliveries, In Operation Military aircraft by Country" (PDF). Airbus. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2018. Consultado o 2018-11-26. 
  12. "Bombardier Global 5000". Luftwaffe. Consultado o 2018-11-26. 
  13. Montados en Alemaña con partes fabricadas noutras fábricas de socios de Transall
  14. 14,0 14,1 ag. "Materiallage der Bundeswehr: Mehr Übungen, mehr Beanspruchung – weniger einsatzbereit : Augen geradeaus". augengeradeaus.net (en alemán). Consultado o 2018-11-26. 
  15. Fabricados baixo licenza por VFW-Fokker
  16. "Sea Stallion". www.uswarplanes.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 2018-11-26. 
  17. Montados en Alemaña con partes fabricadas noutras fábricas de socios de Eurocopter
  18. "H145M LUH SOF". Luftwaffe. Consultado o 201811-26. 
  19. Montados en Francia con partes fabricadas noutras fábricas de socios de Eurocopter
  20. "Cougar AS532". Luftwaffe. Consultado o 2018-11-26. 
  21. "Germany to buy Triton". Reuters. Consultado o 2018-11-26. 
  22. "Germany – MQ-4C Triton Unmanned Aircraft Systems (UAS) | The Official Home of the Defense Security Cooperation Agency". www.dsca.mil (en inglés). Consultado o 2018-11-26. 
  23. "Rheinmetall and IAI Offering Heron TP for Bundeswehr SAATEG Program". www.deagel.com. Consultado o 2018-11-26. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar