Abrir o menú principal

Territorio de Memel

Mapa do territorio de Memel, a parte norte da Prusia Oriental e a Cidade Libre de Danzig, entre 1923 e 1939.

O territorio de Memel (Memelland en alemán) ou rexión de Klaipeda (Klaipėdos kraštas en lituano) foi un territorio definido, despois da Primeira Guerra Mundial, no Tratado de Versalles (1920), e que foi posto baixo a administración do Consello de embaixadores. Segundo as cláusulas deste tratado, o territorio de Memel, o Territorio da Conca do Sarre e a Cidade Libre de Danzig permanecerían baixo o control da Liga de Nacións até o eventual momento en que as comunidades destes territorios votasen pola súa reintegración a Alemaña ou non.

Síntese históricaEditar

O territorio orixinal, habitado por escalvianos e curonios, foi conquistado ao redor de 1252 polos cabaleiros teutónicos, que construíron Memelburg ("o castelo de Memel") e a cidade de Memel (hoxe Klaipeda).

En 1422, foi establecida unha fronteira entre Prusia e Lituania no Tratado de Melno, e esta fronteira existiu até 1918.

O territorio de Memel, daquela con predominio étnico alemán (outros grupos étnicos na rexión era: prusianos, lituanos e memelanders), situado entre o río e a poboación do mesmo nome, foi ocupado por Lituania durante a chamada «revolta de Klaipeda» de 1923.

Foi anexionado pola Alemaña nazi en marzo de 1939 e inmediatamente reintegrado na Prusia Oriental.

En 1946 foi anexionado pola Unión Soviética, sendo expulsada a súa poboación nativa alemá, e convertido en parte da RSS de Lituania en 1948.

Desde o colapso da Unión Soviética en 1991, o territorio forma parte da República de Lituania, integrado nas provincias de Klaipeda e Taurage.

A fronteira, que foi establecida no Tratado de Versalles ao longo do río, permanece na actualidade como a fronteira internacional entre Lituania e a óblast de Kaliningrado.

CronoloxíaEditar

Cronoloxía do territorio cos cambios de control
antes de 1252 Tribos dos escalvianos e curonios
1252-1525 Orde Livona e Estado Monástico dos Cabaleoros Teutónicos (tamén Estado Monástico de Prusia)
1525-1657 Ducado de Prusia, un feudo da Mancomunidade Polaco-lituana (en unión persoal con Prusia e o Electorado de Brandeburgo desde 1618)
1657-1701 Ducado de Prusia, un Estado soberano en unión persoal con Brandeburgo, un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico (chamado conxuntamente Brandeburgo-Prusia)
1701-1871 Reino de Prusia
1871-1918 Reino de Prusia, parte do Imperio alemán
1918-1920 Estado Libre de Prusia, parte da República de Weimar
1920-1923 Consello de Embaixadores (Liga de Nacións)
1923-1939 República de Lituania
1939-1945 Alemaña Nazi
1945-1948 RSSF de Rusia, parte da Unión Soviética
1948-1991 RSS de Lituania, parte da Unión Soviética
1991-presente República de Lituania

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bled, Jean-Paul (2007): Histoire de la Prusse. Paris: Fayard. ISBN 978-2-213-62678-9.
  • Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. London: Longman. ISBN 0-582-48190-2.
  • MacDonogh, Giles (1994): Prussia. London: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.
  • Zayas, Alfred-Maurice de (1994): A Terrible Revenge: The Ethnic Cleansing of the East European Germans, 1944-1950. St. Martin's Press. ISBN 0-312-12159-8.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar