Wilhelm Keitel
mariscal do exército alemán durante a segunda guerra mundial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Wilhelm Bodewin Johann Gustav Keitel, nado o 22 de setembro de 1882 en Helmscherode e finado o 16 de outubro de 1946 en Núremberg, foi un mariscal do exército alemán durante a segunda guerra mundial. Foi capitán de estado maior durante a primeira guerra mundial e máis tarde xefe do departamento de administración do Ministerio da Guerra en 1935. Nomeado en 1938 Comandante en Xefe das Forzas Armadas, asinou a capitulación perante o exército soviético en 1945 en presenza de Gueorgui Zhukov. Xulgado en Núremberg, foi condenado por crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo finalmente aforcado.