Lituania

país da Europa do norte

Lituania (Gl-Lituania.ogg pronunciación ) (en lituanoLietuva[ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania (Gl-República de Lituania.ogg pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos.[1] Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Modelo:Xeografía políticaLituania
Lietuva (lt) Editar o valor em Wikidata

HimnoTautiška giesmė Editar o valor em Wikidata

Lema«Vienybė težydi» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°12′N 24°00′L / 55.2, 24Coordenadas: 55°12′N 24°00′L / 55.2, 24
CapitalVilnius (1939–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.860.002 (2023) Editar o valor em Wikidata (43,8 hab./km²)
Lingua oficiallingua lituana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie65.300 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Báltico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoAukštojas Hill (en) Traducir (293,84 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoNemunas Delta (en) Traducir (−5 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 11 de marzo de 1990Estado soberano causado por Declaração de Restabelecimento do Estado da Lituânia Editar o valor em Wikidata
Santo padrónSão Casimiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataGitanas Nausėda (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Lithuania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Lituânia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataIngrida Šimonytė (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoSeimas , (Escano: 141) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal66.414.994.992 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.lt Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+370 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 02 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísLT Editar o valor em Wikidata
Código NUTSLT Editar o valor em Wikidata

Sitio weblietuva.lt Editar o valor em Wikidata

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existiu durante máis de dous séculos, ata que os seus países veciños se repartiron os seus territorios entre 1772 e 1795, quedando o Imperio Ruso coa maior parte das terras que hoxe forman Lituania. Co estoupido da primeira guerra mundial Lituania asinou a súa acta de independencia o 16 de febreiro de 1918 volvendo a ser unha nación independente. A comezos da década de 1940, Lituania foi ocupada primeiro pola Unión Soviética e logo pola Alemaña Nazi. No final da segunda guerra mundial, coa retirada dos alemáns en 1944 os soviéticos volveron ocupar o país. O 11 de marzo de 1990, Lituania converteuse na primeira das repúblicas bálticas en declarar de novo a súa independencia.

Actualmente Lituania presenta un dos maiores crecementos da Unión Europea, sendo alcumada o Tigre báltico, emulando o Tigre céltico irlandés. Lituania converteuse nun membro do acordo Schengen o 21 de decembro de 2007.[2] No ano 2009, Lituania vai celebrar os mil anos da existencia do seu nome.

Historia editar

Mencionada por primeira vez o 14 de febreiro de 1009, Lituania creceu ata tornarse nunha nación relevante na Idade Media. Considérase que a data de constitución do estado é a da coroación oficial do rei Mindaugas, a 6 de xullo de 1253 en Voruta/Vilnius, que uniu os duques lituanos rivais nunha nación e estado. Lituania transformouse nun reino independente e multiétnico que na súa máxima extensión, no século XV, ocupou a maior parte da Europa do leste dende o mar Báltico ata o mar Negro. En 1385 uniuse á Polonia en unión persoal cando o rei lituano Xogaila foi coroado rei da Polonia. En 1569, Polonia e a Lituania formaran a Comunidade Polaco-Lituana. Esta unión mantense ata as particións da Polonia no 1795, cando a propia Lituania foi anexada pola Rusia Imperial.

 
Mapa dos diferentes territorios que abranguiu Lituania dende o s. XIII ata os nosos días

Lituania restableceu a súa independencia o 16 de febreiro de 1918. De seguido, envolveuse e disputas territoriais coa Polonia (acerca da capital, Vilnius, e da Lituania Oriental entón ocupadas polos polacos) e coa Alemaña (acerca de Klaipėda). Foi anexada pola Unión Soviética en 1940 durante a segunda guerra mundial grazas a un pacto segredo xermano-soviético asinado polos ministros de asuntos exteriores dos dous países, Ribbentropf e Molotov, formándose a República Socialista Soviética de Lituania.

O período comunista rematou despois da chegada da glasnost e a Lituania, liderada polo movemento pola independencia Sajūdis, anticomunista e antisoviético, proclamou a independencia a 11 de marzo de 1990. Foi a primeira república soviética en facelo, malia as forzas soviéticas intentaren sen éxito suprimir a revolta independentista ata agosto de 1991, o que iría levar ao desmembramento da propia Unión Soviética. As derradeiras tropas rusas saíran do país o 31 de agosto de 1993 - antes mesmo que da Alemaña Oriental.

O 4 de febreiro de 1991, Islandia tornouse o primeiro país en recoñecer a independencia da Lituania e Suecia foi o primeiro país en abrir unha embaixada no país. Os Estados Unidos e varios outros países occidentais nunca recoñeceran as reivindicacións da URSS sobre a Lituania.

