Bristol Fairchild Bolingbroke

O Bristol Fairchild Bolingbroke foi un avión de patrulla marítima usado pola Real Forza Aérea do Canadá durante a segunda guerra mundial. Construído por Fairchild-Canada, foi unha variante do bombardeiro británico Bristol Blenheim Mk IV.

Bristol Fairchild Bolingbroke
Tipoavión de patrulla marítima
FabricanteBristol Aeroplane Company
Fairchild Aircraft Ltd. (Canadá)
Primeiro voo14 de setembro de 1939
Introducido15 de novembro de 1939
Unidades construídas626

Deseño e desenvolvemento editar

En 1935 o Ministerio do Aire británico publicou a especificación G.24/35 para procurar un avión de recoñecemento costeiro/bombardeiro lixeiro para substituír o Avro Anson.[1] Bristol propuxo o Type 149, baseado no seu Blenheim Mk I, con motores Bristol Aquila para conseguir un maior alcance. Aínda que o Ministerio rexeitou a proposta, un Blenheim Mk I, mantendo os seus motores Mercury VIII, foi convertido como un Type 149 (Blenheim Mk III) para o rol de recoñecemento xeral.[2] O morro foi alongado para proporcionar máis espazo para o bombardeiro, coa superficie superior esquerda recurtada para manter a visibilidade do piloto durante a engalaxe e a aterraxe.[1]

O maior alcance tamén cumpría un requirimento canadense para un avión de patrulla marítima. Como consecuencia, Fairchild Aircraft Ltd. (Canada) do Quebec comezou a producir o Blenheim Mk IV como o Bolingbroke (o nome que se pretendía usar orixinalmente para o Blenheim IV). Este modelo foi alcumado Bolly. Tras un pequeno grupo de avións construídos para as especificacións británicas, como Bolingbroke Mk I, Fairchild cambiou a produción para o Bolingbroke Mk IV con instrumentos e equipos canadenses e estadounidenses. Esas versións tamén incluían botas anti-xeo e un bote. Unha das primeiras variantes do Mk IV foi o Bolingbroke Mk IVW que estaba equipado con dous motores de 825 cabalos Pratt & Whitney SB4G Twin Wasp Junior.[3] Incapaz de manter a altitude cun só motor, a carga normal de bombas reducíuse a 500 libras neses avións para compensar a pouca potencia do motor.[4] A variante máis producida foi o adestrador Bolingbroke Mk IVT, dos cales se fabricaron 457.[5] En total producíronse 626 Bolingbroke.[5]

Historial operativo editar

A meirande parte dos 151 Mk IV construídos operaron no seu papel de bombardeiros de patrulla marítima nas costas do Atlántico e o Pacífico do Canadá entre 1940 e 1944. Dous escuadróns deses avións tamén operaron en Alasca durante a campaña das Aleutianas.[6] Os adestradores Mk IVT viron un uso extensivo no British Commonwealth Air Training Plan (BCATP).[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mondey 1982, p. 52
  2. Molson e Taylor 1982, p. 120
  3. Vincent 2009, p. 40
  4. Vincent 2009, p. 42
  5. 5,0 5,1 5,2 Vincent 2009, p.23
  6. Vincent 2009, p. 24

Bibliografía editar

  • Molson, Ken M. and Harold A. Taylor. Canadian Aircraft Since 1909. Stittsville, Ontario: Canada's Wings, Inc., 1982. ISBN 0-920002-11-0.
  • Mondey, David. The Hamlyn Concise Guide to American Aircraft of World War II. London: Aerospace Publishing Ltd, 1996. ISBN 0-7858-1361-6.
  • Vincent, Carl Canadian Aircraft of WWII (AviaDossier No. 1). Kitchener, Ontario: SkyGrid, 2009. ISBN 978-0-9780696-3-6.