O Bristol Blenheim foi un bombardeiro lixeiro británico deseñado e construído por Bristol Aeroplane Company e usado durante a segunda guerra mundial. Foi o primeiro avión británico cunha construción totalmente metálica e usouse moito durante os dous primeiros anos do conflito. Posteriormente sería usado como caza pesado e nocturno, e como adestrador. Unha versión de construción canadense, bautizado como Bolingbroke, foi usado como avión antisubmarino e de adestramento.

Bristol Blenheim
Blenheim
Tipobombardeiro lixeiro, caza nocturno, recoñecemento
FabricanteBristol Aeroplane Company
Primeiro voo12 de abril de 1935
Introducido1937
Retirado1958 (Finlandia)
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Forza Aérea do Canadá
Forza Aérea de Finlandia
Real Forza Aérea de Iugoslavia
Unidades construídas4 422
VariantesBristol Beaufort
Bristol Fairchild Bolingbroke

O Blenheim Mk I eclipsou á meirande parte dos cazas biplanos de finais dos anos 30 pero tivo poucoas posibilidades contra o Messerschmitt Bf 109 alemán durante as operacións diúrnas, aínda que tivo éxito como caza nocturno. A variante Mark IV tamén tivo moi pouco éxito, sufrindo grandes perdas nas primeiras etapas da guerra.

Especificacións editar

  • Tipo: caza de longo alcance Bristol Blenheim Mk IVF
  • Envergadura: 17,17 m.
  • Lonxitude: 12,98 m.
  • Planta motriz: dous motores radiais Bristol Mercury XV.
  • Armamento: seis metralladoras de 7,7 mm.
  • Peso máximo de engalaxe: 6.580 kg.
  • Velocidade máxima: 260 millas/h a 12.000 pés.
  • Alcance operacional: 1.460 millas.