Sociedade de Nacións

Organización internacional de comezos do século XX predecesora da Organización das Nacións Unidas
(Redirección desde «Liga de Nacións»)

A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.

Sociedade de Nacións


Nome curtoLN, SDN, SdN, VB, SDN, 國聯, 国联, 國聯, Kok-liân, SDN, SDN, ΚτΕ, ОН e SDN Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización intergobernamental e organización internacional Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticainternacionalismo Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixenteSecretary-General of the League of Nations (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente/aSeán Lester (31 de agosto de 1940-18 de abril de 1946)
Joseph Avenol (pt) Traducir (3 de xullo de 1933-31 de agosto de 1940)
Eric Drummond, 7th Earl of Perth (pt) Traducir (agosto de 1920-3 de xullo de 1933) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aSeán Lester (1940-)
Joseph Avenol (pt) Traducir (1933-1940)
Eric Drummond, 7th Earl of Perth (pt) Traducir (-1933) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaactivities of other membership organisations n.e.c. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Entidades
Data
Fundación1919 Editar o valor en Wikidata
Disolución18 de abril de 1946 e 20 de abril de 1946 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
ONU Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Sedepalais Wilson e Palácio das Nações (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Wikidata ]

Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).[1][2] O pacto foi promovido por Wilson e Léon Bourgeois, da delegación francesa, que recibiron por isto o premio Nobel en 1920, ademais doutros 16 representantes de 13 delegacións internacionais.[1]

Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras[Cómpre referencia].

Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi quen de deter as arelas militaristas de Italia, o Xapón e Alemaña. Durante a segunda guerra mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Antecedentes históricos". www.ungeneva.org (en castelán). Consultado o 2024-12-14. 
  2. "Los tratados de paz". web.archive.org. 2017-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2017. Consultado o 2024-12-14. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.