O Junkers Ju 87 ou Stuka (de Sturzkampfflugzeug, bombardeiro en picado en alemán) foi un bombardeiro en picado da Luftwaffe durante a Segunda Guerra Mundial. É famoso por ser un dos protagonistas da Blitzkrieg de Hitler. Fixo a súa aparición en cambate na guerra civil española e participou en todas as frontes durante a segunda guerra mundial. O Ju 87 era moi preciso en ataques contra barcos, aeroportos e fábricas, pero vulnerable aos ataques de cazas.

Junkers Ju 87
Stuka en Rusia en xaneiro de 1943
Tipobombardeiro en picado
FabricanteJunkers
Primeiro voo17 de setembro de 1935
Introducido1936
Retirado1945
Principais usuariosLuftwaffe
Forza Aérea de Bulgaria
Regia Aeronautica
Real Forza Aérea de Romanía
Unidades construídas6 000

O avión é doadamente recoñecible polas súas ás de gaivota invertidas e o seu tren de aterraxe fixo. Sobre os bordos de ataque do carenado do tren de aterraxe principal levaba montadas sirenas coñecidas como as trompetas de Xericó, convertidas nun símbolo da propaganda do poder aéreo alemán e das vitorias da chamada Blitzkrieg de 1939-1942, además de proporcionar aos seus pilotos información audible sobre a velocidade. O deseño do Stuka incluía varias innovacións, incluídos freos de picado automáticos baixo as dúas ás para asegurar que o avión se recuperase do seu picado incluso cando o piloto perdía o coñecemento debido ás altas forzas g.

Durante a guerra civil española os alemáns enviaron en novembro de 1936 un exemplar de preprodución Ju 87A-0 para avalialo, e a finais de 1937 chegaron 5 Ju 87A-1 que empregaría a Lexión Cóndor. A Lexión Cóndor mantivo en segredo as actividades deste avión, e só se sabe que en febreiro de 1937 o Ju 87A-0 de preprodución estivo en Vitoria durante os preparativos da ofensiva de Bilbao.

Estes serían substituídos en outubro de 1938 por outros 5 Ju 87B-1, cun motor máis potente, mellor armamento ofensivo e estrutura revisada.