Xuízos de Núremberg

xuízos contra algunhas das principais figuras da Alemaña nazi

Os Xuízos ou Procesos de Núremberg son os nomes que recibiron os xuízos levados a cabo polos aliados contra algunhas das principais figuras do réxime nazi, trala fin da segunda guerra mundial. De forma paralela, leváronse a cabo os Xuízos de Toquio para condenar aos criminais de guerra nipóns. Os xuízos realizáronse entre o 20 de novembro de 1945 a 1949 na cidade alemá de Nuremberg. Foron condenados principalmente por crimes en contra da paz, crimes de guerra e crimes en contra da humanidade.

Xuíces do Tribunal Militar Internacional durante o proceso

As probas que se realizaron ás principais figuras do réxime nazi durante estes xuízos estiveron baseadas no método intrapsíquico (postulado por Sigmund Freud).

A lexitimidade

editar

Aínda que a lexitimidade do Tribunal estivo en interdito nun primeiro momento, ó non existir precedentes similares en toda a historia do Dereito, os traballos realizados para a tipificación dos delitos, tamén até entón inauditos na súa magnitude, e os procedementos para o desenvolvemento da causa servirían en adiante para o desenvolvemento da xustiza internacional.

Deste xeito concretáronse conceptos sobre delitos anteriormente ausentes ou vagamente definidos, como o de crime contra a humanidade, evocado na Convención de La Haya de 1907. Tamén resultou modificado o enfoque tradicional das regras do dereito internacional que se centraban nas relacións entre Estados, pero non nos dereitos e deberes das persoas individuais. Dende entón, os delitos cometidos por individuos dunha nación ó longo e ancho de varios países, poderían ser xulgados internacionalmente polo conxunto dos países afectados, como foi precisamente na formación da corte de xustiza de Núremberg.

Os delitos

editar

Cinco foron os delitos imputados ós acusados:

  1. Crimes contra a paz e crimes de guerra baseándose na existencia dunha premeditación para alterar a paz e na existencia de asasinatos, torturas, violacións contrarias ás Leis da Guerra.
  2. Crimes contra a humanidade cando se trataba do exterminio e morte en masa.
  3. Xenocidio cando se trataba da mesma morte en masa pero de grupos étnicos determinados.
  4. Complot de guerra entendido como proceso para atentar contra a seguridade interior dun Estado soberano.

Os acusados

editar
 
Acusados. Diante, de arriba a abaixo: Hermann Göring, Rudolf Hess, Joachim von Ribbentrop, Wilhelm Keitel. Detrás, de arriba a abaixo: Karl Doenitz, Erich Raeder, Baldur von Schirach e Fritz Sauckel.

De 4.850 peticións de procesamentos individuais, foron acusadas 611 persoas. Ós grupos catalogóuselles entre organizacións non criminais, onde se atopaba a estrutura do Estado (Goberno e Exército) e as criminais, que foron todas aquelas estruturas paralelas do poder nazi como a Gestapo, as SS e o Partido Nazi. Os máis destacados foron: Karl Dönitz, grande almirante da Frota Alemá e sucesor de Adolf Hitler tralo seu suicidio; Rudolf Hess, xeneral das SS e lugartenente de Hitler, fuxido a Gran Bretaña e capturado en 1941; Hermann Göring, xefe das SS e presidente do Reichstag; Alfred Jodl, xefe do Estado Maior da Wehrmacht; Wilhelm Keitel, xefe do Alto Mando de Wehrmacht; Alfred Rosenberg, ideólogo do Partido Nazi; Joachim von Ribbentrop, ministro de Asuntos Exteriores; Albert Speer, arquitecto e ministro de Armamentos; Franz von Papen, embaixador nazi en Austria e Turquía.

Entre quen morreran ou fuxiran denantes de seren xulgados atopábanse o propio Adolf Hitler, Joseph Goebbels, Ministro de Propaganda que se suicidou ó igual que Heinrich Himmler, xefe da Gestapo e ideólogo do exterminio xudeu; e os fuxidos Adolf Eichmann, alto dirixente do Partido Nazi e encargado da loxística do exterminio, e Martin Bormann, secretario persoal de Hitler dende 1942.

Os xuízos

editar

Propiamente existe un xuízo levado a cabo polo Tribunal Penal Militar Internacional, instituído por medio da Carta de Londres, en 1945. Existiron ademais unha serie de xuízos levados a cabo con posterioridade ó principal, onde se xulgaron ós funcionarios menores do Estado, Exército, doutores e industriais alemáns.

A lista dos xuízos é a seguinte:

  1. O xuízo dos doutores, seguido contra 24 médicos que practicaron macabras investigacións en humanos nos campos de concentración. O máis famoso deles, o anxo da morte Josef Mengele, logrou fuxir.
  2. O xuízo contra Erhard Milch, mariscal de campo alemán, acusado de graves crimes en campos de concentración.
  3. O xuízo dos xuíces, seguidos contra 16 avogados e xuíces que estableceron o aparello xurídico nacionalsocialista.
  4. O xuízo de Pohl, seguido contra a oficina Endlösung, encargada administrativa dos campos de concentración e exterminio. O seu xefe era Oswald Pohl.
  5. O xuízo de Flick, seguido contra o industrial alemán Friedrich Flick, pola utilización de traballo escravo e crimes contra a humanidade.
  6. O xuízo á IG Farben empresa química industrial alemá, que ó igual que Flick e Krupp, utilizou o traballo escravo.
  7. O Caso austral ou Xuízo dos reféns, no cal se perseguiu a responsabilidade do alto mando alemán polos masacres e graves violacións ás Leis da Guerra durante a Campaña dos Balcáns.
  8. O xuízo RuSHA seguido contra os promotores da idea de pureza racial e do programa Lebensborn.
  9. O macabro xuízo aos Einsatzgruppen, seguido contra as brigadas da morte das SS que practicaban o exterminio local dos xudeus por medio dos Einsatzgruppen.
  10. O xuízo de Krupp, seguido contra os dirixentes do famoso grupo industrial, pola súa participación na preparación da guerra e a utilización de traballo escravo durante a mesma.
  11. O xuízo dos Ministerios, seguido contra os dirixentes do Estado Nazi pola súa participación en atrocidades cometidas tanto dentro de Alemaña como nos territorios ocupados.
  12. O xuízo do Alto Mando, seguido contra os xenerais do Exército, Armada e Forza Aérea alemá, pola comisión de graves e terríbeis atrocidades durante a guerra.

O xuízo principal

editar

O xuízo principal contra as principais figuras do Estado e Exército Nazi levouse a cabo no Palacio de Xustiza de Núremberg.

Xuíces e Fiscal

editar

O Tribunal estivo composto por un xuíz titular de cada un dos principais países aliados e o seu respectivo suplente. Estes foron:

O fiscal xefe da Corte foi o xuíz norteamericano Robert H. Jackson, coa axuda dos fiscais Hartley Shawcross do Reino Unido, o Xeneral Rudenko pola URSS, e François de Menthon e Auguste Cahmpetier de Francia.

Lectura das sentenzas do Tribunal Militar Internacional dos Xuízo de Núrenberg.

Acusados e penas

editar

Durante o xuízo principal a Fiscalía do Tribunal presentou acusación en contra de 24 líderes nazis. De todos eles só Albert Speer, Hans Frank e Baldur von Schirach expresaron o seu remordemento polos crimes cometidos. En resumo o tribunal ditou 11 condenas a morte, 3 condenas a presidio perpetuo, 2 a vinte anos, unha a 15 e outra a 10 anos. O dono das fábricas Krupp foi declarado incapaz de soportar un xuízo. Hans Fritzsche, Franz von Papen e Hjalmar Schacht foron absoltos dos seus cargos.

Nome Cargo Condena
Martin Bormann Sucesor de Hess como secretario do Partido Nazi Morte -en ausencia-
Almirante Karl Dönitz Sucesor de Hitler e comandante da Armada Alemá 10 anos
Hans Frank Gobernador xeral de Polonia Morte
Wilhelm Frick Ministro do Interior, autorizou as Leis Raciais de Nuremberg Morte
Hans Fritzsche Axudante de Goebbels no Ministerio de Propaganda Absolto
Walter Funk Ministro de Economía Prisión perpetua
Xeneral Hermann Göring Comandante da Luftwaffe Morte
Rudolf Hess Axudante de Hitler Prisión perpetua
Xeneral Alfred Jodl Comandante do Exército do Leste Morte
S.S. Ernst Kaltenbrunner Comandante dos campos de exterminio e dos Einsatzgruppen Morte
Xeneral Wilhelm Keitel Comandante do Exército Alemán Morte
Gustav Krupp Industrial que se beneficiou do traballo escravo Sen condena
Robert Ley Xefe do Corpo Alemán do Traballo Sen condena
Konstantin von Neurath Protector de Bohemia e Moravia 15 anos
Franz von Papen Ministro e viceministro de Relacións Exteriores Absolto
Almirante Erich Raeder Comandante en xefe da Armada Alemá Prisión perpetua
Joachim von Ribbentrop Ministro de Relacións Exteriores Morte
Alfred Rosenberg Ideólogo do racismo e Protector dos Territorios Orientais Morte
Fritz Sauckel Director do programa de traballo escravo Morte
Hjalmar Schacht Ex director do Reichsbank Absolto
Baldur von Schirach Líder das Xuventudes Hitlerianas 20 anos
Arthur Seyss-Inquart Líder da anexión de Austria e xefe dos Países Baixos durante a ocupación militar Morte
Albert Speer Líder nazi e ministro de Armamento 20 anos
Julius Streicher Xefe do periódico antisemita Der Stürmer Morte

Cumprimento das penas

editar

Os condenados a morte foron executados o 17 de outubro de 1946, por vía de aforcamento. Hermann Göring suicidouse na véspera cunha cápsula de cianuro, e Robert Ley o 25 de outubro de 1945, antes do veredicto. Despois do seu aforcamento, os restos foron cremados e as cinzas desperdigadas no río Isar.

Martin Bormann foi xulgado e condenado en ausencia, pese a que con posterioridade se soubo que morreu durante a caída de Berlín, o 2 de maio de 1945.

Os condenados a cadea perpetua cumpriron a súa pena na Prisión de Spandau, ata a morte do último deles, Rudolf Hess en 1987. De todos os condenados a penas de cárcere, só catro as cumpriron a cabalidade, xa que Neurath (en 1954), Raeder (en 1955) e Funk (en 1957) foron liberados. Durante máis de 20 anos o único ocupante foi Hess, despois da liberación de Speer en 1966.

Efectos posteriores

editar

O conxunto de procedementos levados a cabo tanto en Núremberg como en Toquio, significaron o establecemento de regras básicas de persecución de criminais de guerra e a determinación de tales delitos.

Dentro destes efectos, serve destacar que o Tribunal fixou as bases do que sería chamado erroneamente os Principios de Núremberg, hoxe recollido en varios aspectos nos Tribunais Internacionais para a ex Iugoslavia e Ruanda.

O legado destes Tribunais Internacionais (Toquio e Núremberg) sen dúbida é a Corte Penal Internacional, establecida en Roma en 1998 e que conta como base fundamental das súas regras de procedemento os Estatutos dos Tribunais de Núremberg, Toquio, ex Iugoslavia e Ruanda.

Foi de vital importancia, tamén, ó redactarse:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar