Batalla de Inglaterra

Modelo:Campaña militar Segunda guerra mundial

Batalla de Inglaterra
Heinkel He 111 during the Battle of Britain.jpg
Varios Heinkel He 111 durante a batalla
Data: 10 de xullo - 31 de outubro de 1940
Lugar: Espazo aéreo do Reino Unido
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: Vitoria británica
Combatentes
Reino Unido Reino Unido Alemaña nazi Alemaña
Reino de Italia Italia

A batalla de Inglaterra foi unha das batallas máis importantes da segunda guerra mundial, librada entre as forzas aéreas do Reino Unido (RAF) e a Alemaña nazi (Luftwaffe) nos ceos de Gran Bretaña durante 1940 e 1941. Segundo os historiadores británicos, comeza o 10 de xullo de 1940 e remata o 31 de outubro de 1940, mentres que os alemáns din que durou dende agosto de 1940 ata maio de 1941; dependendo de que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas.

SituaciónEditar

Trala rendición de Francia e a evacuación de Dunquerque de forzas anglofrancesas, a guerra na Europa continental rematara, e só quedaba o Reino Unido para facer fronte ó Eixe. A Alemaña nazi quería chegar a un armisticio cos británicos, e había nas illas unha certa tendencia a non arrisca-la soberanía nunha longa guerra contra o aparentemente invencible réxime nazi, sobre todo polo recordo da primeira guerra mundial. Mais Winston Churchill, primeiro ministro británico, negouse tallantemente a chegar a unha paz que permitise a Alemaña asoballar a Inglaterra en calquera momento, e as preparacións da invasión de Gran Bretaña comenzaron no estado maior alemán.

Para invadir Gran Bretaña, Alemaña tiña que asegura-los mares destruíndo a inmensa frota do Imperio Británico, e para destruí-la frota primeiro tiña que asegurarse a superioridade aérea, e polo tanto aniquilar ás forzas aéreas e as industrias que as nutrían de avións. Alemaña tamén quería bombardear obxectivos estratéxicos para así mina-la moral do pobo británico, seguindo as teorías de "bombardeo estratéxico" que puxera en práctica durante a guerra civil española e a invasión de Polonia.

O mariscal do aire da Luftwaffe, Hermann Göring, chamou ó plan de ataque Adlerangriff ("Ataque de aguia"), que comezaría o 11 de agosto de 1940. Antes, dende o 10 de xullo que citan as fontes británicas, os alemáns porían a proba a capacidade da RAF no Canal da Mancha.

Organización dos exércitosEditar

LuftwaffeEditar

As forzas aéreas alemás, que estaban baixo o mando de Hermann Göring, organizouse en tres frotas:

Cada Luftflotte organizábase en Geschwader (ás) de 100 avións e estás dividíanse nun Stab (plana maior) e tres Gruppen (grupos) con 30 avións cada un. Á súa vez cada Gruppen tiña un Stabschwarm (plana maior de voo) e tres Staffen (escuadróns).

A finais de xuño de 1940 as tres frotas dispoñían de 1 215 bombardeiros (na súa maior parte He 111, Do 17 e Ju 88), 280 bombardeiros en picado Ju 87 Stuka, 755 cazas Bf 109, 225 cazas de longo alcance Bf 110 e 70 avións de recoñecemento, baseados en 53 aeródromos.

RAFEditar

O Mando de Caza da RAF, baixo o mando do Mariscal en xefe do Aire sir Hugh Downing, estaba organizada en tres Grupos, pero debido a que a area de 11º Grupo era demasiado ampla e estaba situada moi preto das forzas alemás do norte de Francia, Downing decidiu crear un cuarto Grupo, o 10º.

O Mando de Caza estaba composta por 36 escuadróns equipados con 450 Hurricane, 250 Spitfire, uns poucos Blenheim e dous escuadróns de Defiant.

Os Grupos dividíanse en sectores e cada un deles tiña a súa propia sala de operacións e un aeródromo de sector como base principal. Dispoñían tamén doutros aeródromos usados para dispersar os avións e como pistas alternativas no caso de que o principal fose danado seriamente.

Fases da batallaEditar

A Batalla de Inglaterra pode dividirse en catro fases:

  • 10 de xullo – 11 de agosto: Kanalkampf (as batallas da canle).
  • 12 de agosto – 23 de agosto: Adlerangriff, o primeiro asalto contra os aeródromos costeiros.
  • 24 de agosto – 6 de setembro: o obxectivo da Luftwaffe son os aeródromos. É a fase crítica da batalla.
  • 7 de setembro en diante: as incursións diúrnas pasan a atacar os pobos e as cidades.

Véxase taménEditar