Invasión de Polonia

A invasión de Polonia foi unha acción militar da Alemaña nazi encamiñada a anexarse o territorio polaco. A operación técnica, coñecida como Fall Weiss (en galego, Caso Branco), iniciouse o 1 de setembro de 1939 e as últimas unidades do exército polaco rendéronse o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi o detonante da segunda guerra mundial en Europa e acabou coa Segunda República Polaca.[1]

Invasión alemá de Polonia
Parte de fronte oriental da segunda guerra mundial
Battle of Poland.png
De esquerda a dereita: a Luftwaffe prepárase para bombardear Wielun, o SMS Schleswig-Holstein ataca ao Westerplatte, os soldados das Wehrmacht destrúen o posto fronteirizo polaco-alemán, tanques alemáns e a formación de vehículos blindados, as tropas alemás e soviéticas danse a man tras a invasión.
Data 1 de setembro-6 de outubro de 1939
Lugar Polonia
Resultado Vitoria alemá
Conflito * Francia e Gran Bretaña decláranlle a guerra á Alemaña nazi
Casus belli * Aspiración alemá de crear un Lebensraum
Cambios territoriais Repartición do territorio polaco entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética e creación do Goberno Xeral
Belixerantes
Flag of Germany (1935–1945).svg Alemaña nazi
Flag of Slovakia (1939–1945).svg República Eslovaca
Polonia Polonia
Líderes
Flag of Germany (1935–1945).svg Fedor von Bock
Flag of Germany (1935–1945).svg Gerd von Rundstedt
Flag of Slovakia (1939–1945).svg Ferdinand Catloš
Polonia Edward Rydz-Smigly
Polonia Tadeusz Kutrzeba
Forzas en combate
Forzas alemás
• 1 500 000 soldados
• 2750 tanques
• 9000 canóns
• 2315 avións
Exército eslovaco
• 51 306 soldados
Forzas polacas
• 950 000 soldados
• 880 tanques
• 4300 canóns
• 400 avións
Baixas
• 16 343 mortos
• 30 322 feridos
• 3404 desaparecidos
• 66 300 muertos
• 133 700 heridos
• 694 000 prisioneiros

A invasión de Polonia foi a primeira das agresións bélicas que a Alemaña de Hitler emprendería. O exército polaco foi facilmente derrotado, ao non poder facer fronte ás superiores tropas xermanas que estaban a usar a súa famosa técnica chamada blitzkrieg (‘guerra lóstrego’), baseada no movemento rápido dos blindados e a máxima potencia do fogo brutalmente aplicada. Con todo, a caída de Polonia sería acelerada pola posterior invasión por parte da Unión Soviética o 17 de setembro e a ausencia de axuda dos seus aliados Reino Unido e Francia.

A caída de Polonia significaría a caída abrupta dos estándares de vida dos seus cidadáns, especialmente dos polacos xudeus, morrendo un 20 % da poboación polaca existente antes da invasión durante a ocupación.

AntecedentesEditar

Artigo principal: Crise dos Sudetes.

Unha vez finalizada a primeira guerra mundial, Alemaña é forzada a renunciar a calquera tipo de pretensión sobre territorios polacos, aínda que os artigos 87 a 104 do tratado de Versalles establecen excepcións sobre os territorios de Dánzig (que queda como Cidade Libre de Danzig amparada pola Sociedade de Nacións), o Territorio de Memel e Prusia Oriental (pendente dun plebiscito sobre a súa adhesión a Alemaña ou a Polonia).

Tras o abandono da Conferencia de desarmamento e a Sociedade de Nacións, o seguinte paso da política exterior de Adolf Hitler foi a firma dun pacto de non agresión entre Polonia e Alemaña, que tivo lugar en 1934. Tratábase dunha manobra política que debilitaba as relacións franco-polacas a favor dos intereses alemáns.

O 5 de novembro de 1937 celebrouse unha reunión de Hitler co Ministro de Exteriores Konstantin von Neurath, o Ministro de Guerra Werner von Blomberg e os principais xefes militares. Nela, Hitler establece as liñas para seguir na política exterior alemá destinadas a asegurar o espazo vital (Lebensraum) necesario para a supervivencia alemá.[2] Na devandita reunión, Hitler insta á resolución do problema das poboacións xermanas fora do territorio alemán, declarando a Austria e Checoslovaquia como obxectivos inmediatos.

O 12 de marzo de 1938, Alemaña anexiona Austria. Hitler fixa a súa atención en Checoslovaquia e consegue parte do seu territorio mercé ao Pacto de Múnic en setembro.

