Ducado de Prusia
O Ducado de Prusia foi un Estado fundado en 1525 na parte oriental da rexión histórica de Prusia, cando o gran Mestre da Orde, Albert de Hohenzollern se converteu ao protestantismo, secularizou a Orde e se transformou no primeiro Duque de Prusia, vasalo de Polonia.
Herzogtum Preußen Ducado de Prusia | |||||
| |||||
| |||||
Capital | Königsberg | ||||
Lingua | alemán, polaco, prusiano | ||||
Goberno | Monarquía | ||||
Período histórico | Idade Moderna | ||||
• Creación do ducado | 1525 | ||||
• Unión coa marca de Brandeburgo | 27 de agosto de 1618 | ||||
• Independencia | 21 de febreiro de 1618 |
O ducado persistitu até que, despois de 1618, a liña sucesoria dos duques se extinguira, pasando a propiedade dos seus estados aos seus parentes os Hohenzollern de Brandeburgo, que uniron ambos os Estados (o Ducado e a Marca de Brandeburgo, cuxa unión formou en 1701 o Reino de Prusia, desvinculado xa de calquera relación feudal con Polonia.
HistoriaEditar
Fundación do ducadoEditar
A fundación do ducado de Prusia foi o resultado dunha negociación emprendida, co asesoramento de Martiño Lutero, por Albert de Brandenburgo-Ansbach, trixésimo sétimo Gran Mestre da Orde Teutónica, para salvar as posesións do Estado Teutónico que el dirixía. Albert entón negociou con Sexismundo I de Polonia, que era, ademais, o seu tío, un acordo que lle permitiu converterse á relixión luterá e secularizar Estado dos cabaleiros teutónicos.
Sexismundo I de Polonia, rei de Polonia-Lituania, deu en feudo o Ducado de Prusia a Albert de Brandeburgo-Ansbach en 1525.
En contrapartida, o territorio que quedou nas mans da Orde, en virtude do tratado de Toruń de 1466, transformáronse no ducado hereditario de Prusia, vasalo do Reino de Polonia.
O 5 de abril de 1525 asinouse o tratado de Cracovia entre o Ducado e o Reino de Polonia. A capital do ducado foi situada en Königsberg. Este tratado significou a secularización máis significativa dun estado monástico naquela época.
Este acordo dei lugar á ruptura coa Orde de Livonia, que era unha Orde independente dentro da teutónica e a perda dos territorios do norte (actuais Estonia e Letonia).
Ademais, Albert de Brandenburgo foi convocado perante a xustiza polo Tribunal Imperial, pero non se presentou. En consecuencia, foi expulsado do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Pero os príncipes alemáns, moi preocupados polo tumulto da Reforma, a rebelión dos campesiños (Bauernkrieg) e as guerras contra o Imperio otomán, non aplicaron a proscrición e o anoxo contra el decaeu en pouco tempo.
Un ducado de existencia fráxil e curtaEditar
Os primeiros anos do reinado de Albert de Brandenburgo foron prósperos. Aínda que tivo algúns problemas co campesiñado, as terras e os tesouros da Igrexa permitíronlle afrontar os gastos da súa corte.
Promocionou o estudo mediante a creación de escolas en cada vila do ducado, liberou aos servos da servidume e fixo imprimir en alemán o catecismo protestante. En 1544, pese a unha oposición, fundou a Universidade Albertina de Königsberg.
Pero os conflitos relixiosos es políticos internos minmaron a saúde de Albert de Brandeburgo, que foi obrigado a renunciar ao poder. O seu fillo Albert Friedrich, sendo aínda menor de idade, tivo que elixir un rexente.
Albert morreu a causa da peste en Tapiau o 20 de marzo de 1568.
Unión con BrandeburgoEditar
Polo tanto, Albert foi sucedido por Albert Friedrich. Este, que recibira unha boa educación, estaba sufrindo unha profunda alienación mental (loucura), e morreu o 27 de xuño de 1618, sen herdeiro varón.
Á morte do duque Albert Friedrich de Prusia, o ducado pasou ao seu xenro Xoán Sexismundo III de Brandenburgo, esposo de Ana de Prusia. Así, a marca de Brandeburgo e o ducado de Prusia formaron unha unión persoal dinástica coñecida como Brandeburgo-Prusia.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Bled, Jean-Paul (2007): Histoire de la Prusse. París; Fayard. ISBN 978-2-213-62678-9.
- Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. Londres: Longman. ISBN 0-582-48190-2.
- MacDonogh, Giles (1994): Prussia. Londres: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.
- Zayas, Alfred-Maurice de (1994): A Terrible Revenge: The Ethnic Cleansing of the East European Germans, 1944-1950. Nova York: St. Martin's Press. ISBN 0-312-12159-8.
Outros artigosEditar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |