Fedor von Bock
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Fedor von Bock, nado en Küstrin (hoxe Polonia), o 3 de decembro de 1880 e finado o 4 de maio de 1945, foi un xeneral alemán que destacou polos seus triunfos nos primeiros anos da segunda guerra mundial na conquista de Polonia, na batalla de Francia e na invasión da Unión Soviética ata que fracasou na toma de Moscova no inverno de 1941.
Fedor von Bock | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de decembro de 1880 |
Lugar de nacemento | Kostrzyn nad Odrą |
Falecemento | 4 de maio de 1945 |
Lugar de falecemento | Oldenburg in Holstein |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | oficial e militar |
Premios | Pour le Mérite, Cruz de Mérito Militar de Terceira Classe, Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro, Ordem de Miguel, o Valente, Ordem da Coroa, Order of the Crown, Ordem da Casa de Hohenzollern, Ordem do Leão de Zähringer, Hanseatic Cross, Order of the Wendish Crown, Ordem da Coroa de Ferro, Military Merit Cross, Order of Military Merit, Order of the Crown, Ordem do Mérito da República da Hungria, Medalha Anschluss, Cruz de Honra, Medalha Militar de Longo Serviço, Knight grand cross of the order of the crown of Italy e Order of the Iron Crown |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Formouse en Wiebesbaden e Berlín. Durante a primeira guerra mundial foi un capitán varias veces condecorado rematando co rango de Maior. O 1 de marzo de 1935 foi ascendido a xeneral de infantería. En 1938 comandou a entrada en Viena e a anexión de Checoslovaquia.
Na invasión de Polonia, comandou con éxito o grupo de exércitos norte. Na fronte occidental comandou o grupo de exércitos B que invadiu os Países Baixos e atraeu cara a si ao groso do exército aliado que permitiu a Gerd von Rundstedt dar o golpe da fouce dende as Ardenas e acadar o embolsamento dos anglo franceses e o colapso da defensa de Francia. Isto valeulle o rango de Mariscal.
Na invasión da Unión Soviética (operación Barbarroxa) comandou o grupo de Exércitos Centro. Este grupo debería tomar Moscova tras seren destruídos os exércitos rusos. Malia encontrar algunha resistencia encarnizada como a de Brest-Litovsk, o rápido avance dos seus xenerais Hermann Hoth e Heinz Guderian, fíxolle concibir un fulgurante ataque a Moscova dende Vitebsk. Hitler, porén, ordenoulle ir destruíndo previamente aos exércitos rusos superados, rodeados e embolsados, en combinación co grupo de exércitos norte nos países bálticos e co grupo de exércitos sur en Ucraína. Bock, contrariado, acatou a orde e demorouse en aniquilar aos exércitos soviéticos embolsados en accións como a de Byalistok e Minsk. Tras isto, foi obrigado a unha viraxe cara o sur co fin de esmagar aos exércitos soviéticos en Ucraína embolsándoos en Uman e no gran cerco entre os ríos Dniéper e Desna. Isto permite controlar a conca industrial do Donez e a caída de Kíiv.
Por fin, xa en outubro, Hitler autoriza a operación Typhoon ou toma de Moscova. Von Bock desata o avance definitivo e embolsa e destrúe as últimas unidades soviéticas en Viazma e Briansk, facendo 650.000 prisioneiros e disponse ao asalto final. O goberno soviético foxe de Moscova, aínda que Stalin fica na cidade e ordena o estado de sitio co fin de controlar o pánico da poboación.
Un prematuro inverno, que colle ás súas tropas sen equipos adecuados e a chegada de divisións soviéticas dende Siberia e Mongolia, asegurada a non belixerancia do Xapón contra Rusia, detiveron o exército alemán ás portas de Moscova cando xa acadaran o río do mesmo nome e algunhas unidades avanzaban polos suburbios da capital.
Aproveitando a extenuación e a falta de recursos e fornecemento necesarios para un cru inverno, o xeneral Gueorgui Zhukov lanzou unha contundente contraofensiva. Malia as ordes de Hitler, von Bock organiza unha retirada ordenada ata a liña Orel-Rhesv. O 13 de decembro os exércitos de von Bock recuaban 80 quilómetros dende a capital. Co gallo de serios problemas de saúde foi removido do seu posto.