Lituania foi admitida nas Nacións Unidas o 17 de setembro de 1991. O 31 de maio de 2001, o país tornouse o 141º membro da Organización Mundial do Comercio. Dende 1988, Lituania procura estreitar os lazos co occidente e o 4 de xaneiro de 1994 tornouse o primeiro estado báltico a pedir a entrada na OTAN, sendo convidada a iniciar as negociacións o 21 de novembro de 2002 e tornándose membro de pleno dereito o 29 de marzo de 2004. O 1 de febreiro de 1998, o país tornouse Membro Asociado da Unión Europea, a 16 de abril de 2003 asinou o Tratado de Adhesión á UE, o 11 de maio de 2003 o 91% dos electores aprobaran en referendo a adhesión á Unión e o 1 de maio de 2004 tornouse membro da UE, regresando ao vello obxectivo proclamado en 1254 polo rei Mindaugas de se tornar parte do occidente e da Europa.

Política editar

 
O presidente de Lituania Valdas Adamkus (dereita) co vicepresidente dos EEUU Dick Cheney en Vilnius en maio de 2006.
Artigo principal: Política de Lituania.

Dende a declaración de independencia de Lituania o 11 de marzo de 1990, o país mantén unha estable democracia. Nas primeiras eleccións democráticas acontecidas o 25 de outubro de 1992, o 56,75% apoiou a nova constitución do país.[3] Houbo intensos debates vecellados á constitución, especialmente no referente ao papel do presidente. Tomando como exemplo a primeira experiencia independente do país, fixéronse diferentes propostas que ían dende un goberno parlamentario ata un sistema presidencialista semellante ao dos Estados Unidos. O 23 de maio de 1992 tivo lugar un referendo co fin de estimar a opinión pública, no referendo un 41% dos votos deu o seu apoio á restauración do presidente de Lituania.[3] Eventualmente pensouse nun sistema semipresidencialista.[4]

O xefe de estado lituano é o presidente, elixido directamente por un período de 5 anos e servindo como máximo durante dúas lexislaturas. O posto de presidente é principalmente cerimonial; as súas principais funcións políticas inclúen as políticas de asuntos exteriores e seguridade nacional. Tamén actúa como comandante en Xefe militar. O presidente, coa aprobación do corpo parlamentario, o Seimas, elixe o primeiro ministro e designa o resto do gabinete, xunto algúns altos funcionarios e xuíces das diferentes cortes. Os xuíces da Corte constitucional (Konstitucinis Teismas), serven por un período de nove anos, estes son designados polo Presidente (tres xuíces), o presidente do Seimas (tres xuíces) e o presidente da Corte suprema (tres xuíces). O parlamento unicameral lituano, o Seimas, ten 141 membros que son elixidos por períodos de catro anos.

Xeografía editar

 
Mapa de Lituania
 
Parque nacional de Kursiu Nerija
 
Mapa do percorrido do río Nemunas
 
Parque nacional de Aukštaitija, preto de Ingalina

Lituania é a maior das repúblicas Bálticas, tanto en poboación como en superficie. O país comparte 1.273 km de fronteira cos seus veciños: 502 km con Belarús, 453 con Letonia, 91 km con Polonia, e 227 con Rusia (Oblast de Kaliningrado).[5]

Lituania posúe cunha pequena costa areosa de aproximadamente 99 quilómetros;[5] destes tan só 40 quilómetros están abertos ao Mar Báltico.

O maior porto de augas quentes do país é o de Klaipeda, localizado na desembocadura do golfo de Kursiu (unha lagoa rasa que se estende ao sur de Kaliningrado e que se atopa separada do Mar Báltico por un enorme banco de area de 100 km). A reserva natural do golfo de Kursiu – o Parque nacional Kursiu Nerija – está catalogada como Patrimonio Común da Humanidade pola UNESCO.[6]

O río Nemunas e algúns dos seus afluentes empréganse para a navegación fluvial.

Situada entre as latitudes 53,53 e 56,27 N e lonxitudes 20,56 e 26,50 L, Lituania é glacialmente chá – agás polas outeiros de morainas en planaltos do oeste e nas montañas do leste, non superiores, entre tanto, a 300 metros. O terreo está marcado por numerosos lagos pequenos e pantanos, e tamén por zonas de foresta que cobren preto do 32% do país.[7]

A estación de cultivo dura preto de 169 días no leste e 202 días no oeste; a maioría das facendas atópanse sobre solos areosos e arxilosos. Pedra calcaria, arxila, area e cascallo son algúns dos recursos primarios naturais da Lituania.

A plataforma continental posúe reservas estimadas en 1,6 millóns de metros cúbicos de petróleo (o equivalente a 10 millóns de barrís), e no sur existen reservas de minas de ferro e granito que poden ofrecer bastantes dividendos.

Segundo algúns xeógrafos, a capital da Lituania, Vilnius, atópase no centro xeográfico da Europa.[8]

Economía editar

Artigo principal: Economía de Lituania.