O 24 de novembro de 1938, o xefe do Alto Mando Alemán, Wilhelm Keitel, engade un apéndice a unha orde anterior de Hitler sobre a reconstrución do Lebensraum.

O Führer ordenou que ademais das tres eventualidades mencionadas na directiva anterior, faranse tamén preparativos para a ocupación por sorpresa por tropas alemás do Estado Libre de Danzig. Para a preparación teranse en conta os seguintes principios: A primeira suposición é a captura inmediata de Danzig aproveitando unha situación política favorable, e non unha guerra con Polonia. As tropas que se usen para este obxectivo non deben reservarse ao mesmo tempo para facerse coa rexión de Memel para que ambas as operacións poidan levar a cabo simultaneamente se xorde a necesidade.
Wilhelm Keitel, Primeiro Apéndice á Orde do 21 de outubro de 1938
 
Situación europea a finais de agosto de 1939, en vésperas da invasión.

En marzo de 1939 prodúcese a ocupación de Bohemia, Moravia e o desmembramento do resto de Checoslovaquia, así como a recuperación do Territorio de Memel (cedida polo Goberno lituano). Reino Unido e Francia anuncian a súa intención de socorrer a Polonia no caso de que sexa invadida por Alemaña.

Con todo, en abril o Goberno nazi segue oficialmente buscando unha paz negociada con Polonia. As actas do proceso de Núremberg mostran que, en segredo, os plans para a invasión do país veciño, bautizados como Fall Weiss ('Caso Branco') están a se ultimar. Así, o 3 de abril, o Alto Mando das Forzas Armadas alemás emite a Directiva para as Forzas Armadas 1939/40. Neste documento lese a orde de Hitler «Faranse os preparativos de tal forma que se poida levar a cabo a operación (Fall Weiss)». O 11 de abril, Hitler asina unha nova orde dirixida aos Estados Maiores na que se mencionan «os preparativos que se han de facer […] para levar a cabo a guerra». Obxectivos: defender as fronteiras alemás, Fall Weiss e a anexión da Cidade Libre de Danzig. O 28 de abril, Hitler comina a restitución de Danzig nun discurso no Reichstag, así como nun memorando dirixido ao goberno polaco. Ademais esixe a construción dunha estrada e unha liña de ferrocarril extraterritoriais que a unisen co territorio alemán. O goberno polaco acepta a construción da estrada, pero non o ferrocarril nin a cesión de Danzig. A tensión diplomática aumenta.

 
Pacto Ribbentrop-Mólotov Alemaña nazi coa Unión Soviética.

O 23 de abril Hitler manifesta o seu desexo de «atacar Polonia en canto sexa posible», ordenando a Keitel que remita os plans Fall Weiss ao Estado Maior non máis tarde do 1 de maio. Dita reunión na chancelaría do Reich está reflectida nas Actas Schmundt. Na mesma reunión, Hitler ordena que os plans de invasión sexan secretos mesmo para os seus aliados italianos e xaponeses. O 15 de xuño, o Estado Maior alemán ten listo o plan de invasión. Prográmanse para o mes seguinte unhas manobras de verán para concentrar tropas na fronteira polaca sen levantar sospeitas, mentres que algunhas unidades envíanse a Prusia Oriental coa escusa de preparar o 25º aniversario da batalla de Tanneberg.

O 23 de agosto asinouse o Pacto de non agresión xermano-soviético. Este acordo foi recibido con hostilidade por parte de Francia e Reino Unido. Este último asinou á súa vez o Pacto de Axuda Mutua con Polonia o 25 de agosto para o caso no que calquera dos dous países sufrise unha agresión. Hitler, que dera ordes para que Polonia fose atacada o 26 de agosto, encaixou mal a resposta británica. A contraorden do ataque chegou tarde para algunhas unidades, que xa establecera combate cos polacos. Goebbels difundiu a versión dunhas escaramuzas fronteirizas en Gleiwitz das que responsabilizou a Polonia.

O 31 de agosto Hitler asinou a Directiva de guerra 1 na que se detallan as ordes de ataque contra Polonia, así como a data e hora previstas do ataque. As ordes entréganse en man aos seus destinatarios, que as reciben con doce horas de antelación ao ataque.

NotasEditar

  1. Kitchen, Martin (1990). A World in Flames: A Short History of the Second World War in Europe and Asia, 1939–1945 (en inglés). Nova York: Longman. p. 12. ISBN 0-582-03407-8. 
  2. Allan Bullock & Stephen Trombley, ed. "Lebensraum." The New Fontana Dictionary of Modern Thought (1999), p. 473.