Gerd von Rundstedt
Gerd von Rundstedt, nado en Aschersleben o 8 de decembro de 1875 e finado en Hannover o 24 de febreiro de 1953, foi un mariscal de campo alemán.
Gerd von Rundstedt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Karl Rudolf Gerd von Rundstedt |
Nacemento | 12 de decembro de 1875 |
Lugar de nacemento | Aschersleben |
Falecemento | 24 de febreiro de 1953 |
Lugar de falecemento | Hannover |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Stadtfriedhof Stöcken |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Academia de Guerra Prussiana |
Ocupación | oficial, militar e soldado |
Pai | Gerd von Rundstedt |
Premios | THIRD CLASS, Ordem de Alberto Valoroso Rei de Saxónia, Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro com Folhas de Carvalho e Espadas, Ordem de Miguel, o Valente, Ordem da Coroa da Itália, Ordem da Coroa, Cruz de Honra, Order of the White Falcon, Medalha dos Sudetos, Order of the Saxe-Ernestine, Military Merit Order, Ordem da Casa de Hohenzollern, Medalha Militar de Longo Serviço, Clasp to the Iron Cross, Military Merit Cross e Estrela de Galípoli |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |

TraxectoriaEditar
Fillo dun oficial de cabaleira que serviu na guerra francoprusiana, estudou na academia militar de Lichtelfelder e máis tarde na Academia de guerra de Berlín. Durante a primeira guerra mundial serviu na fronte do Oeste no goberno militar alemán de Antuerpen e posteriormente no goberno militar alemán en Polonia. Loitou nos Cárpatos e cara o final da guerra volveu á fronte occidental.
Durante o réxime nazi participou na anexión dos Sudetes e retirouse como Generaloberst (o rango inferior a mariscal).
Segunda Guerra MundialEditar
Conquista de PoloniaEditar
Hitler chamouno para poñelo a fronte dos exércitos do Sur na invasión de Polonia dende Silesia e Eslovaquia. Tivo como xefe de staff a Enric Von Manstein. Atravesou a fronteira o 1 de setembro de 1939 e capturou Cracovia o 6 de setembro, librou a batalla de Bzura e conquistou Varsovia que se rendeu o 28 de setembro tras 10 días de asedio.
Vitoria sobre FranciaEditar
Durante a batalla de Francia comandou o Grupo de exércitos A que en maio de 1940 atravesou o que se cría o impracticable bosque das Ardenas e cercou a 300.000 soldados franco-británicos avanzados en Bélxica, grazas a rapidez dos Panzer de Heinz Guderian, un famoso xeneral baixo as súas ordes. Este plan concibido por Manstein, foi apoiado por Rundstedt perante Hitler e resultou determinante do colapso do exército anglofrancés.
O 20 de maio Hitler viaxa ao cuartel xeral de Rundstedt onde se acorda que este xire as súas tropas e avance cara a Rheims e a través de Alsacia. En poucos días rompeu a resistencia francesa cruzando o Marne e tomou Dijon e Lión. O avance detívose cando Francia pediu o armisticio.
Foi ascendido a mariscal de campo, e malia os seus desexos de retirarse, Hitler nomeouno Comandante en Xefe do Oeste.
Invasión da Unión SoviéticaEditar
Durante a invasión alemá da Unión Soviética comandou os exércitos do sur que protagonizaron o embolsamento das tropas soviéticas en Uman e Kíiv capturando a centos de miles de soldados do exército roxo. Malia o éxito da conquista de Ucraína e Crimea (esta tras a importante vitoria de Mariupol), Rundstedt foi relevado por Hitler debido á retirada do exército alemá da recentemente tomada Rostov que Rundstedt autorizara debido ao adianto do duro inverno ruso e a carencia de municións, alimentos, combustible e vehículos.
Fronte OccidentalEditar
Novamente chamado por Hitler, prestou os seus servizos na fronte Oeste. Tras o desembarco de Normandía, desbaratou a gran operación aerotransportada dos aliados, denominada Market Garden, e reeditou un fulgurante avance dende as Ardenas que a piques estivo de chegar a Antuerpen. O desgaste do exército alemán a esa altura da guerra impediu culminar ese último intento por gañar a iniciativa aos aliados.
FinalEditar
Tras a rendición de Alemaña, non se puido demostrar unha participación directa nos crimes de guerra e os xenocidios que na reteguarda da súa fronte executaban as SS, mais semella indiscutible para os historiadores de que coñecía eses delitos contra a humanidade. Ese factor e a súa delicada saúde foron as razóns esgrimidas para a súa liberación en maio de 1949.