Lituania é un país cun reducido risco político e económico, e cunha taxa de crecemento que se sitúa entre as máis altas de Europa. Na actualidade o país báltico ten un alto nivel de vida con respecto aos seus veciños do leste, conta con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna, achegándose cada día máis ao nivel de vida dos países nórdicos. Os factores determinantes deste excepcional crecemento son atribuíbles non só á estabilidade no plano macroeconómico, senón á flexibilidade do traballo, a forza do seu comercio internacional, a política de incentivos para as innovacións e a súa estratéxica posición xeopolítica, que converte a Lituania nun punto imprescindible nas relacións entre Rusia e os membros da Unión Europea.

Lituania é un dos países que ingresou no ano 2004 á Unión Europea avalado por unha excelente conxuntura económica, sendo dende entón un dos países cun maior crecemento da Unión Europea, crecemento que lle valeu o alcume do Tigre báltico.[9] En 2003 rexistrou o crecemento máis alto de toda a súa historia cun incremento no PIB do 10,3 %.[10] En 2007 debido á recesión económica mundial, a economía de Lituania baixou o seu crecemento a un 8,7 %, o cal segue estando moi por riba da media europea e manteno como o país con maior crecemento da UE.[11] Lituania á parte de ser membro da UE, é membro da Organización Mundial do Comercio e da OTAN. Segundo a clasificación da ONU, Lituania é un país con ingresos altos e cun Índice de Desenvolvemento Humano alto. A economía Lituana baséase fundamentalmente nas actividades agropecuarias e a explotación forestal (explotación forestal sostible como no Canadá), aínda que o turismo internacional está medrando rapidamente e estase convertendo en parte importante do desenvolvemento económico.

Tralo seu ingreso na Unión Europea o país báltico tamén aumentou a súa industrialización. Un dos fortes de Lituania en materia de alta tecnoloxía, son a biotecnoloxía e o desenvolvemento das tecnoloxías láser. Cabe citar que Lituania é xunto a Francia, o país da UE que máis depende da enerxía nuclear (69% e 79% respectivamente),[12] polo que Lituania prevé pechar a súa actual planta nuclear (modelo soviético semellante ao de Chernobyl) e construír unha planta nuclear de alta tecnoloxía que abasteza todo o país báltico, e co seu superávit permita exportar enerxía aos seus países veciños, Estonia, Letonia, Polonia, Suecia e Finlandia.

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
  Reino Unido 14,7 %   Rusia 27,9 %
  Letonia 12,6 %   Alemaña 15,1 %
  Alemaña 12,6 %   Polonia 8,3 %
  Rusia 10.4 %   Italia 4,2 %
  Polonia 5,5 %   Francia 3,8 %
Outros 44,2 % Outros 40,7 %
 
Lituania é un país tradicionalmente agrícola. Esta industria ocupa ao 19% da poboación

A agricultura é o sector tradicional e máis variado da economía de Lituania. Ocupa a un 19 % da poboación activa.[13] A agricultura constitúe un 7 % do Produto Interior Bruto e produce un 12 % dos ingresos por exportación.

A cría de gando e a produción láctea son as actividades agrarias dominantes. Os cultivos principais son os cereais, as patacas, a remolacha azucreira, a soia e o liño[14]. Os recursos minerais son limitados; destacan o xeso e a arxila. Unha mención especial merecen os servizos, o transporte e o turismo, que achegan unha alta porcentaxe do PIB. O turismo constitúe unha das alternativas de negocio que máis se está desenvolvendo

O Banco Central Europeo prevé que en menos de 20 anos Lituania será un país altamente desenvolvido como Suecia, e estará á par cos seus veciños da Europa do norte, superando incluso algúns países da antiga Unión Europea 15 como España e Portugal. Debido ao crecemento acelerado da economía lituana, moi por riba da media europea, a mediados de 2004, adheriuse ao Sistema Monetario Europeo II, o que lle asegura estabilidade cambiaria e ao Euro o 1 de xaneiro de 2015.[15]

Cabe mencionar que á parte do seu alto incremento no PIB, Lituania ten outros factores que favorecen o seu crecemento. Algúns destes son: o turismo, o crecemento acelerado da industria, o alto investimento estranxeiro, a privatización de empresas estatais, a súa baixa débeda pública (case nula), un déficit baixo e unha sociedade moderna que deixou atrás a época comunista; o que en conxunto fai que o país teña un crecemento económico alto, sostible e cun índice de desenvolvemento humano elevado.

