O Dornier Do 17 foi un bombardeiro medio alemán usado durante a segunda guerra mundial. Era o bombardeiro medio alemán máis difundido cando comezou a guerra, e a Luftwaffe usouno a grande escala nas batallas de Francia e de Inglaterra. A finais de 1940 o seu deseño empezaba a quedar desfasado polo que foi dado de baixa como bombardeiro e comezou a realizar outro tipo de funcións.

Dornier Do 17
Do 17Z da Forza Aérea de Finlandia
Tipobombardeiro lixeiro, caza nocturno
FabricanteDornier Flugzeugwerke
Primeiro voo23 de novembro de 1934
Introducido1937
Retirado1952 (Finlandia)
Principais usuariosLuftwaffe
Real Forza Aérea de Iugoslavia
Forza Aérea de Finlandia
Exército do Aire de España
Unidades construídas2 139
VariantesDornier Do 215

Tratábase dun bombardeiro bimotor de á alta, con catro tripulantes concentrados na proa. A súa versión normalizada foi a Do 17Z-2.

Especificacións editar

  • Tipo: Bombardeiro medio bimotor Dornier Do 17Z-2
  • Planta motriz: dous motores radiais Bramo 326P
  • Envergadura: 18,0 m
  • Lonxitude: 15,79 m
  • Altura: 4,55 m
  • Superficie alar: 55,0 m²
  • Peso na engalaxe: 8.590 Kg
  • Velocidade máxima: 345 Km/h
  • Teito: 8.200 m
  • Alcance: 1.160 Km
  • Armamento: oito metralladoras de 7,92 mm e ata 1.000 Kg de bombas