Messerschmitt Bf 109

O Messerschmitt Bf 109 foi un caza alemán usado na guerra civil española e na segunda guerra mundial. Realizou o seu primeiro voo en maio de 1935 e entrou en acción a principios de 1937 durante a guerra civil española. Foi un dos mellores cazas alemáns da segunda guerra mundial, superado unicamente polo Fw 190. Era un dos cazas máis avanzados no momento da súa aparición, cunha construción monocasco totalmente metálica, unha cabina pechada, e tren de aterraxe retráctil. Estaba implsado por un motor V12 invertido refrixerado por líquido.[1] Foi chamado Me 109 polas tripulacións aliadas e algúns ases alemáns, aínda que non era a designación oficial alemá.

Messerschmitt Bf 109
Messerschmitt Bf 109G-2.jpg
Bf 109G-2
Tipocaza
FabricanteMesserschmitt
Deseñado porWilly Messerschmitt
Primeiro voo28 de maio de 1935
Introducidofebreiro de 1937
Estadoretirado
Principais usuariosLuftwaffe
Forza Aérea de Hungría
Aeronáutica Nacional Republicana
Real Forza Aéra de Romanía
Unidades construídas33 984
VariantesAvia S-99/S-199
Hispano Aviación HA-1112

Foi deseñado por Willy Messerschmitt e Robert Lusser que traballaban en Bayerische Flugzeugwerke a princios dos anos 30.[1] Foi concibido como interceptor, aínda que posteriores modelos desenvolvéronse para realizar múltiples tarefas, servindo como escolta de bombardeiros, cazabombardeiro, caza todotempo, avión de ataque ao chan, e recoñecemento. Foi subministrado a varios países durante a segunda guerra mundial e operou con moitos deles durante moitos anos tras a guerra. O Bf 109 é o caza máis producido da historia, cun total de 33 984 unidades fabricadas dende 1936 ata abril de 1945.[2] Parte da produción do Bf 109 levouse a cabo en campos de concentración nazis con mn de obra escrava.

HistoriaEditar

O prototipo do Bf 109 comezou a construírse a finais de 1934 e voaría por primeira vez en setembro, seis meses antes que o Spitfire, que se convertería no seu eterno rival na segunda guerra mundial. Este prototipo debería equiparse cun motor V-12 Junkers Jumo 210, pero ao non haber ningún dispoñible foi usado un Rolls-Royce Kestrel do mesmo tipo. Este primeiro prototipo, denominado Bf 109V1, alcanzaría unha velocidade de 465 km/h. O Jumo 210A xa equiparía ao segundo prototipo V2.

O avión foi deseñado para gañar un contrato para converterse no caza de primeira liña da acabada de refundar Luftwaffe, aínda que case todo o mundo apostaba polo seu competidor, o Heinkel He 112. Finalmente o deseño das ás converteu en gañador ao Bf 109. O prototipo de Messerschmitt tiña unhas ás pequenas que lle propocionaban máis manobrabilidade en comparación coas do He 112, máis grandes.

Guerra civil españolaEditar

En decembro de 1936 o Bf 109V3, o terceiro prototipo, foi enviado a España. No mes seguinte uniríanselle en Sevilla os V4 e V5 e os tres comezarían as probas operacionais.

O seu éxito apurou o envío dos primeiros Bf 109B, que chegarían no mes de marzo. Estes foron encadrados no Jagdgruppe 88 (grupo de caza 88) da Lexión Cóndor para superar a situación de superioridade dos cazas soviéticos I-15 e I-16 sobre os alemáns He 51. Posteriormente chegarían Bf 109 dos tipos C, D e E, totalizando 136 unidades. Foron superiores a todos os cazas republicanos á excepción do I-16 Mosca, co cal estaba equilibrado.

Produción de serieEditar

 
Bf 109B-2

O primeiro avión de serie foi o Bf 109B-1 (alcumado Bruno), que introduciu o motor Jumo 210Da e estaba armado con dúas metralladoras MG 17 do capó. O B-2 diferenciábase en que tiña unha hélice metálica de paso variable.

A serie C, Caesar, aparecería a finais de 1937 cando estivo dispoñible o motor Jumo 210G de inxección directa. O armamento ampliouse a catro MG 17, instalándose dúas nas ás. O C-2 sería unha versión experimental para probar o canón MG FF montado no motor, pero non funcionou, e o C-3 probou eses canóns nas ás.

A serie Dora montaba novamente o motor Jumo 210Da da serie Bruno, mantendo o armamento dos Caesar.

EmilEditar

A serie Emil foi probablemente a máis famosa de todas as do Bf 109, aínda que a máis producida sería a serie Dora. Esta versión introduciu o máis potente motor Daimler-Benz DB 601A de inxección. Algúns exemplares das variantes E-1 e E-3, construídas simultaneamente, foron enviados a España a finais da guerra civil. Esta serie participou tamén na invasión de Francia e dos Países Baixos a principios de 1940, e foi o protagonista da maioría dos derribos alemáns durante a Batalla de Inglaterra. Houbo moitas variantes desta versión, aínda que a maioría tiñan moi poucas diferenzas entre elas.

Os E-1 estaban equipados co novo motor DB 601A e catro metralladoras MG 17, dúas no capó e dúas nas ás, e o E-3 substituiría as metralladoras das ás por canóns MG FF de 20 mm. Tentouse tamén desenvolver o E-2, cun canón MG FF central, pero por problemas co mesmo abandonouse o proxecto.

A variante E-4 introducía unha nova cabina reforzada e canóns mellorados MG FF/M nas ás, e posteriormente máis blindaxe. Tivo a variación E-4/N que equipaba o motor DB 601N de maior potencia, e outra tropicalizada, Bf 109E-4/Trop, con filtros na toma do compresor para poder operar no deserto do norte de África.

O E-5 produciríase omesmo tempo que o anterior e tratábase dunha variante de recoñecemento, equipada cunha cámara Rb 21/18 na fuselaxe e catro metralladoras MG 17. O E-6 diferenciábase do E-5 só no motor, un DB 601N. O E-7 podía levar un tanque lanzable de 300 litros ou lanzabombas baixo a fuselaxe e tamén dispuxo dunha versión tropicalizada. O E-8 era un Bf 109E-1 cun motor DB 601N e unha cámara Rb 50/30.

Desenvolveuse tamén unha versión do Emil coa envergadura aumentada, denominado Bf 109T. Este modelo foi deseñado para poder operar dende o portaavións Graff Zeppelin, pero o buque nunca se construiría.

FritzEditar

A Serie F, alcumada Fritz, entrou en servizo na primavera de 1941 e era 40 km/h máis rápida que o Emil á cota de combate. Nesas alturas a Luftwaffe estaba perdendo a vantaxe inicial con respecto aos Spitfires británicos, pero a chegada do Fritz volveu a equilibrar a balanza.

Esta serie foi a primeira modificación importante do deseño básico. Levaba o motor DB 601N dos últimos Emil cun capó máis aerodinámico e outras pequenas modificacións tamén para mellorar o comportamento aerodinámico do Bf 109. Era superior aos Spitfire I e II, aínda que menos maniobrable.

O F-1 equipaba dúas metralladoras MG 17 no capó e un canón MG 151/20 de 20 mm no motor, en lugar dos MG FF/M de modelos anteriores. O F-2 substituiría o calibre da arma central por un de 15 mm. O F-3 equipaba un motor DB 601E, que requiría combustible de menor octanaxe que o DB 601N dos F-1 e F-2.

O F-4, aparecido en setembro de 1941 case á vez que o novo caza Fw 190, foi a principal variante do Fritz e volvía substituír o canon central, pasando dos 15 mm a un MG 151 de 20 mm e reducindo a súa munición de 200 a 150 disparos. Tamén introducía blindaxe para o piloto. Houbo unha versión Jabo (cazabombardeiro), denominada Bf 109F-4/B, aparecida a principios de 1942, que levaba un soporte ventral para unha bomba de 250 kg.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Green 1980, pp. 7, 13
  2. Nowarra 1993, p. 189