Co seu acceso á OTAN, OMC, Banco Mundial e Unión Europea Lituania rematou de consolidarse como un país libre e democrático, e no que os servizos e institucións públicas son eficientes, aínda que aínda ten un camiño por percorrer a mediano prazo para porse á vez cos países máis desenvolvidos da Unión Europea. En 2007 o seu PIB (nominal) per capita foi de US$ 16.472 o que o converte xa nun país desenvolvido, aínda que aínda se atopa na cola da Unión Europea dos 27, ocupando o posto 16º en maior renda per cápita.

Divisións administrativas editar

 
Mapa dos condados de Lituania.

O territorio Lituano fórmase de 10 condados (apskritys), cada un chamado co nome da principal cidade. Os condados están subdivididos en 56 municipios. Esta división administrativa foi creada en 1994.

Demografía editar

Segundo os datos do derradeiro censo de (1996), a división étnica da República de Lituania divídense do seguinte xeito:

Composición étnica de Lituania
lituanos
  
81.6%
rusos
  
8.2%
polacos
  
7%
belarusos
  
1.5%
outros
  
1.7%
 
Distribución dos polacos na Lituania
  • 3 016 000 (81,6 %) lituanos, etnia de fala indoeuropea (linguas bálticas e relixión maioritariamente católica romana con minorías protestantes e ateas.
  • 304.000 (8,2 %) rusos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa, moitos deles emigraron durante o réxime soviético. Viven principalmente nas grandes cidades, como Kaunas e Vilnius, moitos volveron a Rusia (9,3 % en 1990).
  • 259.500 (7,0 %) polacos, etnia de fala eslava (dialecto tutejszy) e relixión católica romana. Viven principalmente na área metropolitana de Vilnius (73,6 % na área metropolitana e 20 % na cidade), Solcininkai (o 80 %), Trakai (o 33,8 %) e Švenčionys (o 28,8 %).
  • 55.600 (1,5 %) belarusos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa, viven maioritariamente na área de Vilnius.
  • 37.000 (1,0 %) ucraínos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa.
  • 11.000 (0.3 %) xudeus, etnia de relixión xudía e fala yiddish, rusa ou lituana, viven maioritariamente en Vilnius e Kaunas.
  • 5.135 (0,13 %) tártaros de Lipka, dos cales o 32 % falan o seu dialecto turco, e relixión musulmá. Viven en Vilnius e en Trakai, a maioría falan lituano.
  • 4.200 (0,12 %) letóns, etnia de fala báltica indoeuropea e relixión maioritariamente protestante.
  • 3.500 (0,1 % ) alemáns, etnia indoeuropea de relixión protestante e católica, viven principalmente en Klaipeda, antiga Memel.
  • 300 (0,01 %) caraítes, etnia de relixión xudía sectaria , algúns falan un dialecto do turco, o karaim. Viven en Trakai, ó leste de Vilnius.

Segundo o censo de 2001, sobre o 84% da poboación fala lituano como lingua materna, un 8.2% fala ruso, un 5.8% fala polaco. Máis do 60% da poboación sabe falar ruso, e só un 16% di saber inglés. De acordo co eurobarómetro de 2005, o 80% dos lituanos pode falar ruso e un 32% sabe falar inglés. A maioría da escolas lituanas ensinan o inglés como primeira lingua internacional, pero os estudantes tamén poden estudar alemán, francés e/ou ruso. Nas zonas habitadas por rusos e polacos hai escolas en ruso e polaco respectivamente. Tamén hai algunhas escolas en belaruso.

Notas editar

  1. United Nations Geographical region and composition
  2. "Lietuva įsiliejo į Šengeno erdvę" (Nota de prensa) (en lituano). Vidaus reikalų ministerija. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2008. Consultado o 2007-12-22. 
  3. 3,0 3,1 Nuo 1991 m. iki šiol paskelbtų referendumų rezultatai (Resultados dos Referendos 1991-presente) Arquivado 09 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Microsoft Word Document, Seimas. Accedido 4 de xuño, 2006.
  4. Lina Kulikauskienė, Lietuvos Respublikos Konstitucija (Constitution of Lithuania), Native History, CD, 2002. ISBN 9986-9216-7-8
  5. 5,0 5,1 Lithuanian´s Geography
  6. "The Kursiu Nerija National Park was included into UNESCO World Heritage List as valuable cultural landscape.". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2008. 
  7. Physical geography of Lithuania
  8. "LITHUANIA – the geographical centre of Europe!". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2006. Consultado o 09 de setembro de 2008. 
  9. Lithuania, the Baltic´s Tiger
  10. Economy, mortgage market of Lithuania
  11. "BusinesswithSpain". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2014. 
  12. "Enerxía nuclear e carbón: ¿opciones viables?". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008. 
  13. "A agricultura en Lituania". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008. 
  14. "Boletín sobre novos mercados". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008. 
  15. "¿Euro para todos?". Deutsche Welle 23.11.2006 (en español). 2006. Consultado o 23/11/2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar